quinta-feira, dezembro 03, 2009

Manefesto en defensa dos dereitos fundamentais en Internet

MANIFESTO EN DEFENSA DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS EN INTERNET:

"Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentábel das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que ...

1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdicional efectiva e a liberdade de expresión.

2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é, e debe seguir sendo, unha competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza. Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da Constitución Española, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo dependente do Ministerio de Cultura español, a potestade de poder impedir o acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.

3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico estatal, perxudicando unha das poucas áreas de desenvolvemento e futuro da economía española e dos países integrantes do Estado, dificultando a creación de empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa expansión internacional.

4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria culturais, se non de moitas fontes distintas.

5 .- Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio se basea no control das copias dos traballos e na Internet non é posíbel sen violar os dereitos fundamentais, terán que atopar un outro modelo.

6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de alternativas modernas, eficaces, credíveles, accesíbeis e que atendan os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para o fin que afirman perseguir.

7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sendo libre.

8 .- Demandamos que o Goberno español asegure por lei a neutralidade da rede no Estado, ante calquera presión que poda ocorrer, como un marco para o desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.

9 .- Propoñemos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.

10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas que afectan ós dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata doutro tema".

O aznarismo premia o rei

Artigo de opinión de Ignacio Escolar publicado en Publico

Di Mauro Entrialgo, con razón, que na vida hai dous tipos de premios: o premio famoso que se dá a unha persoa anónima para dara a coñecer e o que entrégalle a unha persoa famosa para intentar dar lustre ao premio. Hai premios que engrandecen ao premiado e premiados que visten o galardón. Por iso Obama, o que ha triplicado as tropas en Afganistán, gañou o Nobel da Paz á semana de chegar. Por iso algúns galardoados deberían pensarllo algo mellor antes de aceptar segun algunhas medallas envenenadas.

Onte FAES premiou ao rei, que se supón representa a todos os españois. E o rei aceptou o
premio. Ao xefe do Estado español se lle piden poucas cousas, pero unha delas, unha das fundamentais, é a neutralidade. Non é a primeira vez que José María Aznar usa ao monarca no seu propio beneficio –xa pasou cando converteu a boda da súa filla nun asunto de Estado, coa presenza do señor que sae nos euros–. Pero esta é a primeira vez que o rei acepta un premio dun partido político español.

É posible que a súa decisión non fose fácil, tamén fose polémica se se negase a recollero –más aínda despois da histórica fría relación que mantivo con Aznar durante a súa etapa na Moncloa–. Pero o de onte non foi sequera un premio do Partido Popular, que xa estaría mal: foi un premio do aznarismo, dun sector do vello PP. Aznar, como non, aproveitou o momento para reivindicar unha transición na que non cría, para validar o seu discurso co selo real. E só ocórreseme unha razón para explicar por que o rei aceptou o premio : débelle moito ao do bigote enfadado. Imaxinar a Aznar como presidente da República sempre foi un dos mellores argumentos monárquicos.

quarta-feira, dezembro 02, 2009

A CIG valora positivamente a decisión da Xunta de apostar pola galeguidade das caixas, pero advirte que vixiará todo o proceso

A central critica que non se realizase con anterioridade unha auditoría ás entidades para coñecer a súa situación patrimonial e financeira real
No escenario no cal as presión do Banco de España, o PP e o PSOE teñen situado ás caixas galegas a respecto de acudir a fusións ou constitucións de SIP con entidades de fóra, a decisión anunciada pola Xunta de Galiza esta mesma mañá apostando por garantir a galeguidade das dúas caixas vía fusión das mesmas, semella a opción máis favorábel dende o punto de vista de País, na medida en que permite garantir o control do aforro que se canaliza a través das caixas, así como dende o punto de vista do mantemento do emprego da propia entidade resultante, posto que unha fusión foránea implicaría unha perda moi superior de postos de traballo.

Non obstante, a Confederación Intersindical Galega critica que a proposta da Xunta destinada a realizar auditorías externas independentes de cada unha das entidades para coñecer a súa situación patrimonial e financeira real non se tivese realizado con anterioridade. Unha análise destas características tería permitido avaliar con maior obxectividade as posíbeis alternativas e mesmo coñecer a viabilidade das dúas caixas por separado.

Dende a CIG tamén se advirte do rexeitamento e oposición a calquera medida traumática que se tome a respecto do mantemento do emprego, avogando pola amortización dos postos de traballo a través dun procedemento de prexubilacións pactadas e en todo caso, esixirá que este proceso de fusión vaia acompañado dun debate coas organizacións sindicais sobre cal debe ser o cadro de persoal necesario desa entidade futura para dar un bo servizo á sociedade galega. En función disto, decidir que número de postos habería que amortizar, sempre recorrendo a vía da prexubilación e non a medidas traumáticas.

Debate da nova Lei de Caixas

A pesar da decisión anunciada hoxe pola Xunta, aínda queda pendente outra cuestión de vital relevancia para o futuro das caixas de aforros e do País: o debate sobre a nova lei de caixas no Parlamento galego. Este debate será determinante para coñecer os posicionamentos de todas as forzas políticas respecto de temas determinantes como son a composición dos Consellos de Administración para que sexan realmente representativos das forzas sociais e políticas da sociedade galega; a garantía de veto da Xunta ante calquera proceso, presente ou futuro, de fusión ou constitución de SIP; e a garantía da xestión dos recursos controlados polas caixas en función das necesidades do tecido produtivo de Galiza e non atendendo a criterios e intereses especulativos, tal e como aconteceu nos últimos tempos.

Neste debate, para a CIG resulta tamén importante esixir responsabilidades á actual directiva de Caixa Galicia e Caixanova, pois a xestión levada a cabo en nada beneficiou á situación patrimonial das dúas entidades.

Manifestación de delegados/as o venres

A central mantén a manifestación nacional de delegados e delegadas deste venres 4 de decembro en Compostela, para esixir garantías en todo o proceso de fusión, reclamar aos Consellos Administración que aclaren a súa posición a respecto do mantemento do carácter galego das entidades así como dos centros de decisión en Galiza, e solicitar un pulo no debate no Parlamento da Lei de Caixas.

Artigo publicado en www.galizacig.com

Primeiro acto do Quintanismo tras a súa asemblea

Tras a celebración da asemblea constituínte do Quintanismo do pasado 21 de Novembro as mocidades de Mais BNG, MSG ( Mocidade Socialista Galega) celebraran o vindeiro Xoves 10 de Decembro na facultade de Medicina un grupo de discusión baixo o lema: E logo tí, por que pasa ti da política?

Contaran coa participación de membros do BNG e de Galiza Nova, chama a atención deste primeiro acto do Quintanismo tras a súa constitución oficial a participación de correntes como Encontro Irmandiño e ISCA.


Carta aberta ao presidente Feijóo de Anxo Quintana

Señor Presidente:

Atrévome a dirixirlle estas letras emocionado polo sentido de país que ten impulsado a tanta xente e organizacións a preocuparse polo futuro das caixas de aforro galegas, para sumarme a todos aqueles que xenerosamente apoian a súa postura aínda que, como a maioría dos galegos, non saiba exactamente cal é. Sei que lle sobran a vostede apoios desinteresados. Vaia o meu nun punto intermedio ao máis puro estilo galego. Aínda que unicamente sexa para compensar o de aqueles que utilizan o seu poder mediático non só para apoialo interesadamente senón tamén para indicarlle co dedo a posición que a eles máis lles cómpre sen que ninguén democraticamente lle dese tal potestade.

Seica nisto das caixas un dos problemas a superar é a tremenda lacra do localismo. Gran contribución fixeron vostedes a esa misión condecorando a un ex alcalde herculino famoso polo seu credo e práctica antilocalista. Tal achega á claridade política só foi superada polo admirable Manquiña na película Airbag cando con pose convincente afirmaba aquilo de “yo le soy muy claro, igual que le digo una cosa le digo la otra”. Señor Presidente, non queda vostede en bo lugar para sentar doutrina antilocalista.

Señor Presidente, quen o viu a vostede e quen o ve! Aquel xefe da oposición que prometía solucións galegas en 45 días a unha crise de ámbito planetario deu paso a un presidente que vai camiño de tomar unha decisión sobre o futuro das caixas cando todo estea xa decidido. Gobernar é decidir, señor Presidente. Non confunda vostede o liberalismo co escaqueo.

E mire que na oposición pómosllo doado, señor Presidente. Hai xa un mes o BNG propuxo, e aprobouse no Parlamento por unanimidade, unha moción cun mandato que era tan claro como manexable para vostede: queremos que ao final de todo este proceso cando menos haxa algunha caixa que manteña o seu centro de decisión, o seu enderezo social, a súa obra sociocultural, o seu ser e o seu estar en Galiza.

Por se isto non fose pouco o pasado martes 24, mentres vostede estaba no Parlamento cos máximos dirixentes das caixas galegas, o BNG fixo coincidir no tempo e a escasos metros do seu despacho unha proposta aprobada polo pleno para modificar a lei de caixas e que, entre outras cousas, outórgalle a vostede máis poder sobre elas. Acción máis leal para colocalo a vostede nunha posición de forza, imposible, señor Presidente!

Mais polo de agora vostede parece disposto a conceder na cuestión das caixas máis prórrogas que as outorgadas para a chegada do AVE. Está ben ser paciente.

O único inconveniente é que, con tanto tempo, á xente vai darlle por pensar e recordar, e sobre todo lembrarán as rotundas afirmacións da dirección madrileña do PP, á que vostede pertence, con motivo da designación do presidente de Caja Madrid: “El PP no es un partido federal y esas decisiones las toma la dirección nacional (española) del partido”.

E algúns temos a impresión de que ademais de designar presidentes de institucións autónomas, no tempo libre e exercendo de liberais, vostedes dedícanse tamén a artellar fusións e absorcións pero... tome vostede isto coma desconfianza propia de galego. Desconfianza case do mesmo calibre que a que algúns temos cando escoitamos a certos persoeiros falar de “fusión galeguista” das caixas.

O que ninguén esquece é que todo este aloucado partido de fusións e absorcións entre caixas e de intento de eliminación das competencias autonómicas sobre delas, tivo a súa badalada inicial coa aprobación polas Cortes do Estado do FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria) co entusiasta apoio dos deputados galegos do PP.

Aínda así teño a impresión de que este partido non fixo máis que comezar e que, independentemente dos goles que uns e outros poidan ir marcando, o resultado final está aínda por ver.

O que si espero é que o meu presidente non sexa un árbitro imparcial porque esta non é unha competición deportiva na que o importante é que gañe o mellor. Este partido ou o gaña Galiza ou o perde Galiza.

Por iso atendendo ao seu espírito liberal que lle impide intervir na economía para marcar obxectivos financeiros claros en clave galega, eu anímome a pedirlle cando menos un pronunciamento rotundo en dous aspectos que, con tanta prórroga, cada día se fan máis urxentes:

1. Díganos vostede con claridade e contundencia que a posible fusión das caixas galegas non será unha absorción dunha pola outra e que ademais de viable e financeiramente sostíbel significará unha estación final e non un apeadeiro de empalme para enganchar todo o tren financeiro do país a unha locomotora foránea.

2. Díganos vostede con rotundidade que, independentemente dos movementos autónomos que as caixas realicen, vostede utilizará as prerrogativas legais que ten e as que o Parlamento galego está disposto a outorgarlle para que ao final deste proceso quede asegurado que, cando menos, Galiza contará con algunha caixa, máis grande ou máis pequena pero con domicilio social e fiscal, centro de decisión, obra social en Galiza, para Galiza e dende Galiza.

Non é moito pedir señor Presidente.


Publicado en Xornal de Galiza

terça-feira, dezembro 01, 2009

A exumación do corpo de Vítor Jara revela tortura antes da morte



Tres décadas e media despois da morte de Víctor Jara son revelados detalles macabros sobre os momentos finais da vida do cantante e compositor chileno. O corpo foi exumado e autopsiado, o que permitiu concluír que, antes de recibir unha choiva de balas , Vitor Jara foi brutalmente torturado.

Folga nas aulas en defensa do Galego

A Xunta xa ten sobre a mesa unha ameaza de folga antes de presentar o seu borrador de reforma do galego no ensino. Varios membros da Plataforma Queremos Galego (CIG-Ensino, STEG, Comités, Iesga, A Mesa, ASPG e Sindicato de Estudantes) anunciaron esta mañá que están listos para “paralizar as aulas” contra un Goberno que, na súa opinión, non cumpre a lei.

A data da protesta, dependerá de cando o Goberno cumpra a súa reiterada promesa de derrogar o decreto do bipartito. Queremos Galego sospeita que se presentará nas vacacións escolares de Nadal, para que cos alumnos e profesores non poidan artellar protestas. Ademais da educación obrigatoria, a plataforma quere estender o paro á universidade.

Cúmprese a norma que segue vixente?

O actual decreto promociona a lingua propia do país, cun mínimo dun 50 por cento de aulas en galego. Porcentaxe que o “Goberno insubmiso” non fai nada por cumprir, segundo denunciaron todas as organizacións citadas nunha rolda de prensa en Santiago.

“O anuncio dun novo borrador está xerando un incumprimento xeralizado dun decreto que permanece vixente”, alertou o portavoz de Queremos Galego, Francisco Rei, tamén directivo da Mesa pola Normalización.

A Administración non avalía se se cumpren as porcentaxes

Así, a Administración nunca avaliou (ou polo menos nunca presentou datos publicamente) a porcentaxe real de aulas que se están a dar en galego. Unha eiva da que son responsábeis tanto a actual Xunta como o bipartito.

Rei, Anxo Louzao (CIG) e Denís Bermúdez (Comités) alertaron de que por vez primeira na historia a Xunta apostará por un texto que supón un “paso atrás” na normalización. A Consellaría de Educación teima en que fará un decreto que aposte polas linguas estranxeiras e garanta o coñecemento dos dous idiomas oficiais.

O STEG alerta que hai menos material para algunhas aulas en galego

Malia que a Xunta garda silencio, fontes do sector do ensino consideran probábel que o PP reduza até o 30 por cento as aulas obrigatorias en galego, a mesma proporción da norma anterior ao texto do bipartito.

Dende o sindicato de mestres STEG, Sonia Fernández denunciou que a Xunta do PP xa tomou medidas concretas en contra do idioma, como “a retirada de recursos das aulas de infantil nas áreas castelanfalantes”.

Mais información en: A nosa Terra

Primeira Semana do Cinema Israeli na Galiza





















































Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI (http://www.amizadeconisrael.org/) prantexámonos a organización desta primeira semana, fundamentalmente coa idea de dar a coñecer á sociedade galega unha parcela máis da moderna sociedade israelì, unha sociedade en grande medida descoñecida cando non caricaturizada con estereotipos inxustos habitualmente recollidos polos medios de comunicación. Unha sociedade dinámixa e democrática, cun nível de libertades semellante, senón superior aos estandares de paises do noso contorno. Unha sociedade pacífica, obrigada pola permanente ameaza existencial exterior e polo máis brutal dos terrorismos a estar militarizada. Unha sociedade onde faise un cine mundialmente recoñecido e mesmo premiado. Un cine que non fuxe en absoluto da autocrítica. Un cine que retrata a seres humanos froito da civilización occidental e, por tanto, moi alonxados dos seus veciños que para a súa desgraza están obrigados a aprender odio, vinganza e violencia dende a escola infantil ate a universidade. En definitivamente un cine normal para un pais normal que desde hai 60 anos loita pola súa existencia, polo seu dereito a vivir e a vivir en paz.

Mais informacion en: http://semanadocinemaisraeliengalicia.blogspot.com/

terça-feira, novembro 24, 2009

O conto do Apalpador

Xa saiu do prelo O Apalpador, o conto de Xoán G. que edita Biblos. A presentación mundial farase no Courel na festa da Pisa da Castaña o 6 de decembro.

Para ir degustandoo podedes velo en PDF se clicas na ligazón de abaixo.

Se non tes conexión a internet de banda larga (ADSL ou cable) pódeche tardar en baixar, son 6M de arquivo.






domingo, novembro 22, 2009

O Apalpador volve polo Nadal

Finaliza o cumio segredo, na capital Turcomenistá de Ashgabat, entre Santa Claus e o Apalpador.


Auspiciado polos tres Reis Magos de Oriente, finalmente tras largas conversas de varios anos, as competencias de reparto de agasallos aos nenos na noiteboa en Galiza correspondera novamente ao Apalpador.

Segundo apuntan diversas axencias internacionais, as condicións para poder chegar finalmente a un acordo foron moi duras e non estiveron libres de grandes concesións polos dous bandos. Nun aspecto que o Apalpador nun principio consideraba inamovible, ao final, converteuse na chave de saída desta longa negociación. Finalmente o Apalpador accedeu a participar en campañas publicitarias dunha coñecida marca de refrescos de Cola.

Non se coñecen aínda os termos exactos do acordo, mais o Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon, declarou que o conseguido supón un retorno a un statu quo que nunca debeu racharse.

Nun orde mais domestico, o Presidente da Xunta de Galicia, o popular Alberto Nuñez Feijoo, declaro que dende a Xunta de Galicia non teñen nada que declarar ao respecto, mais cree que este acordo non supón mais que un invento raro dos nacionalistas por evitar tratar con unha figura tan española como Papa Noel. Pola súa banda, a presidenta da asociación Galicia – Bilingüe, manifestou a súa perplexidade en que as autoridades consintan que un vello carboeiro barbudo das montañas do Courel baixe as nosas vilas e cidades a “apalparlle” as barrigas a uns nenos, acostumados a non ter contacto físico ningún cunha figura tan nosa e entrañable como Papa Noel.

A elección da capital Turcomenistá de Ashgabat como sede das negociacións é, a declaracións da Súa Maxestade Melchor, a consecuencia da proximidade xeográfica da morada del e dos seus dous compañeiros, as Súas Maxestades Gaspar e Baltasar; e polo carácter de gran reserva no que se tiveron que manter durante varios anos unas conversas tan complexas.

O Presidente vitalicio da ex república soviética de Turcomenistan, Kurbanguly Berdymukhamedov, mostrouse encantado de poder mostrar a todo o mundo que na súa nación pódense chegar a acordos moi importantes para todos os países do mundo e descualificou as, ao seu entender, calumnias, que desde sectores internacionais verten cara o seu rexinme, cualificandoo de ditatorial e contrario aos dereito humanos.

O Apalpador non quixo facer declaración ao noso corresponsal a saída do cumio alegando que estaba moi canso e lle quedaba un traxecto moi longo por percorrer para chegar as montañas do Courel e preparar todo para o próximo Nadal. Dende Ashgabat deberá coller un voo a Madrid con escala en Moscova para dende alí, viaxar a Labacolla e logo por terra achegarse a súa morada nas montañas co Courel.

En todo caso, segundo puidemos saber dende Galiza Sosego (GzS), existe unha disposición transitoria no acordo, na que por un determinado tempo de varios anos, que non podemos determinar, tódolos nenos e nenas que soliciten os seus agasallos a Santa Claus, serán atendidos por este, sen intermediación do Apalpador. Está disposición transitoria, esta pensada para non causar traumas aos pais dos nenos de grandes vilas como Vigo ou A Coruña onde as tradicións norteamericanas teñen un amplo arraigo.

Sectores ultranacionalistas españois mostraron xa o seu rexeitamento ao acordo adoptado, cualificando ao Apalpador coma unha mala copia da, segundo eses sectores, desafortunada icona abertzale do Olentzero vasco. Ao respecto, o Olentzero vasco declarou coñecer dende fai moito tempo ao Apalpador, pois coinciden anualmente no cumio internacional da MFIPC (Mythical Figure international Partnership Christmas) con sede en Atlanta (USA). Sobre o aspecto de que os dous usen boina, teñan barba e de oficio carboeiro, o Olentzero declarou que a vestimenta e a barba son tradicionais nas dúas nacións, tanto en Euskadi como Galiza e sobre a coincidencia de oficio declarou que na montaña non existen moitas outras actividades as que adicarse. -Resulta agora que algún pretende que no medio da montaña tiveramos posto unha asesoría de empresas- declarou anoxado.

Ficha técnica.

O Apalpador e un xigante de oficio carboeiro que na noiteboa baixa das montañas do Courel as aldeas, vilas e cidades galegas, coa intención de apalpar as barrigas das nenas e nenos para comprobar que cearon ben esa noite e que están ben mantidos. O Apalpador vixía que vivan con fartura e deséxalles para o vindeiro ano que continúen a non pasar fame, e déixalles unha presa de castañas e agasallos como lembranza da súa visita.

sexta-feira, novembro 13, 2009

domingo, novembro 01, 2009

Os docentes de relixión custaran mais de 150.000 €


O custo dos profesores de relixión ás contas públicas de Galicia para o próximo ano será de 153.279 euros.

Dentro da mesma partida de gasto non se contemplan nin aumentos nin recortes para trienios ou o IPC, e só aumenta a propia contía de diñeiro destinado a estes docentes, cuxo réxime non é equiparable o resto de profesores.
A norma base que rexe todo o relativo aos profesores de relixión baséase nun acordo entre o Estado e a Santa Sé, en base ao cal ``o ensino relixioso será impartido polas persoas que, para cada ano escolar, sexan designadas pola autoridade académica entre aquelas que o Ordinario diocesano propoña para exercer este ensino´´.

Xornal de Galicia

15.000 persoas enchen o centro de Vigo na defensa da sanidade pública e contra a privatización do novo hospital

Multitudinaria mobilización contra a entrada da financiación e xestión privada na construción do novo hospital para esta área sanitaria
Ás 20:15h do xoves 29 de outubro, partiu dende o cruce de Gran Vía con Urzaiz a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública para esixir que o novo hospital de Vigo sexa executado e financiado de forma totalmente pública. Mais de 15.000 de persoas que percorreron o traxecto berraron consignas en contra de que a sanidade pública se converta nun negocio. A cidadanía viguesa deixou claro que non quere hipotecar a sanidade pública e que se deteriore a calidade sanitaria dun área que sempre foi esquecida en recursos sanitarios. "A privatización da xestión do novo hospital significa menos recursos humanos, menos contratacións, máis precariedade de servizos e un empeoramento da asistencia sanitaria porque os beneficios empresariais van primar sobre o interese público. Estes días xogámonos o futuro da sanidade pública. Se non conseguimos pararlle os pes ao PP, privatizará a sanidade pública; logo será demasiado tarde", lembraban os convocantes desta mobilización.

Un non á privatización unánime foi o que ecoou onte nas rúas do centro de Vigo desde que comezara o percorrido da mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Consignas pola dignidade dun servizo e dereito fundamental como é o da saúde e a atención sanitaria pública foron escoitadas até o remata desta mobilización fronte á Delegación da Xunta en Vigo, na Praza de Estrela.

Participación importante da CIG

María Xosé Abuin, secretaria nacional da CIG-Saúde, estivo presente neste mobilización, e sinalou que "a CIG foi unha das impulsoras de que se constituiran estas plataformas en defensa da sanidade pública, porque desde a toma de posesión do novo goberno autonómico do PP, e xa no seu programa de goberno e despois moito máis agresivamente, viamos como ía introducir todas as medidas de iniciativas privadas e de privatización dentro da sanidade".

Mobilización "moi positiva"

"A mobilización de hoxe é moi positiva porque somos moitos e moitas os que saímos hoxe ás rúas, pero isto só acaba de comezar porque a intención do Partido Popular é clara, quere facer un reparto de negocio entre os seus amigos das empresas privadas e cremos que a isto hai que respondelo coa máxima contundencia, porque senón ao longo dos próximos anos a calidade asistencial será moito pior, teremos menos camas hospitalarias, teremos menos profisionais sanitarios, e os pacientes serán seleccionados polo custe do proceso e non por pataloxias", engadía a secretaria nacional da CIG-Saúde.

A presenza da CIG foi importante nesta mobilización, que remataba, como xa sinalamos, fronte ao Edificio da Xunta, onde Avelino González, actor, daba lectura ao manifesto final, que reproducimos integramente á continuación.

Se queres consultar máis imaxes desta mobilización, podes consultar nesta ligazón ou na sección multimedia da nosa web.

Manifesto final da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública

Boa noite e grazas a todas e todos pola vosa presenza.

Esta cidade madruga, traballa e crea riqueza para o conxunto de Galicia sen pedir nada excesivo a cambio.

So pide o que lle corresponde tras facer unha contribución solidaria co resto de Galicia, porque sabe que a riqueza de unha parte é a riqueza de todo o pais.

Nunca Vigo nin a comarca teñen pedido privilexios. E vemos que as nosas necesidades e dereitos vénse convertidas en "colinas encantadas" e en promesas electorais que non se cumpren.

E calamos unha e outra vez, porque cada día toca madrugar de novo e o traballo agárdanos.

Así ano tras ano, década tras década.

E estamos fartos.

Sabemos ben porque estamos hoxe aquí:

Porque coa saúde non se xoga!

As coñecidas e intolerables deficiencias da sanidade viguesa, que dende hai anos soporta a cidadanía e o colectivo profesional que nos atende, non admiten mais demoras:

Repetimos Sr. presidente da Xunta; repetimos, Sras. conselleiras de Sanidade e de Economía e Facenda:

NON ADMITIMOS MAIS DEMORAS.

Somos xente paciente, sensata e temos unha solidaria vision de pais, pero a cidadanía do Sur de Galicia esta farta.

Non queremos mais do que xa disfrutan outros, pero tampouco aceptaremos menos.

Porque a Coruña ten, con perfecto dereito, un hospital CEN POR CEN publico.

A capital de Galicia ten tamén un Hospital Clínico CEN POR CEN público.

E Ourense ten igualmente un hospital CEN POR CEN público......

E Vigo? ....que terá Vigo??? ....un hospital 50?, 60?, setenta por cento privado?

Non, Sr. Presidente, non o imos tolerar; Xa ensaiaron vostedes en Vigo o perverso e ineficiente experimento de MEDTEC, felizmente disolto en parte.

E nesta área sanitaria sabemos como facerlles fronte e defender o que é lóxico, o que é xusto, económico, e probadamente eficiente.

Logramos disolver Medtec e as Fundacións Hospitalarias que vostede propiciou, o propio hospital de Vigo e hoxe xa una conquista do Sur de Galicia.

Sen a nosa presión non estaría nin en planos.

Temos dereito, queremos e esiximos un hospital publico, ben dimensionado, coas camas e servizos que estaban programados. Nin un menos:

Queremos un hospital suficiente, que non peche a súa porta á xente do Morrazo, do Val Miñor e de barrios de Vigo.

E querémolo tal como, con esforzo e vontade, foi deseñado polos nosos profesionais.

Non toleraremos dúas portas de urxencias, no novo hospital e en POVISA para manter a este como hospital de área.

Non toleraremos, Sr. Presidente da Xunta, escusas sobre a falta de fondos: pois tenos para a Cidade da Cultura e para outros fines menos urxentes que un hospital.

E tamén sabemos que iso e un pretexto porque, de ter mais fondos, daríanlle igualmente negocio á iniciativa privada.

Está no seus xenes e nos do seu goberno.

Negocio privado con fondos públicos, porque sabemos que preparan un suculento negocio para a sanidade privada ao pretender que o hospital sexa construído por unha asociación de empresas constituída por un banco, unha gran construtora e unha empresa sanitaria da comarca, ás cales o SERGAS pagaría unha elevada cantidade ao longo dos trinta anos seguintes á súa inauguración.

Esta fórmula multiplica o custo estimado de 360 millóns de euros por unhas seis ou sete veces.

Hai evidencia de adonde nos conduce isto, no Reino Unido e tamén xa en Madrid.

Non toleraremos que se abandonen os obxectivos estratéxicos respecto as camas de tratamento avanzado do cancro (do que Vigo sería referencia do sur de Galicia) nin que se abandone o módulo de investigación ou docencia.

Non toleraremos pois un hospital mais pequeno, máis caro e que encima non será noso durante trinta anos, nos que gran parte dos fondos sanitarios destinados á atención, serán desviados para pagar aos propietarios privados do hospital, uns enormes canons ou intereses.

Non permitiremos, en consecuencia, que haxa menos diñeiro para persoal sanitario e non sanitario, para os servizos de apoio ou para renovar o equipamento.

Non permitiremos que a Xunta frustre novamente as expectativas espertadas en Vigo polo Novo Hospital, recortando unha parte importante do Plan para satisfacer, unha vez máis, aos intereses do coñecido hospital privado.

Atreveríase a Consellería de Sanidade a promover isto mesmo na Coruña ou en Santiago?

As ideas xustas, as aspiracións lexítimas, os cambios beneficiosos e necesarios para as amplas maiorías, acaban facéndose camiño e finalmente triunfando. Con esforzo, con constancia, con intelixencia e coa xenerosidade de sumar forzas.

Somos constantes e sabemos loitar con razón e intelixencia.

Porque non hai nada mais poderoso que unha idea á que lle chegou a súa hora.

E a nosa demanda é xusta.

Hoxe quenes aquí estamos Sr. presidente, Sras. conselleiras, defendemos o novo hospital publico de Vigo porque é un dereito, un dereito que nós pagamos, unha necesidade para nos, para a nosa xente, para os que veñan detrás.

Todos e todas necesitaremos un dia do noso hospital e hoxe é o hospital o que precisa do noso apoio.

Porque

A PRIVATIZACION PREXUDICA GRAVEMENTE A TUA SAUDE

NOVO HOSPITAL PUBLICO DE VIGO XA!




http://www.galizacig.com/avantar/novas/30-10-2009/15000-persoas-enchen-o-centro-de-vigo-na-defensa-da-sanidade-publica-e-contra-a-pri

sexta-feira, outubro 30, 2009

O morto de Santo André de Teixido: a entrevista


Extraido do blog "Capitulo 0" de Manuel Gago.





Isto é un documento antropolóxico de primeira fila, así de claro e sen retranca de ningún tipo.

Trátase dunha entrevista nos Bos días da TVG á filla do señor que morreu dentro da igrexa de San Andrés de Teixido e celebraron despois unha misa co corpo tirado dentro (ver noticia). Confeso que cando vin o vídeo (que Marcus posteou no seu blog) ao principio pensei que era algunha sorte de brincadeira da TV e a señora unha actriz do Luar, ou algo así. Non podía ser posible. Pero si.

O que se ve no vídeo é fascinante desde un punto antropolóxico. Como a moza/señora (non sabería determinar a súa idade) filla do defunto explica con toda naturalidade o que aconteceu na igrexa de Teixido, e como os presentadores, partes dun escenario futurista, abráianse con toda a circunstancia da morte do señor. Ela, a familiar directa, imperturbable, vive nunha lóxica de relación co difunto tremendamente respectuosa, pero tamén práctica, na que todo sucede de xeito natural e para a que é obvio que se debía celebrar a misa mesmo despois do que o seu pai morrera: para as novas xeracións, os presentadores, o que alí aconteceu é anómalo, estraño e mesmo perturbador (dar unha misa co morto no medio?), se cadra unha falta de respecto a ese mesmo defunto. Poucas veces se evidencia tanto unha ruptura da lóxica cultural.

Para arquivar.

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/10/30/o-morto-de-santo-andre-de-teixido-a-entrevista/

terça-feira, outubro 27, 2009

Mais Queremos Galego!!!

Iria Aboi, reelixida Secretaria Xeral de Galiza Nova na súa XI Asemblea Nacional


Iria Aboi resultou reelixida hoxe como Secretaria Xeral de Galiza Nova na XI Asemblea Nacional que se celebrou esta fin de semana en Santiago de Compostela.

Os resultados outorgaron un 57,5% dos votos á lista encabezada pola nova Secretaria Xeral, un 20,9% dos votos para a lista encabezada por Noa Presas e un 19,3% dos sufraxios para a encabezada por Ínhigo Ansotegui.

Con estes resultados, a lista da Iria Aboi conta con 15 representantes na Dirección Nacional, mentres as listas de Noa Presas e Ínhigo Ansotegui teñen cinco representantes cada un

A XI Asemblea Nacional desta organización xuvenil aprobou unha serie de resolucións tamén, entre elas destacan o apoio á plataforma “Queremos galego”, ao pobo mapuche, ou as aprobadas en solidariedade con Afganistán, Cuba, Irak e todos os movementos de liberación nacional. Aprobáronse tamén resolucións en apoio á loita labrega e ao sector leiteiro, asi como en denuncia da política laboral do PP.

Os e as militantes de Galiza Nova amosaron, asemade, o seu apoio ás mulleres que toman a decisión de interrumpir o seu embarazo.

A XI Asemblea de Galiza Nova contou coa presenza do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, ademais dos membros da Executiva Nacional Montse Prado, Carlos Aymerich e Rafa Villar, o deputado galego Bieito Lobeira e a portavoz en Bruxelas, Ana Miranda.

sábado, outubro 24, 2009

Galiza Nova división interna


Esta fin de semana celebrase en Santiago de Compostela a XI Asemblea Nacional das mocidades do BNG.
Baixo o lema '' Organizando a mocidade, loitando pola patria galega''.Nesta Asemblea que se agarda que sexa a máis participativa na historia da organización ademais de elexirse unha nova dirección (formada en primeira instancia por 25 persoas ás que se sumarán as e os Responsábeis eleitos nas comarcas) fixarase tamén o traballo político de Galiza Nova para os próximos dous anos.

En relación ao lema escollido para esta cita asemblear explicouse que condensa o traballo de Galiza Nova ao longo dos seus 21 anos de existencia e así mesmo recolle os obxectivos da organización para os vindeiros anos, por unha banda a autoorganización da mocidade como ferramenta para acadar as nosas necesidades e demandas e pola outra a reivindicación do recoñecemento dos nosos dereitos políticos como nación, pois moitos problemas que pademos as mozas e mozos galegos derivan desta ausencia de dereitos.

A XI Asemblea Nacional vai preparar a Galiza Nova para replicar con máis forza ás políticas da dereita, e para o facer en comunicación “cada vez maior e máis fluida” cos mozos e mozas deste País: “Galiza Nova, ten que aumentar a súa introdución social o seu traballo político para o vindeiro periodo”. Todo isto encamiñado a agrandar a influencia do nacionalismo galego entre as mozas e mozos do País e consecuentemente dando resposta aos problemas da mocidade galega e defendendo os dereitos de Galiza como nación”.

Unha vez rematado xa o prazo, presentaronse tres candidatura a Dirección Nacional de Galiza Nova, todo a punta que Iria Aboi seguira o frente da organización que presentou unha candidatura formada por militantes independentes e militantes da UMG. Na anterior asemblea nacional no ano 2007 reuniran o 62% dos votos fronte o 38% dunha candidatura composta por EN-Mocidade e ISCA.

Nesta ocasion ISCA presentase en solitario o non poder chegar a puntos en comun co Quintanismo. Presentan a Noa Presas como candidata a Secretaria Xeran, faixo o lema '' Proposta Militante'' a lista esta formada por militantes independentes e militantes de ISCA.Dispoñen de unha paxina web onde expoñen a súa visión sobre o estado de Galiza Nova.

Por outra parte o Quintansimo representado por MSG presenta candidatura baixo o lema ''Entre tod@s Galiza Nova'' o seu candidato é Inhigo Ansotegi. Tamen dispoñen de paxina web.


As listas completas a Dirección Nacional de Galiza Nova:

AXPU ( Alternativa Xuvenil Pola Unidade)

1. Iria Aboi Ferradás
2. Iago Varela Martínez
3. Alba Feixóo López
4. Gael González Beira
5. Lucía López Sobrado
6. Denís Bermúdez Delgado
7. María Vilaronga Chazo
8. Alberte Mera García
9. Iria Fernández Silva
10. Henrique del Río Outeiro
11. Cristina Alonso Salgado
12. Roi García Camba
13. Avia González Beira
14. Armando Carril Casanova
15. Raquel González Ferrón
16. Iago Gómez Salgado
17. Inma García Escourido
18. Pablo Santomé Souto
19. Silvana María Castro García
20. Bernardo Fraga Galdo
21. Andrea Martínez Fernández
22. Diego Lourenzo Moura
13. Lucía Martínez González
24. Raúl León Romero
25. Noa Fernández Gómez

Suplentes:
1. Mario Maceiras Dosil
2. Rita Castaño Castaño
3. Rubén Arroxo Fernández
4. Ana Barxa Cid
5. Roi Grande Babarro
6. Lorena Martínez Fernández
7. Xacobe García Souto
8. Águeda Rei García
9. Fiz López Rodríguez
10. Silvia Ferreiro Taboada
11. Anxo Arcai Barral
12. Melania Vilela Vilela
13. Martinho Outeiral Seco
14. Antía Ínsua Lema
15. Xose Anxo Salgado Agrelo
16. Lidia Salgueiro Piñeiro
17. Daniel Candal Castro
18. Andrea González Abraldes
19. Anxo Moledo Carreño
20. Ana Hermida Igrexas
21. Pablo Vidal Ríos
22. Vanessa Pico Fraga
23. Alfonso Villanueva Esperón
24. Andrea Sieiro Paz
25. Vitor Recarei Añón

Proposta Militante

1. Noa Presas Bergantiños
2. Laura Arjonilla Cristóbal
3. Breixo Lousada Valdés
4. Francisco Cortez. Lobão Sineiro
5. Antía Fernández Miraz
6. Laura Rodríguez Pena
7. Tirso Fernández Rodríguez
8. Macías López Iglesias
9. Vítor Pérez Bugarín
10. Sila Cela Ferreiro
11. Roi López Carmona
12. Rubén Guerra Domínguez
13. Pedro Ortueta Bermejo
14. Olalla Conde Seoane
15. Antón Castro Ferreiro
16. Nuria Fernández Iglesias
17. Anxo Sánchez García
18. Luis Miguel Borrajo Gutiérrez
19. Xulio Fernández Carnero
20. Adelaida Vidal Vizcaia
21. Iria Cobaleda Couto
22. Xulio Paramos Vicente
23. Alba García Golmar
24. Luis Enrique Yáñez Estévez
25. Xosé Emilio Vicente Caneda

Suplentes:
1. Ximena Mariel González Ataide
2. Roberto Rodríguez González
3. Galaaz Vaamonde Polo
4. Iago Figueiras Rodríguez
5. Miriam García Rivero.
6. Ilda Blanco González
7. Francisco Pichel Contra
8. Jessica Beiroa Fernández
9. Carlos Artur González Taboada
10. Carme Baz Alonso
11. Marcos González Pérez
12. Sandra Otero Díaz
13. Bernal Rúa Fernández
14. Diego Santório Moscoso
15. Antón Somoza Caxato
Entre todos Galiza Nova

1. Inhigo Ansotegi Soares
2. Rocio Sampaio David
3. Paulo Carlos López López
4. Anxo Sánchez Tallón
5. Balbina Gándara Antelo
6. Estevo Sánchez Gálvez
7. Natalia Cancela Vázquez
8. Miguel Rei Tarrío
9. Brais Fernández Preto
10. Jessica Fernández Polo
11. Afonso Rodríguez Udias
12. Silvia Muíño Naveira
13. Paulo Martínez Lopez
14. Sara Torreiro Rodríguez
15. Pablo Belay Fernández
16. David Álvarez López
17. Cristina Santos Díaz
18. Adrián Romay Lorenzo
19. Iván Paz Taboada
20. Paula Turnes Quintáns
21. Roberto Pardal Coca
22. Nieves Suárez Martínez
23. Anxo Meizoso Permui
24. Vitor Vicente Díaz
25. Lorena Fernández Calvar

Suplentes:
1. Silvio Falcón Rodríguez
2. Marcos Vázquez Trillo
3. Brais Arias Rio
4. María Menduíña Durán
5. Pablo Tortajada Bermúdez
6. Vanessa Vázquez Freire
7. Borja Boado López
8. Ana Barreiro Buján
9. Alexandre Hermida González
10. Rafael Traficante Fernández
11. Lucía Domínguez Rodríguez
12. Raúl Martínez Giraldez
13. Vitor Manuel Giadás Sánchez
14.Leticia Castro Torres
15.Estevo Barcia Galego
16.Alba Ferro Figueira
17.Xerardo Díaz Casal
18.Xoan Lois Valiño Rivas
19.Uxía Araúxo Otero
20.Máximo Sánchez Táboas
21.Saleta Ameixeiras Rodríguez
22.Cristina Miguez Álvarez
23.Xurxo Gregorio Vaqueiro
24.Elba Tenreiro Uzal
25.Saúl Santim Dabranca


quinta-feira, outubro 22, 2009

"Televisión, manipulación!"

tvmanipulacion

Nace a iniciativa "Televisión, manipulación!"

Perante os reiterados episodios de manipulación informativa nos medios de comunicación públicos do noso país, sempre en beneficio do Partido Popular, un grupo de persoas de diferentes sensibilidades que compartimos unha fonda preocupación sobre este feito, após a cobertura parcial e tendenciosa feita pola RTVG en relación á manifestación de Queremos Galego!, impulsamos a iniciativa "Televisión, manipulación!", xurdida dun grupo no Facebook e agora tamén asentada nun blogue (www.televisionmanipulacion.blogaliza.org), para promover accións públicas de denuncia desa situación, co común obxectivo de acadármonos uns medios de comunicación públicos ao servizo da información, a obxectividade e a pluralidade.

Escollimos a denominación "Televisión, manipulación!", consigna berrada por milleiros de persoas na Praza da Quintana o pasado domingo 18, pois entendemos que esta iniciativa é unha continuación desa protesta, un medio ao través da cal canalizala e estendela.

A CAMPAÑA

A primeira acción que vai desenvolver a iniciativa "Televisión, manipulación!" é a da recollida de sinaturas, a través da Rede, coas que remitiremos unha carta ao Director Xeral da CRTVG reclamando un cambio de rumbo na liña editorial da radio e maila televisión galegas.

O texto da carta podese ler integramente aquí, e para asinala tan só é preciso cubrir este formulario.

POLO CESAMENTO DE CARLOS LUÍS RODRÍGUEZ

Esta iniciativa xordeu como indicamos anteriormente dun grupo de Facebook creado a partires da inmensa indignación que provocou a "entrevista" feita polo xornalista Carlos Luís Rodríguez no marco do programa "Foro Aberto" que substituiu a Hai Debate!, e na que o presentador vulnerou sistematicamente os principios profesionais que deben rexer calquera entrevista, emitindo velada ou explicitamente opinións persoais, formulando preguntas capciosas e de claro sesgo ideolóxico, impedindo que o entrevistado as puidese responder e someténdoo a un xuízo ideolóxico que tiña por única finalidade descualificalo e restarlle credibilidade diante da audiencia.

A actitude reiterada, amosada polo xornalista Carlos Luís Rodríguez, quen teima en imprimir un carácter sectario -coincidente cos intereses e posicións do Partido Popular- ao programa, é o que nos leva a solicitar o seu cesamento como condutor do programa.

quarta-feira, outubro 21, 2009

Os videos de Queremos Galego















Ante o éxito da manifestación a prol do galego Anxo Lorenzo pide unha reunión con 'Queremos Galego'



O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, convidou ao voceiro da plataforma Queremos Galego, Fran Rei, a celebrar unha reunión para "debater as accións da Xunta "respecto ao galego, aínda que o voceiro da devandita entidade--que agrupa a 500 colectivos de todos os ámbitos sociais-- considerou que se tratae dun "anuncio mediático", xa que non recibiu "comunicación oficial" do encontro por parte do Executivo autonómico.

"Non temos comunicación formal", asegurou Rei, quen despois achacou o anuncio do departamento autonómico ao "éxito da mobilización do domingo "en defensa do galego, que se celebrou en Santiago coa participación de máis de 50.000 persoas.

Nun comunicado, Lorenzo manifestou a súa vontade de que o voceiro da plataforma "poida transmitir directamente as accións e medidas do Goberno que, ao entender da súa organización, motivaron a manifestación do pasado domingo". Neste sentido, pediu a Rei que presente as súas "alternativas" nesta materia para que "poidan terse en consideración" por parte da Secretaría Xeral.

Pola súa banda, Rei lembrou que Lorenzo "coñece de sobra" as peticións da plataforma cívica xa que "no pasado tivo reunións con varias organizacións" que se integran na mesma, entre as que mencionou a CIG-Ensino, STEG ou a Confederación de ANPAs de centros públicos galegos.

A pesar diso, asegurou que aceptarán reunirse co responsable autonómico de Política Lingüística "unha vez chegue a comunicación formal" por parte da Xunta. "A vontade da plataforma é estar aberta a falar con todo o mundo, aínda que sexa para discrepar, xa que pensamos que é bo chegar a todos o ámbitos e a todas as instancias e non nos imos a negar. Aínda que non estamos dispostos a que sexa unha manobra de cara á galería, para ofrecer unha especie de sensación de diálogo e consenso falsificado", matizou.

Finalmente, avanzou que a plataforma Queremos Galego transmitirá a Lorenzo o seu desexo de que "rectifice na política lingüística" da actual Xunta que, na súa opinión, "está servindo para contentar aos sectores hooligans do PP ".


Fonte: A Peneira

Carlos Callón ''entrevistado'' por Carlos Luís Rodríguez

Carlos Callón, presidente d'A MESA pola Normalización Lingüística, ''entrevistado'' por Carlos Luís Rodríguez no programa ''Foro aberto'' da Televisão da Galiza emitido a 19 de outubro de 2009, um dia depois da manifestação a prol da língua da Galiza em Santiago de Compostela convocada pola Plataforma Queremos Galego


segunda-feira, outubro 19, 2009

Queremos Galego!!!!

O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.

Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna "Televisión, manipulación", o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.

Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país.

quarta-feira, julho 15, 2009

As leccións de Honduras

Theotonio Dos Santos / Correio da Cidadania.

Cóntase un revelador chiste entre os presidentes latinoamericanos:

"- Sabes por que non hai golpes de estado en Estados Unidos?
- Non!
- Porque en EE.UU. non hai embaixada de EE.UU."
Ademais, sabemos que os golpes en Estados Unidos dánse a través do asasinato, puro e simple dos seus presidentes (como no caso de John Kennedy) ou coa axuda da Suprema Corte para impedir o reconto dos votos (como no caso de Bush).
A pesar destes e moitos outros precedentes, vemos agora aos líderes do Partido Demócrata indignarse coa negativa a recontar os votos en Irán, acusado de ser unha tremenda ditadura.
Pero cal é a lección de Honduras? Por primeira vez na historia, os Estados Unidos apoian a condena dun golpe de estado en América Latina permitindo que se realice unha condena unánime dun acto de forza militar en todas organizacións internacionais.
Isto quere dicir que desta vez a embaixada americana non participou do acto de forza? Desgraciadamente non. De xeito indiscreta, un deputado da dereita hondureña revelou publicamente a conspiración que mantiñan os golpistas coa embaixada de EE.UU.
El fíxoo na memorable sección de primitivo disfrace democrático na cal realizouse a “elección” do “sucesor” do presidente Zelaya, que renunciara segundo a carta falsa lida por este novato “sucesor”, que se esqueceu de forxar unha carta de renuncia do vice-presidente, a quen cabería suceder ao presidente secuestrado. Esta sesión foi transmitida por Rádioa Globo de Honduras, última en ser silenciada polos “demócratas” do “goberno provisorio”.

Segundo este deputado, o embaixador de Estados Unidos, que aprobaba a mobilización golpista, había estado en contra de realizar o golpe antes da consulta popular non vinculante, chamada “referendo” pola Corte Suprema hondureña e pola gran prensa internacional que busca desesperadamente xustificar o golpe.
Sería moi difícil crer que o goberno de Estados Unidos estivese ausente da conspiración nun país que serviu de base ás súas organizacións militares mercenarias que desestabilizaron ao goberno lexítimo dos sandinistas. Neste mundo de contra información no cal vivimos, escoitei ao locutor da TV Globo News en Brasil dicir que as organizacións militares dos “contras” hondureños loitaban contra os “guerrilleiros” nicaraguanos.
Sabemos todos os altos custos destas operacións de guerra de baixa intensidade, as cales poden servir de modelo de corrupción para as organizacións de defensa dos dereitos humanos e transparencia. O Congreso de Estados Unidos ocupouse de revelarnos os detalles tenebrosos da operación triangular en contra do goberno sandinista, comandada polo entón vice-presidente de Estados Unidos, George Bush: O goberno de Estados Unidos expandiu as operacións do narcotráfico a partir de Colombia a través dos “contras” asentados de Honduras, Costa Rica e O Salvador. As súas ganancias servían para financiar as súas operacións e, ao mesmo tempo, para comprar armas para o eterno “inimigo” público de EE.UU.: o goberno do Irán.
A pesar das súas diferenzas, os líderes relixiosos iranianos acordaran co entón candidato George Bush prolongar o secuestro dos norteamericanos prisioneiros na súa embaixada en Teherán para desmoralizar a Carter e permitir a vitoria electoral de Reagan a cambio desta axuda militar secreta.
Inmediatamente xorden as acusacións de que este tipo de información fai parte de teorías “conspiradoras”. Con todo, estámonos referindo aos feitos revelados polas investigacións do Congreso de Estados Unidos, o que, todo indica, si cre nas conspiracións, exitosas ou fracasadas.
Estas conclusións refórzanse coas formulacións de Ramsey Clark e o Bispo Filipe Teixeira da Diocese de San Francisco de Asides, na súa mensaxe urxente ao Presidente de Estados Unidos:
Tomando en consideración:
1. A próxima colaboración dos militares de Estados Unidos co exército hondureño manifestado polo adestramento e os exercicios comúns;
2. O papel da base militar Soto Cano, agora baixo o comando do coronel Richard A. Juergens, quen era Director de Operacións Especiais durante o secuestro en febreiro do 2004 do Presidente haitiano Jean-Bertrand Aristide;
3. Que o xefe do Estado Maior do exército hondureño, xeral Romeo Vásquez, foi adestrado na Escola das Américas dos EE.UU.;
4. Que o Secretario Adxunto de Estado Thomas A. Shannon Jr. e o Embaixador dos EE.UU. en Honduras, Hugo Llorens estaban plenamente decatados dos conflitos que conducían ao golpe militar,
“Concluímos que o goberno de Estados Unidos ten responsabilidade do golpe e está obrigado a esixir que o exército hondureño regrese á orde constitucional e evite accións criminais contra o pobo hondureño”.
“Polo tanto insistimos, por de a paz na rexión, que o presidente Barack Obama corte inmediatamente toda a axuda e as relacións co exército de Honduras e suspenda todas as relacións co goberno de Honduras ata que o Presidente constitucional regrese ao seu posto”.
En resumo, o currículo estadounidense en Honduras mostra a dificultade de confiar nos seus designios democráticos na rexión. Quizais a volta dos sandinistas e dos revolucionarios salvadoreños ao goberno logo de anos de brutal represión nos seus países ensine algo á diplomacia estadounidense, aínda vacilante en condenar definitivamente o golpe de estado hondureño.
A prensa internacional expresa estas vacilacións ao chamar a Zelaya Presidente “deposto” e ao golpista Roberto Micheletti Presidente “interino”; ao chamar á consulta non vinculante, proposta por Zelaya para crear unha Constituínte, “referendo” para perpetuarse no poder. Cousas que non se puido escoitar sobre o presidente asasino de Colombia que busca o terceiro período presidencial, nin se escoitaba sobre as pretensións reeleccionistas de Fujimori, Menen ou Fernando Henrique Cardoso.
É tamén revelador entre as súas motivacións a ausencia de referencia na prensa á falsa carta de renuncia do presidente Zelaya lida no parlamento para xustificar a elección do seu sucesor. É cómico que se afirme que este señor foi elixido por unanimidade cando non compareceron a esa sesión os deputados gobernativos ameazados con prisión. Por fin, entre outras insidiosas terxiversacións, preténdese que hai unha confrontación máis ou menos igual entre os defensores armados do golpe e os desarmados manifestantes en contra do mesmo.
Todo isto e as declaracións da secretaria Hilary Clinton sobre o necesario respecto das institucións hondureñas que teñen acordos con EE.UU. móstrannos que hai diverxencias dentro do goberno de EE.UU. Co fantástico apoio internacional co cal conta o presidente Zelaya, estase buscando obrigalo a unha negociación espuria cos golpistas. Ata hoxe a xustiza venezolana non acepta definir como un golpe de estado o que realizaron os seus gorilas locais en 2002. Imaxínese o que van propor en Honduras...
Zelaya e o pobo hondureño teñen moitas dificultades por diante pero non deben acovardarse fronte a elas. Non ten porque baixar a cabeza fronte aos mercenarios e os seus xefes, nin fronte aos golpistas que son desprezados por toda a humanidade, a pesar dos apoios abertos ou ata disfrazados dos grandes medios de comunicación.
Theotonio Dos Santos é Presidente da Cátedra e Rede sobre Economía Mundial e Desenvolvemento Sostible da UNESCO. Profesor emérito da Universidade Federal Fluminense (UFF) de Río de Janeiro.