quarta-feira, abril 29, 2009

O falanxista Uzal nomeado director xeral de Administración Local


Ninguneado e desposeído da Función Pública galega, Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia camiña por rutas imperiales cara a despeñarse no abismo político. Co nomeamento de José Norberto Uzal Tresandi, candidato da Falange ao Parlamento Europeo como director xeral de Administración Local, Rueda fai honor á vella divisa falanxista de Familia, Municipio y Sindicato.

Voltamos ao máis rancio dos vellos tempos?

Os novos Xefes Territorias, triste denominación de inspiración falanxista, cabezas dunha administración de exacerbado provincialismo; o caracter eminentemente político dunha consellería que perde á súa dirección xeral máis técnica, Función Pública; a dura loita dentro do PP por restar protagonismo aos Gauleiter provinciais e apañadores de votos, indican que Feijoo colocou nesta consellería a un peón que vai facela funcionar a toda máquina como un instrumento partidario para consolidar o poder do seu führer dentro do partido.

Que sorpresas nos vai deparar o rascar nos curriculums do resto dos agraciados dos últimos días?

2 comentários:

Carlos disse...

Hoxe, pensando nesta personaxe, lembreime dos meus anos en Compostela. Lembreime dunha tempada na que no Campus Sur se produciran unha serie de agresions homofobas. Ao lado desta lembranza apareceume outra. A de Norberto e unha cuadrilla dos seus colegas que montaran unha pequena organizacion de estudantes falangistas na universidade e andaban a queixarse de que si no Campus Sur habia muitos homosexuais e iso. Non estou a acusalo a el de ter participado personalmente nestas agresion. De feito penso que Norberto e un cagon e non teria feito isto ainda que igual me equivoco. Ainda asi, persoalmente non me cabe dubida de quen estaba detras destas agresions: Norberto e os seus secuaces.
Fai muitos anos, xa sei, pero eu non esquezo a estes cans cheos de odio.
El mesmo foi victima de agresions antifascistas algun tempo despois. Este foi o hito na sua vida que o fixo cambiar de direccion na sua actitude politica. Ele sabe que o seu odio ten armas muito mais potentes dende o PP e as institucions que dende unha anecdotica falange e uns paus na rua.
Saude.

Galiza Sosego disse...

Supoñemos, querido amigo Carlos, que este tipo de personaxes son os que nos vai tocar aturar un mínimo de catro anos; e quen sabe se mais. Poren, está na man de todas as galega e galegos de ben, denunciar publicamente os mínimos actos atidemocraticos dos que gustan estas xentes; e coa mesta temos todo o dereito (e obriga) de coñecer o seu pasado público, de telo.