terça-feira, agosto 05, 2008

Axúdanos a parar a súa execución


Ao redor do próximo día 12 de agosto dous mozos iranianos, Behnoud e Mohammad, de 20 e 21 anos, poden ser executados. Probablemente serán colgados dun guindastre.
Foron condenados a pena de morte por delitos cometidos cando eran menores de idade.

Irán é o país que máis menores executa, en contra dos seus compromisos internacionais e do dereito internacional. Con todo, xa se conseguiu ata o perdón doutros sentenciados, como recentemente no caso de Saeed Jazee.

Poder salvar as vidas de Mohammad e Behnoud é cuestión de moi pouco tempo, pero se actuamos xuntos podemos logralo. Por iso pídoche dúas cousas:

- Asina para salvar a Behnoud e a Mohammad e

- Reenvía esta mensaxe aos teus contactos.

En nome de Behnoud e Mohammad, recibe o noso máis sincero agradecemento,

Esteban Beltrán
Amnistía Internacional

Sem comentários: