quinta-feira, maio 08, 2008

E outra vaca mais no millo

O ollo de Belém.
Eu estaba convencida de que ese home, o tan controvertido Pedro Valades xa fora expulsado do BNG. Pero asemella que non. Cal é o problema? O expulsan ou non o expulsan. Por que tanta indecisión? Será que non teñen claro a xustificación moral, lexitima e legal para a súa expulsión? É que están estudiando o xeito de xustificar o inxustificable? Acaso é so para aproveitar un período longo antes de eleccións? Si é así, é por que teñen mala conciencia e saben perfectamente que o seu electorado, que son os que deciden ao fin e o cabo si queren que o BNG os represente, non entendería (nin entende) como se pode expulsar a unha persoa por pertencer a unha asociación legal, lexitima e que postula uns idearios en ningún momento contrarios ao ideario do BNG.

O asunto non ten nin pes ni cabeza. Existe unha “cultura non escrita” nos sectores dominantes do BNG de antisemitismo e é esa “cultura” a que se quere impoñer a todo o BNG, aos seus simpatizantes e aos seus votantes, mas que o esquezan pero xa. As e os votantes do BNG, na súa maioría, empezan a ver de esguello e con desconfianza todo o que no BNG acontece. E a moitas e moitos non nos gusta nada.

Penso que todo isto tería que reflectirse nun fondo debate no interior do BNG, un debate serio e sen consignas, un debate sen prexuízos, un debate sobre a liberdade e democracia.

Que eu o vexa!
Por: Belém Gonçalves Álvarez
oollodebelem@yahoo.com.br

Sem comentários: