segunda-feira, setembro 22, 2008

Marcha Mundial das Mulleres

Vigo, 18-19 de outubro de 2008 -

Os próximos Sábado 18 e Domingo 19 de Outubro a Marcha Mundial das Mulleres, rede feminista internacional que agrupa a mulleres de mais de 150 países, dará un paso máis na súa loita contra a pobreza e a violencia. Delegadas dos cinco continentes acudirán a Vigo para celebrar o VII Encontro Internacional, nunhas xornadas cargadas de reflexión para seguir construindo un mundo onde sexan erradicadas a pobreza e a violencia.Todas as persoas, mulleres e homes, e colectivos, que comparten estes dous obxectivos, teñen un convite para acompañar ás mulleres vindas dos cinco continentes, a dar este paso na cidade de Vigo.

Sem comentários: