quinta-feira, outubro 02, 2008

65 horas? ENDEXAMAIS!


A CIG convocou para o vindeiro martes sete concentracións simultaneas en todas as comarcas do país. O motivo desta convocatoria é a denuncia da ratificación polo Parlamento Europeo, das modificacións inseridaas na Directiva de Tempo de Traballo. Mediante estas modificacións xeneralizase entre outras gravísimas cuestións a posibilidade de ampliar a duración máxima da xornada laboral até 65 horas semanais. Dende a CIG denunciase que esta directiva suporá unha grave perda de dereitos para a clase traballadora.

 

CONCENTRACIÓNS

 

A Mariña: Ás 11:00 horas no concello de Cervo.

 

A Coruña: Ás 12:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno.

 

Ferrol: Ás 12:00 horas diante edificio Xunta de Galiza (Praza de España).

 

Lugo: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

 

Ourense: Ás 11:30 diante do edificio sindical.

 

Pontevedra: Ás 12:30 horas diante da Subdelegación do Goberno.

 

Santiago: Ás 12:30 h na Praza de Galiza.

 

Vigo: Ás 12:00 horas, saída de diante do pavillón do Berbés.

Sem comentários: