quinta-feira, julho 17, 2008

Patrimonio cultural de Vigo


Queremos invitarvos a coñecer o lugar no que o amigo de Galiza Sosego (GzS), Xosé Couñago, está introducindo a recollida que vai facendo do patrimonio cultural de Vigo:

Podedes premer nos enlaces que atopades en cada artigo para acceder a distintas informacións:

-situación (vista aérea dende google maps)

-fotos (ampliación de cada foto do artigo)

-galería fotográfica (relación máis completa e detalladas de fotos de cada elemento patrimonial)

-navegador GPS (para baixar o lugar onde se atopa ao voso navegador e poderdes visitalo sen dar voltas nin perdervos).

-rutas (para baixar tamén ao GPS ou visitar dende a web, podendo voar sobre ela con Google Earth: por agora están a Ruta das mámoas de Candeán, Ruta do románico de Vigo, Ruta dos castros de Vigo -25 castros- e a Ruta dos petos de ánimas de Vigo).

-máis información (enlaces a outras páxinas onde ampliar a información)É realmente un expendido traballo, no que o noso amigo Xosé Couñago invítanos a participar nel.

“É un proxecto aberto no que pode participar quen quixer.” (Xosé Couñago).

Sempre é un pracer atoparse con estes traballos tan excepcionais na rede.

1 comentário:

Xosé Couñago disse...

Estimados amigos, o novo enderezo da web Patrimonio Cultural de Vigo é o seguinte:
http://xosecounhago.com