segunda-feira, agosto 04, 2008

Manifesto pola laicidade

Galiza Laica

A aconfesionalidade do Estado, tal como está proclamada na Constitución Española (CE) e na Lei Orgánica de Liberdade Relixiosa (LOLR), está permitindo a realidade dun Estado confesional-católico; e por presión de outros credos, tende a se converter nun Estado pluriconfesional.

Os feitos demostran-no: A igrexa católica beneficia de substanciosos priviléxios fiscais, de asignacións para as suas obras, e paga ao clero co diñeiro de todos/as (crentes e non crentes), imparte-se a sua relixión e fai-se catequese na Escola Pública. Os Bispos católicos (galegos à cabeza) convocan e inducen os seus fieis a se confrontarene incumpriren o mandado das Leis (receber “Educación para a Cidadania”, praticar profesionalmente interrupcións voluntárias de gravidez permitidas polas leis, etc.).

Por outra parte, os poderes públicos deitan a toalla. Incrementan os priviléxios fiscais e dotacións económicas à Igrexa e aos seus centros de ensino; permiten-lle acomodacións no cumprimento da Lei (en Educación para a Cidadania); introducen-na, como tal, en Consellos médicos hospitalários (Madrid).Governantes e funcionários públicos acoden a actos de culto (oferendas, funerais, procisións...) e ocupan neles lugar eminente, e reservado à sua condición.

Tal como se comportan, contribuen a que as hierarquias relixiosas alimenteno delírio dun suposto direito de domínio sobre as consciéncias de toda/os a/os cidadá/ns e a sua pretensión dun poder relixioso, mais na prática político, que está por riba do poder civil soberano lexitimamente constituído; ao ponto de os governantes abaixaren perante eles a cabeza e, como tais, submisamentepediren no templo ao seu deus e patróns que arranxen os problemas sociais que a eles incumbe resolver.

Como xa advertian lúcidos membros da sociedade civil, nesta matéria faltou por facer a “Transición”, e por a reflectir na Constituición e na LOLR. É hora, pois, de afrontar a tarefa e de os poderes públicos e igrexas ocuparen CADA UN O SEU SÍTIO e funcionaren cada un no seu diferente campo. Os direitos que non se conquistan, non se obteñen; os xa conseguidos perden-se, se non se defenden.

Esta teopolítica retrógada, galopante no Reino de España, coincide con dinámicas expansivas das hierarquias relixiosas en todo o mundo, con expresiónstan extremas como vixentes reximes autenticamente teocráticos que impoñena toda a sociedade os preceitos e as normas dunha relixión; ou que utilizan arelixion como pretexto ou coarctada para a represión e para actos de agresión.

De feito, as tres relixións do Libro (xudaísmo, cristianismo e islam) desataronguerras en nome do seu deus, executaron infiéis no seu nome, e esnaquizaron aconvivéncia de sociedades e famílias. Confundiron o convite ou proposta con aimposición, converteron en delito o que no seu credo é pecado, esquecendo que“ninguén pode ser importunado por razón das suas opinións, mesmo as relixiosas”;confundiron o espazo das crenzas con o da liberdade e a razón.

A situación nunha sociedade emancipada, moderna e plural, nunha sociedade enque están presentes crentes e non crentes e pluralidade de relixións con dogmase morais confrontados, que non respeitan direitos e liberdades básicos, esixe:

1.- Unha democracia en que o protagonista ou suxeito político é a persoa como tal, autónoma e libre; non crente, atea ou agnóstica. (A república non precisa crentes para existir e governar-se, precisa cidadá/ns iguaisque construan xunta/os o futuro).

2.- Unha democracia que garanta a igualdade de toda/os a/os cidadá/ns perante a Lei e perante os órgaos do Estado; con independéncia de que teña ou non crenzas relixiosas. Nengunha persoa é superior nen inferior a outra por razón de crenzas relixiosas, do seu ateísmo ou da sua caréncia de crenzas relixiosas.

3.- Unha democracia que se rexe unicamente polas leis elaboradas para todas e todos polos órgaos de representación elexidos polas cidadás e os cidadáns libres, como resultado dunha discusión de orde exclusivamente racional, de raciocínios atinxíveis sen “revelación”, artigos de fé, nen libros sagrados nen mensaxes divinas ou eclesiásticas, isto é, à marxe de todo mandato relixioso ou supostamente divino ou revelado.

Lei civil, expresión da vontade xeral, que por eséncia única para toda a cidadania, cuxa función non é acomodar-se às opostas e distintas relixións, senón lograr a convivéncia pacífica, tolerante e xusta de toda a sociedade, mais nada.

4.- Unha democracia en que tanto a cidadania como as asociacións ou organizacións, civis e relixiosas, están submetidas à Lei; e en que a nengunha instituición relixiosa se recoñezan poderes frente ao Estado e a sociedade.

5.- Unha democracia que garanta un espazo público para o comun a todas e todos, imune às crenzas. Espazo que comprenda as instituicións do Estado, civis por definición, e os lugares que ocupan; e cuxa/os funcionária/os garantan aquela imunidade e independéncia frente a inxeréncias relixiosas, no exercício das suas funcións públicas e que, en canto tais, absteñen-se de presidir ou acompañar todo acto relixioso.

6.- Unha democracia que, ademais, respeite, faga respeitar e garanta a liberdade de consciéncia e a liberdade relixiosa e de culto. Liberdade que, neste aspecto, non é en si mesma relixiosa ou atea, senón a faculdade de elexer sen obrigación unha versión determinada do mundo, da vida e da espiritualidade. O direito a ter ou non ter unha fé relixiosa é un direito de cada cal; mais non é un deber de ninguén, tamén non da sociedade.

7.- Unha democracia en que o Estado sexa relixiosamente neutro e as confisiónspoliticamente irrelevantes.

É verdade que hai centenares de asociacións que se manifestan, reivindican e traballan por un Estado laico. Sempre estiveron; incrementan agora a sua actividade acordando, talvez, frente à política agresiva do Vaticano e o episcopado católico (nos seus documentos, na rua e nos seus meios de comunicación), e frente a un expansionismo teocrático islámico e sionista; os tres, alén do mais, indignamente discriminatórios con a muller.

Mais non parece erróneo observar que, tanto estas asociacións como os intelectuais laicistas e ateus, e como a sociedade civil laicista en xeral, non actuan de forma coordenada. Coordenación que parece oportuna e necesária para constituir una forza suficiente que obrigue os poderes públicos, e as relixións e as suas hierarquias e aparatos de poder, a se colocaren cada un no seu sítio, e exerceren cada un as suas potestades, funcións e responsabilidades nos respectivos ámbitos, civil e relixioso, claramente separados. En definitiva, UN ESTADO LAICO.
Por esta razón constitui-se GALIZA LAICA.
Compostela, 25 de Xullo 2008.

Sem comentários: