sexta-feira, maio 01, 2009

Pola creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego

Galiza Sosego (GzS)

Apoia e faixe eco da Campaña:

Da o teu apoio ao manifesto


Pola creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego

1.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que acade recursos económicos para a creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego, a todos os niveis, con especial atención dende os niveis inferiores (de cero a 6 anos), deica a finalización da educación obrigatoria (sobre os 16 anos).

2.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” cun ideario laico e pluralista.

3.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que promova e apoie as escolas privadas laicas que usen o galego como lingua de ensino.

4.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que busque a consecución por medio do ensino en galego, con métodos científicos a competencia lingüística nas linguas romances de tronco común como o portugués, catalán, castelán, francés, italiano,...

5.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” para desenvolver un ensino científico e de calidade, que ademais permita acadar a competencia lingüística noutro idioma como o inglés, alemán, ruso, chinés..... e que procure nocións da lingua vasca (euskera), como outra lingua do Estado Español.

6.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que axude as familias para facilitarlles os medios, as ferramentas, para que poidan desenvolver a súa vida con normalidade en galego.

7.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que unha vez en marcha de inmediato poderá poñer en práctica o proxecto educativo global en galego, como pode ser en convenio cos centros de ensino privados existentes, ou coa creación de novos centros.

8.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que reclame da administración pública os recursos económicos precisos para o desenvolvemento dunha rede galega de ensino en galego, tanto na súa parte pública como privada.

9.- Tendo en conta que a asociación popular “Galiza co Galego”, contará con asociados nun número inicial de 3000, que ao mesmo tempo, na maior dos casos serán beneficiarios da rede de ensino en galego, comprometo a miña afiliación, á asociación popular “Galiza co Galego”, cunha cota anual de 100 a 200 euros, que farei efectiva no momento da súa constitución.
.
Da o teu apoio ao manifesto

Sem comentários: