segunda-feira, outubro 06, 2008

Intervención do Secretario Nacional de Esquerda Nacionalista

Intervención do Secretario Nacional de Esquerda Nacionalista, Xosé Chorén, ante o plenario da Asemblea Xeral Extraordinaria do BNG.

Estamos ante un novo tempo, un novo modelo de participación por delegad@s ante o que nos atopamos expectantes agardando ver como evoluciona.

Participamos neste proceso, por que entendemos que aquí é onde se teñen que debatir todas as cuestións, onde se deben clarexar posicións que a posteriori nos permitan saír fora a sociedade cun discurso nidio.

Participamos, con responsabilidade, con espiritu constructivo, con vontade de consolidar o espazo político que o BNG, A XENTE DO BNG, gañou a pulso cun firme compromiso coa Nación.

Dende Esquerda Nacionalista entendemos o BNG como o ser e a esencia da Nación:

Plural, dinámico, comprometido, e imperfecto!!!

Por todo elo, dentro do compromiso militante incluímos a participación, unha participación en pé de igualdade, solidaria e xenerosa que de o necesario acubillo a toda a militancia.

Con todo, no camiño atopámonos con serias eivas que creban o espírito do proceso e tamén o noso propio sentido do consenso e do traballo en común:

  • Exclusións arbitrarias e mesmo vetos que nunca se podían ter producido, que simplemente deturpan o modelo do consenso.

    Con todo unha boa parte de nós estamos aquí coidando ese sentido da responsabilidade a que nos obliga a nosa militancia no BNG e o noso compromiso nacionalista.

Esa propia responsabilidade obriganos a tirar as tres seguintes conclusións:

  1. Manifestamos o noso rexeitamento a certas formas que vulneran os necesarios consensos e a pedir que non se repitan, inviabilizan a nosa forma de entender o diálogo e a participación.

  2. Apoiamos e asumimos o informe político como fórmula necesaria para render contas e deseñar o futuro, entendendo o tempo político no que sae a luz.

  3. Apoiamos de xeito claro ao Portavoz Nacional como candidato a Xunta de Galiza co noso voto e co noso traballo. Compañeiro Quintana serás o presidente que a Nación precisa.

Moitas grazas

Sem comentários: