quinta-feira, maio 01, 2008

Un Dragón no corazón do BNG

Cesar Pazos Carreiro (Membro do Consello Local do BNG de Vigo)
Quero erguer hoxe a miña voz en defensa da Democracia. Quero erguer hoxe a miña voz, como moitas outras veces fixen en defensa de Galiza, para denunciar desta vez, a grave perda de democracia interna dentro do BNG. Democracia non é só votar. Democracia é o libre pensamento, participar, ter dereito a organizarse e como consecuencia delo poder votar. Sin represións por manifestar o que pensas.
Na Democracia non hai preguntas e respostas prohibidas, non hai temas demasiado sensibles ou delicados para ser explorados, non hai verdades sagradas. Pedro Valadés, eu e outros 50 militantes máis do BNG pensamos que, no tema de Oriente Próximo, Israel leva a razón. Nós cremos que o pobo Israel ten dereito a existir en Paz.Vivimos en sombras dentro do BNG. Quero espantar esas sombras prendendo unha vela, para que todas e todos os cidadáns galegos poidamos presenciar como se expulsa a un patriota galego por exercer o dereito a pensar e opinar con iniciativa propia. Pedro Valadés é repudiado por algúns dirixentes do Bloque por pensar distinto e por crear a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI).
Como patriota galego, sinto que Israel é un exemplo a seguir, pero no BNG moitos pensan que o paradigma é Irán. O sionismo, o nacionalismo israelí, cando deixou Auschwitz foi quen de recuperar a súa patria, a súa fala, a súa historia, xuntar os seus fillos e, o máis importante, foi quen de conquerir a Democracia. Porque Israel é un pobo democrático.
Namentras, nós temos un monstruo dentro do BNG. Un Dragón no corazón dalgúns dirixentes con pingallas antisemitas. ¿Que son senon, os aplausos histéricos asemblearios a favor do bombardeo nuclear do pobo de Israel, producidos dentro dunha organización pacifista como o BNG? ¿Que é se non, negarse a condenar o Holocausto no Parlamento galego con malas excusas? O Holocausto condénase e punto. ¿Por que se advirte dende a dirimencia: "coidado co que se fala que sae nos medios"? . Coidado ¿de que? ¿De que razóns non se poden enterar os cidadáns galegos?.
Sinto vergonza. Levo militando no Bloque 31 anos, como consecuencia directa de ser galego eu son nacionalista. Son home de esquerdas. Pero costame respirar cando alguén aplaude un bombardeo nuclear, ou négase a condear o Holocausto, ou se expulsa a alguén por ser amigo dos xudeos.
Loitarei para ter un BNG democrático. Loitarei contra ese dragón que algúns do BNG levan dentro do peito.
Shalom.

Sem comentários: