terça-feira, abril 28, 2009

Esolas de ferrado, escolas populares galegas

As escolas de ferrado chamábanse así porque inicialmente se pagaba un ferrado anual de centeo, millo ou trigo pola escolarización de cada neno ou nena. estas escolas, que persistirán ata os inicios da década de 1970, instalábanse en locais improvisados, dispuñan dun mobiliario e material rudimentario e limitábanse normalmente ao ensino das destrezas básicas –ler, escribir e contar–, seguindo procedementos didácticos tradicionais. Os seus encargados, os escolantes, tiñan unha formación literaria limitada, pois as máis das veces só fixeran estudios primarios, e carecían de formación pedagóxica. Compaxinaban o ensino co traballo da terra e outros oficios. Malia todas estas carencias, subliñadas pola administración escolar e a pedagoxía, as escolas de ferrado cumpriron unha importante función, pois nelas aprendeu a ler e a escribir unha boa parte da poboación rural galega. (Da sinopse do libro: Escolantes e escolas de ferrado, autor: Gabriel, Narciso, editado por Xerais)

Sem comentários: