sexta-feira, agosto 08, 2008

9 de Agosto, Mobilización Anti-taurina en Pontevedra

A Plataforma Pontevedra Antitaurina convoca unha mobilización o sábado 9 de Agosto co obxectivo de erradicar da nosa cidade as touradas, durante as cais 24 touros van ser torturados, mutilados e desangrados coa complicidade das institucións públicas. Podes ler mais abaixo as razóns que nos levan a opornos enérxicamente a este atavismo de raíz española, así como os 6 pontos básicos que vindicamos. Iremos publicando tamén o nome das entidades e colectivos que vaian subscrevendo a convocatoria, que se poden dirixir ao noso mail pontevedraantitaurina@gmail.com para facelo.

Entre as actividades que estamos a realizar destaca a recollida de sinaturas a pé de rúa, así como o reparto de trípticos informativos, que están tendo moi boa acollida. O calendario de actividades é o que segue, todas elas no C.S Revira (Arcebispo Malvar, 33 - Pontevedra).


9 de Agosto

Mobilización Antitaurina às 19h na Praza da Peregrina.

A de Pontevedra é a única praza de touros estábel da Galiza, e desde Pontevedra Antitaurina loitaremos pola súa desaparición. Para iso precisamos da vosa colaboración activa, así que agardámosvos o sábado 9 de Agosto ás 19 horas na praza da Peregrina. NON FALTEDES!!

STOP TOURADAS!!. A TORTURA NON É ARTE NEN CULTURA!!

Sem comentários: