sexta-feira, maio 09, 2008

Palestina vencerá!!

Por: Fernando R. Dacosta.
Palestina vencerá. Este é unha boa consigna. Hai moitas mais consignas; Otan non, bases fora; ENCE fora da ría; Viva España; Galiza ceibe, poder popular; e un feixe xigantesco mais delas. Mais, que teñen detrás esas consignas ou que pensa quen as berra? Normalmente as consignas non se pensan, non se consideren o seu significado e moito menos se cuestionan polo que as berra. É así e punto. Xa está, non lle deas mais voltas.

Que temos trala consigna “Palestina vencerá”? Que é Palestina? Quen representa a Palestina? Que tipo de vitoria é a que esperamos obter? Si Palestina vence, quen perde? Por que non da vencido Palestina? E as palestinas e palestinos? Merecen eles tamén vencer algunha vez? Cal é a vitoria que eles anelan?

Non sei, de verdade que non, pero as respostas a todas esas preguntas ou incluso a cada unha delas, poderían ter mais folios que o “Caso Nécora”. A min, persoalmente gústame moito mais a consigna “Paz, liberdade e xustiza para as palestinas e palestinos”. Creo que desta última consigna non sae ninguén ferido.

Os que berran “Palestina vencera” subscribirían esta consigna miña? Penso que se son persoas razoables subscribiríana. Pois ben, o menosprezado Pedro Valades, tamén a subscribe.

É curioso como de golpe estamos todos baixo a mesma bandeira. Mais aínda, incluso independentemente de todo o anteriormente dito, xa estabamos todos baixo a mesma bandeira, a bandeira da Patria Galega.

Unha fronte de concentración nacional coma o BNG, non pode permitirse o luxo de prescindir de peóns nas súas filas, e menos aínda por cuestións de política exterior, cando na política interior esta por facer. Pero peor que prescindir dun peón e botalo con alalás e balbordo, pois no brusco movemento de man sobre o taboleiro de xadrez podes tirar o rei sen querer e perdela partida. Outra é que xa deas a partida por perdida antes de comezar e confórmeste con que te deixen xogar, entón si que podes facelo coa rudeza das mans dun gorila.

3 comentários:

Félix Soria disse...

Noraboa, facía falla un razonamento anti-nada á hora de falar de Palestina dende Galicia e en galego.

Xoán Salgado disse...

Súmome aos parabéns. Israel e Palestica TEÑAN que vencer!!

Julicheiro disse...

Destes no clavo, Fernando. Súmome ao parabéns!