sábado, agosto 09, 2008

Puxeiros

Marta Núñez Corregidor.
Usuaria de transporte público.

Din que tódolos días aprendese algo novo, e deica que debe ser certo...
Atopábame eu o outro día no autobús camiño do choio cando unha muller de idade un pouco avanzada ao subir, pediulle ao condutor que lle cobrara ata Puxeiros. Sentou dous asentos diante miña, ao carón dun home tamén de unha idade similar a dela e de moi boa feitura. En canto a señora deu acomodo as bolsas que con ela levaba, o home dirixíndose a ela díxolle:

- E vostede sabe por que lle chaman Puxeiros? De onde lle ben o nome?
- Pois non. Contestou ela sen sequera mirar para o home e con certo aceno de incomodidade pola pregunta.

O home, cego ante calquera tipo de mensaxe corporal e con moitas gañas de poder explicar o que sabia, virouse no asento cara ela e comezou a explicarlle.

- Pois fai moitos anos, eu aínda non nacera sequera; todo aquelo era monte mesto. De Ourense e de Castela cara Vigo viña unha corredoira, porque nin camiño poderíaselle chamar aquilo. Por aqueles tempos nin se pensaba nas autoestradas e moitísimo menos no Ave; nin sequera o camiño de ferro chegara aínda a Galiza. Pois aquela corredoira que subía cara Vigo dende Mos e cara Mos dende Vigo, era moi mala para os cabalos que turraban dos cargados carros con todo tipo de mercadorías ben para Castela ou ben de Castela para Vigo. Eran tempos de moitas necesidades e a xente buscaba oficio e poder gañar os cartos alí onde foxe posible. Pois ben, grupos de homes, xuntábanse a espera dun carro, e por unha pequena cantidade de diñeiro, axudaban aos cabalos e ao carro, tanto corredoira arriba, coma corredoira abaixo a librar o difícil accidente xeográfico. A forma de axudar tanto a bestas coma a carros era puxando por eles. Logo pois, aquel oficio de aqueles homes, nese lugar era o de puxeiros. De hai lle ben o nome.
- Pois non sabia eu. Contestou a señora, xa bastante mais gustosa no trato.

Os dous, xa nun viaxe mais ameno continuaron parolando o resto do camiño, mais eu xa aprendera algo que non sabia e ensimesmada na explicación dada polo home deixeinos estar e non me preocupei mais deles.

Sem comentários: