sexta-feira, maio 29, 2009

Cousas que non comprendo.

Entre as cousas que non comprendo (recoñezo que cada día que pasa son mais ignorante), é a simplicidade argumental para descargar o noso odio sobre colectivos cunha absoluta xeneralización e polo tanto desbordante dunha enorme inxustiza. Exemplos temos moitos; aquí mesmo, na nosa casa, se escoitan a unha rapaza ou un rapaz falar galego, xa é etiquetado por algúns sectores da nosa sociedade coma un antiespañol. Por razóns lingüísticas, etiquetase xa a unha persoa politicamente. Non ten sentido. Mais isto ben por unha ignorancia cultural moi grande. Está claro que as políticas culturais seguidas polos distintos gobernos do estado español non foron en ningunha maneira acertadas no referente a realidade lingüística existente no estado. A realidade lingüística, limitárona cultural e exclusivamente ao ámbito no que se producía, xerando no resto do territorio do estado, un descoñecemento que leva ao rexeitamento. Si dende a transición, en tódolos centros de ensino do estado, dérase aínda que so fora unha hora a semana unha signatura de “linguas do estado”, seguramente os nenos e nenas de aquela, hoxe xa adultos, non sentirían maioritariamente o medo ao feito diferencial en cuestión lingüística. Está claro que canto mais cultura, menos odio e maior tolerancia.


Nos últimos días, tiven coñecemento doutro caso de criminalización por parte dun sector da sociedade contra un colectivo, polo simple feito de tratar de dar a coñecer súa propia cultura. Os “Minyons de Terrassa”, grupo “castellera” desa localidade catalá, foron convidados a participar no Festival de culturas mediterráneas na localidade de Akko en Israel, e déronllela oportunidade de mostrar unha parte da cultura de Catalunya ao pobo de Israel. Xa antes de producirse a actuación no Festival, sufriron un acoso sistemático por parte de determinados sectores da sociedade para impedir que puideran levar fora das súas fronteiras a súa cultura. Con todo, a cordura deste pequeno grupo “castellera” non os botou atrás e participaron no festival. Pero a presión continua contra eles. Agora xa é un feito que estas persoas, polo mero feito de trasladar a súa cultura, xa son antipalestinos (como mínimo). Estamos outra vez nas mesmas. É que o pobo de Israel é o seu goberno? Temos que catalogar e etiquetar a todo o pobo dunha nación polas decisións que adoptan os seus dirixentes? Acaso tódolos galegos somos galegofobos por ter un goberno que odia o galego. E por extensión, como este grupo “castellera” trasladou a súa cultura ao pobo de Israel, xa ten que coincidir politicamente coas teses do goberno de Israel? Se viñeran a Galiza serían galegofobos por ter nós aquí un goberno antigalego? Está claro que eu non entendo este tipo de criminalización.


Eu non comparto de ningunha maneira a política que desenvolve o goberno de Israel, pero non odio aos seus habitantes. Tampouco comparto de ningunha maneira a política dos dirixentes de Hamas, pero non odio aos palestinos. Nin compartía a política de Bush e iso non me impedía ver moitas bondades nas xentes dos Estados Unidos. Non comparto a política de Corea do Norte, pero non podo odiar aos pobres coreanos, xa teñen dabondo os pobres, como para ter que cargar co meu odio. Eu quixera poder coñecer mais a cultura palestina, coreana, israelí, catalá, norteamericana, tailandesa, australiana, etc.. O coñecemento de culturas distintas a miña so pode contribuír de forma positiva sobre a miña persoa.


Está claro que como diga que respecto politicamente os prantexamentos da esquerda abertzale, xa serei catalogado coma cómplice de ETA.


Fernando R. Dacosta

segunda-feira, maio 25, 2009

Parte de Guerra

A editorial de Galiza Sosego (GzS), é bastante rigorosa no referente ao emprego de outras linguas distintas ao galego-portugués no blogue. Só en casos moi excepcionais, onde se require do emprego da lingua orixinal para o bo entendemento do texto en tódolos seus matices, accedese a publicarse. Con todo, sempre será algo de carácter moi excepcional.

A continuación publicamos na súa lingua orixinal o,  

Parte de guerra de nuestro invicto Caudillo tras la Mesa General del 22 de mayo del septuagésimo tercero Año Triunfal


Españoles todos.


Con viento de levante y cubiertos por el plúmbeo manto del cielo de nuestra querida región gallega, el día 22 de mayo del año del señor 2009, onomástica de Santa Rita de Casia, bajo cuya divina protección y designios nos hallamos, septuagésimo tercero aniversario de la Victoria en nuestra Cruzada Nacional, las gloriosas fuerzas nacionales guiadas por nuestro caudillo Alberto Feijoo, capitaneadas por el Director General de Función Pública José María Barreiro Díaz, y apoyadas fervorosamente por el frente sindical CSIF, ejecutaron el primer paso del plan cuidadosamente elaborado por nuestros aliados bilingües de Rosa Diaz y Falange Auténtica, adalides de la sacrosanta unidad de la Nación Española, por la gracia de Dios.


La estrategia planificada contó con una fase previa de distracción el día 13 de mayo, día de Nuestra Señora de Fátima, bajo la advocación de la cual nos situamos, en fecha en la que, de forma perfectamente estudiada, flanqueamos a nuestros adversarios con diversas promesas de afrontar minucias pendientes como concursos de traslados, procesos selectivos, carrera profesional, retribuciones y un largo etcétera de cuestiones secundarias, logrando así asestar el primer golpe en la batalla que nos consagrará como los grandes garantes de progreso y unidad de la Grande, Única e Indivisible Nación Española.


Distraídos del objetivo principal, las hordas comunistas-separatistas, masónicas y judeo-anarquizantes y brazos armados del terrorismo más abyecto y despreciable, CIG, CCOO y UGT comandados por los primeros, se enfrentaron a la convocatoria de la primera y extraordinaria Mesa General el día 22,  en la que nuestras tropas dieron el primer paso para retomar nuestra lucha incansable en busca de la desaparición de ese dialecto hablado en la hermosa región gallega, que tanto denigra a sus habitantes impidiéndoles conseguir acceder a verdaderas cotas de Cultura y Conocimiento, como ofrece nuestro idioma puro, limpio y universal, garante de la indivisibilidad de nuestra Nación Española.


En la gloriosa Mesa del día 22, nuestras tropas se enfrentaron brava y heroicamente, en una primera escaramuza mientras arreciaban nuevos vientos, a un reducido número de impresentables e incultos infrahombres defensores de ese denigrante dialecto que ellos llaman “lingua propia de Galiza” quienes, concentrados en las escaleras de la ya reconquistada Escuela Gallega de Administración Pública, aupaban a una representación de sinvergüenzas y vividores que se atrevieron a increpar a nuestros glorioso capitán y demás tropa de libres designación y miembros de la asociación profesional CSIF.


Como no podía ser de otra manera, dando ejemplo de amabilidad y magnanimidad, nuestro capitán decidió rebajarse al nivel intelectual de tal grey de paletos y campesinos que dijeron tener dificultades para entender la lengua de Cervantes por, supuestamente, problemas de “oído”.


Tras soportar las duras palabras que profirió la alianza CIG-CCOO-UGT, con incluso alguna falta de respeto hacia el honor intachable de los únicos verdaderos defensores de la Patria, nuestras tropas resistieron heroicamente como corresponde a su superioridad moral y humana, no hincando la rodilla, el embate de las hordas rebeldes. En el fragor de la contienda fueron citados para el lunes, día 25, onomástica de Santa María Magdalena de Pazzi, con cuya protección divina contamos, y, como era de esperar de tal grupo de exaltados desconocedores de la más mínima bonhomie, declinaron su asistencia como una muestra más de su cobardía e incapacidad cultural. Así pues, con la batalla ganada, la guerra quedará para una nueva campaña bélica en otro campo de batalla, el Parlamento regional.


Españoles todos. No cejaremos hasta conseguir nuestro objetivo final: la libertad de elección será lo primero, y el empleado público no tendrá ya, nunca más, que conocer ese repugnante y denigrante dialecto gallego, porque los gallegos de bien no hablarán más lengua que la de nuestra gloriosa Nación Española, Única, Indivisible y Unidad de Destino en lo Universal. Retomaremos nuestra sacrosanta cruzada contra todas esas hordas de parásitos rojos y separatistas, contra la resucitada Hidra Marxista, contra el intento de reedición del Contubernio de Munich, empezando por aquello que más los identifica y une: su denigrante dialecto, fruto de la más terrible incultura e intolerancia.

Venceremos de nuevo en esta guerra, siendo nuestra primera victoria la restauración de la vergüenza, la erradicación del orgullo y la ruptura definitiva de la transmisión de ese repugnante dialecto de padres a hijos.


Españoles: la Gloriosa Cruzada del Movimiento Nacional vuelve en todo su esplendor.


¡¡ ARRIBA ESPAÑA!!


En San Cayetano, a 23 de abril de 2009


El Generalísimo



Feijoo


Muiñeira estelar

Unha estrela emite un son similar á muiñeira.

CiberIrmandade da Fala

A estrela xigante xi Hydrae está afastada do sistema solar por 130 anos luz. A súa peculariedade é que emite un son cun compás e ritmo similares aos da nosa danza tradicional . Xi Hydrae é unha estrela xigante amarela. A súa  luminosidade é unhas 60 veces maior que a luminosidade solar e ten un radio 10 veces máis grande que o do Sol. A súa idade estímase en 276 ± 21 millóns de anos. Esta gravación está recollida na páxina anglófona www.windows.ucar.edu. e tamén a podes escoitar nesta ligazón: Gravación da estrela xi Hydrae.  

domingo, maio 24, 2009

Manifesto a prol do albergue público na cidade de Vigo.


2ª cadea humana. Maio 2009


Máis de 400 persoas da cidade de Vigo mal vive/mal morre na rúa debido as carencias económicas, sociais e de saúde xa que non existe ningún centro público que cubra as necesidades urxentes de apoios residenciais.

No que vai de ano 14 persoas faleceron na rúa de Vigo, unha cidade que carece de recursos de carácter público para atender ás necesidades das persoas sen fogar.

A xunta de Galiza incumpriu de forma reiterada a posta en marcha do Centro de inclusión Social na cidade de Vigo, un proxecto enmarcado na Rede de Centros de Inclusión Social do II Plan Galego de Inclusión Social (2007-2012).

Hoxe, aquí, a Rede Social Galiza Sur convoca a cidadanía viguesa para apoiar e celebrar simbolicamente a apertura deste Centro, cuias obras de acondicionamento xa foron rematadas e que consideramos unha realidade inaprazábel. Porque Vigo e a súa cidadanía precisas dun dispositivo público que cubra as necesidades urxentes da poboación en situación de vulnerabilidade e pobreza.

Ante esta situación atopamos un cruce de manifestacións e diversas consideracións realizadas nas últimas semanas dende distintos organismos e entidades públicas e privadas, posicionandose sobre o uso do edificio do Fogar de San Paio, máis coñecido como ``Gota de Leite´´, escollido pola Xunta de Galiza para o emprazamento do Alberge Público. Non desexamos xerar máis polémica. Estamos aquí para lembrar que este edificio historicamente foi adicado como centro de acollida, que a Xunta de Galiza xa decidira ubicar o Centro de Inclusión Social e Alberge Publico nas súas dependencias, que ésta é unha necesidade de máxima urxencia na cidade, que apoiamos á iniciativa e reclamamos a súa apertura inmediata.

Consideramos que a posta en marcha deste Centro Público na cidade e a súa ubicación no edificio da ``Gota de Leite´´ debe ser un proxecto de cidade independentemente de quen lidere ou xestione, un proxecto prioritario e urxente.

Polo tanto:

  • Esiximos unha resposta inmediata ás necesidades das persoas sen fogar e as situacións de emerxencia e pobreza severa.

  • Solicitamos que a este proxecto non se lle poñan máis trabas administrativas porque non podemos permitir que se siga a negociar coa pobreza.

  • Exisimos á Xunta de Galiza a apertura inmediata e inaprazabel do Centro de Inclusión Social e Albergue Público neste edificio, pois é espazo extraordinario para ese uso.

  • Insistimos, reclamamos a súa apertura inédita sen máis dilacións.

Mais información en http://www.alberguexa.blogspot.com/

Os traballadores do Metal bloquean en oito puntos os accesos de Vigo e provocan un colapso total na cuarta xornada de folga

Forzas antidisturbios acosaron aos folguistas, cargando en varias ocasións, polo que se refuxiaron nos estaleiros

O 21 de maio tivo lugar a cuarta xornada de folga do metal, no que desta volta o obxectivo era cortar en oito puntos distintos os accesos de Vigo, mesmo bloqueando a peaxe de Pontevedra en Vilaboa. Unha nova demostración de forza e organización dos traballadores do Metal fixo realidade este obxectivo. A Policia acosou desde primeira hora aos folguistas, e despois das once da mañá cargaban en Guixar e tamén contra un grupo de Barreras na zona de Coia. Os traballadores reagrupáronse nas zonas dos estaleiros, en Barreras e Vulcano, e volveron dar unha boa mostra de organización, valentía e forza dun sector que está disposto a dar esta batalla por un convenio xusto.
21.05.09 Folgametal XXX

Desde as oito da mañá nas distintas zonas industriais volvian ter presenza os piquetes, que para esta xornada tiñan reservada unha acción sorpresa: bloquear en oito puntos os distintos accesos a Vigo, de autovias e autoestradas. Asi desde primeira hora da mañá comezaban a bloquearse a rotonda da zona Franca de Bouzas, a rotonda de Navia, Vincios, a Avenida de Madrid, a rotonda de Guixar, a autovia do Porriño e a peaxe de Pontevedra en Vilaboa.

Colapso da peaxe en Pontevedra

Na cidade de Pontevedra os piquetes colapsaban a peaxe de Vilaboa, na dirección a Vigo, durante máis dunha hora, desde as dez da mañá. Despois os folguistas trasladáronse fronte ao edificio no que tiña lugar o Consello da Xunta na cidade de Pontevedra, onde permaneceron concentrados para denunciar o papel da Xunta neste conflito, no que non se está a implicar.

Camiñada e cortes de tránsito desde a Avenida de Madrid

Os traballadores da zona de Puxeiros e da Avenida de Madrid cortaron o tránsito fronte ao Seminario Maior desde as dez da mañá, onde permaneceron corenta e cinco minutos, até que a Policia ameazou con desaloxalos. Despois realizouse unha concentración fronte á Seat na Avenida de Madrid, e de novo pola presión policial, os traballadores decidiron achegarse até a Praza do Rei, diante da posibilidade de que se celebrara ali unha asemblea.

Os folguistas baixaron pola Gran Via, e mesmo deron unha volta ao redor de El Corte Inglés, e realizaron unha longa marcha, baixo unha forte presión policial, polo centro de Vigo, por Colón, Beiramar, até chegar ao estaleiro de Barreras para apoiar aos compañeiros que ali estaban sitiados.

Cargas para o grupo de Vulcano

O persoal que estaba concentrado fronte a Vulcano saiu ás dez do estaleiro, escoltados en todo momento por antidisturbios, e dirixíronse á rotonda de Guixar, onde realizaron un corte. Ao seu encontro acudiu unha parte do piquete de Barreras, que se chegou até esta zona unha parte polo túnel de Beiramar e outra polo nó de Isaac Peral. Este segundo grupo bloqueou o tránsito no nó de Isaac Peral mais foi desaloxado pola Policia, e decidiron acompañar aos compañeiros de Vulcano que permanecían na rotonda de Guixar.

Mentres se estaba a realizar unha asemblea nesta rotonda, e un grupo dos traballadores permanecía cos mans en alto diante dos antidisturbios, estes cargaron con dureza. O grupo de traballadores reagrupouse en Sanjurjo Badía, onde volveron cargar, mais os policias permaneceron na entrada desta rúa en obras.

Na rotonda que baixa para Vulcano, pola rúa Enrique Lorenzo, os traballadores volveron reagruparse, e ao chegar a Vulcano encontráronse cunha nova carga policial. Ao tentar entrar no estaleiro, polo acoso e a violencia da carga, encontráronse coas portas pechadas. As persecucións e cargas continuaron polo bairro do estaleiro até perto das dúas da tarde. É salientábel a resposta de moitas das persoas que foron testemuñas destas cargas, que mostraron o seu rexeitamento e repulsa á violencia policial.

Cortes na Zona Franca e Navia

Da zona de Barreras saíron varios grupos de piquetes, e unha parte deles achegouse até as rotondas da Zona Franca de Bouzas, onde se bloquearon os accesos durante perto dunha hora. Diante da ameaza policial dunha carga, este grupo trasladouse polo bairro de Bouzas até Coia, subindo pola Avenida de Castelao até a rotonda do Alcampo de Coia.

Nesta rotonda encontráronse cunha parte dos compañeiros de Barreras, que estiveran cortando o tránsito na rotonda de Navia, asi como con outros traballadores que se lle uniron a este grupo, e que chegaban do Polígono do Caramuxo e zona da estrada de Baiona. Este grupo cando recebeu a ameaza de desaloxo da rotonda de Navia foi camiñando até a estrada de Baiona, pasaron por diante de Citroen, e subiron por Martin Echegaray.

Carga polas costas na Avenida Castelao

Unha marcha de milleiros de traballadores que se xuntaran nesta rotonda dirixíase cara a Praza de América, e de repente, o grupo de antidisturbios que seguia de perto a esta manifestación comezou a lanzar botes de fume e pelotas de goma contra os traballadores, sen previo aviso e polas costas.

Os antidisturbios corrian mesmo polas beirarrúas, e un traballador do Metal tivo que axudar a unha señora cun neno pequeno a refuxiarse nunha tenda, mentres pasaba esta avalancha de fume e policias.

O refuxio de Barreras

Unha maré de traballadores correu até o estaleiro de Barreras para refuxiarse. Dúas barricadas a un e outro lado de Beiramar nesta zona impediría que cando chegaran os furgóns policiais puideran situarse tan perto como na anterior carga.

Aínda asi, durante máis de dúas horas os policias continuaron lanzando botes de fume e pelotas de goma, mesmo desde os dous lados de Barreras. Os traballadores resistiron a este embate policial, e pouco antes das dúas da tarde a presenza policial desaparecía deste estaleiro.

Asemblea final

Asi, para rematar a xornada tivo lugar unha asemblea no interior do estaleiro, na que interveu Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, na que sinalou que "mañá a primeira hora da mañá trasladarase a decisión tomada polas centrais sindicais á hora de realizar novas accións, porque imos continuar a darlle unha resposta".

Alcántara lembrou que "o que sucedeu hoxe non é nada fortuito", e recordou a asemblea da patronal do Ifevi na que reclamaban a actuación policial, e criticou o papel dos medios "que están a sinalar que a Policia actuou en resposta a nosa provocación", xa que "están a manipular a realidade dunha maneira insidiosa, para culpabilizar aos que non teñen culpa. Os verdadeiros culpábeis e os que cometen algún tipo de delito e de violencia nas empresas é a Patronal".

O secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG asegurou que "aqui os agresores se queren converter en vítimas e iso non llo imos permitir, porque somos parte da sociedade, somos traballadores e a grande maioría social, e a xente ten que saber porque estamos a loitar". Alcántara subliñou que "se hoxe houbo alguén aqui agredido foron os traballadores do Sector e non a policia".

Críticas ao papel das Administracións

Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, criticou o papel que está a xogar tanto a Administración galega como a española xa que "na Xunta non se está a facer nada por mediar neste conflito, e a Delegación do Goberno español xa vimos hoxe como pensa actuar neste conflito: con actuacións policiais desmedidas e criminalizando aos traballadores".

Malvido lamentou que "volvamos a tempos escuros nos que as forzas represivas do Estado volven actuar ao servizo dos poderosos e empresarios", asi como criticou que "os medios, os empresarios e a Policia teñan tan claro quen son os culpábeis desta situación cando nós sempre estivemos dispostos a negociar o convenio, e cando as nosas mobilizacións son un exemplo e mostra de forza mais tamén de responsabilidade e dignidade obreira".

Por último, o secretario nacional da CIG-Metal avaliou moi positivamente as xornadas de folga desta semana, e incidiu en que "esta última foi unha mostra de organización moi importante".

Máis imaxes

Nesta ligazón, podedes atopar máis imaxes desta xornada.

Podes velo video na seguinte ligazón:

http://www.galizacig.com/avantar/novas/21-5-2009/os-traballadores-do-metal-bloquean-en-oito-puntos-os-accesos-de-vigo-e-provocan-un-c


quinta-feira, maio 21, 2009

Outra ameaza cubana.

Anjel Guerra Cabrera / La Jornada.


En 2008, o Sydney Morning Herald daba conta da preocupación dos gobernos de Estados Unidos e Australia pola presenza de persoal de saúde cubano no sur de Asia e o Pacífico, unha “ameaza -dicía- á seguridade rexional”. É curioso que a potencia hexemónica mundial, embarcada en dúas guerras coloniais en Asia, e o seu principal aliado no Pacífico sur, preocúpense por un exercicio de impecable solidariedade humanitaria dun pequeno país de pouco máis de 11 millóns de habitantes, sometido, ademais, á perenne hostilidade e a asfixia económica pola primeira. A diferenza das tropas e bases militares de Washington, os traballadores da saúde cubanos están presentes para salvar vidas onde o seu concurso foi solicitado polos gobernos nacionais, case sempre en paraxes remotas onde nunca foi un médico, sexa porque a nación anfitrioa carece do persoal ou porque este non queren traballar naqueles.


A cooperación internacional de Cuba en saúde non é nova. Forma parte da tradición solidaria da revolución, iniciada nese campo desde o ano 1960 coa presenza dunha brigada médica que atendeu ás vítimas do terremoto ocorrido entón en Chile e continuada co envío doutra á Alxeria recentemente liberada do colonialismo. Entón a illa perdeu a metade do seu persoal médico, estimulado a emigrar a Estados Unidos, pero hoxe conta con 14 veces máis médicos e paramédicos e a proporción máis favorable no mundo de doutores por habitante. Unicamente así podía crear e consolidado o seu sistema de saúde gratuíta e universal sen precedente, contribución senlleira á dignidade dos cubanos ao propiciarlles o goce deste dereito humano fundamental do que está privado gran parte do xénero humano. Dunha facultade de medicina que existía ao triunfo revolucionario, Cuba conta actualmente con 22 universidades de medicina ao longo da súa xeografía e ademais, coa Escola Latinoamericana de Medicina, onde estudan máis de 10 mil mozos de 28 países, incluídos caribeños, africanos, árabes, asiáticos e estadounidenses pobres.


Máis de 80 nacións reciben colaboración médica cubana e 14 benefícianse do Programa de Atención Médica Integral para América Latina, o Caribe, África e Asia, xurdido a iniciativa de Fidel Castro cando a raíz do devastador paso do furacán Mitch foron enviados varios continxentes de médicos cubanos a países de Centroamerica. Participan deste programa, entre outros, Haití, Belice, Guatemala, Honduras, Nicaragua, Bolivia, Laos e Timor Leste.


O caso de Haití é emblemático posto que o precursor da independencia e a liberación dos escravos en América Latina é hoxe unha das nacións máis empobrecidos do planeta, sometida a constantes intervencións militares, prezo que lle fixeron pagar os grandes poderes pola súa ousadía. Alí a atención médica de 75 por cento da poboación recae na brigada cubana, que ademais do asistencial salienta na educación para a saúde das comunidades e a medicina preventiva. Como en todos os países onde serven, os médicos cubanos abstéñense de intervir na política local pero coordinan a súa actividade cos distintos niveis de goberno, organizacións populares, de barrio e igrexas. Cuba e Venezuela constrúen tres Centros de Diagnóstico Integral noutros tantos departamentos (provincias) de Haití -chegarán no futuro a 10; un por cada departamento do país-, nos que médicos cubanos e haitianos recentemente graduados en Cuba prestarán servizos gratuítos de cirurxía, cardioloxía, terapia intensiva, xinecoloxía, laboratorio clínico, radiografía e ultrasón. Haití só conta con 2 mil médicos, concentrados case todos na capital e predominantemente privados, polo que os seus servizos non están ao alcance da gran maioría dos seus cidadáns. Este só dato permite calibrar o que representa o achegue dos ao redor de 500 cooperantes cubanos de saúde e os seus colegas haitianos formados en Cuba. Pero en países como Belice a metade do persoal de saúde activo é cubano e en Guatemala, Honduras e Nicaragua a súa cobertura alcanza a varios millóns de persoas.


Cuba propuxo na ONU un programa para erradicar a sida en África. Recaería totalmente en persoal da illa cun fondo financeiro para medicamentos e equipos achegado polos países ricos. Aínda se espera a súa resposta.

http://www.jornada.unam.mx/2009/05/21/index.php?section=mundo&article=026a1mun

Ana Miranda. Candidata do BNG as elecións ao Parlamento Europeo

segunda-feira, maio 18, 2009

É merecente esta sociedade de sobrevivir?


O actual Presidente da Asemblea Xeral da ONU, Miguel d'Escoto Brockmann, ex-chanceler da Nicaragua sandinista, está dotando dun rostro novo á entidade. Creou grupos de estudo sobre os máis variados temas que interesan especialmente á humanidade sufrinte, como a cuestión da auga doce, a relación entre enerxías alternativas e a seguridade alimentaria, a cuestión mundial dos indíxenas e outros. O grupo tal vez máis significativo, que inclúe a grandes nomes da economía, como o premio Nóbel Joseph Stiglitz, é o que busca saídas colectivas para a crise económico-financeira.


Todos son conscientes de que os países do G-20, por importantes que sexan, non conseguen representar aos 172 países restantes, onde viven as principais vítimas das turbulencias actuais. D'Escoto pretende reunir os días 1, 2 e 3 de xuño deste ano na Asemblea da ONU a todos os xefes de estado dos 192 países membros para buscar xuntos camiños sostibles que sirvan a toda a humanidade e non soamente aos poderosos.

O máis importante, con todo, reside na atmosfera que creou, de diálogo aberto, de sentido de cooperación e de renuncia a toda violencia na solución dos problemas mundiais. O seu despacho está cuberto coas iconas que inspiran a súa vida e a súa práctica: Xesús Cristo, Tolstoi, Gandhi, Sandino, Chico Mendes entre outros. Todos chámano pai, pois segue sendo sacerdote católico, cunha profunda inspiración evanxélica. É un home de gran bondade, que lle vén de dentro e que contaxia a todos.


Baixo a súa influencia o presidente de Bolivia Evo Morales puido propor á Asemblea Xeral que se votase a resolución de instaurar o día 22 de abril como o Día Internacional da Nai Terra, proposición que foi aceptada por unanimidade. Foi unha honra para min poder expor aos representantes dos pobos os argumentos científicos, éticos e humanísticos desta concepción da Terra como Nai.


Todo isto parece natural e obvio e dun humanismo obvio. Con todo “vexan a ironía”, hai representantes dos países ricos que atopan o comportamento do pai Miguel moi estraño. Hai pouco apareceu un artigo no Washington Post facéndose eco desta calidade. Dicía o articulista que Miguel d'Escoto fala de cousas estrañísimas que nunca se oen na ONU, talles como solidariedade, cooperación e amor. Nos seus discursos saúda a todos como irmáns e irmás (Brothers and Sisters all). Máis estraño aínda, di o articulista, é o feito de que moitos representantes e ata xefes de estado como Sarkozy están asumindo ese mesma linguaxe estraña.


Meu Deus, en que nivel do inferno de Dante atopámonos? Como pode unha sociedade construírse sen solidariedade, cooperación e amor, privada do sentimento profundo expresado na Carta dos Dereitos Humanos da ONU de que todos somos iguais e por iso irmáns e irmás?


Para un tipo de sociedade que optou por transformar todo en mercancía: a Terra, a natureza, a auga e a propia vida, e que coloca o gañar diñeiro e consumir como ideal supremo por encima de calquera outro valor, por encima dos dereitos humanos, da democracia e do respecto ao ambiente, as actitudes do presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas parecen realmente estrañísimas. Están ausentes do dicionario capitalista.


Debemos preguntarnos pola calidade humana e ética deste tipo de sociedade. Ela representa sinxelamente un insulto a todo o que a humanidade predicou e intentou vivir ao longo de todos os séculos. Non sen razón está en crise, que máis que económica e financeira é unha crise de humanidade. Representa o peor que hai dentro de nós, o noso lado
“demens”. Mostrouse insostible ata financeiramente, exactamente no punto que é central para ela.


Este tipo de civilización non merece ter ningún futuro. Esperemos que Gaia se apiade de nós e non exerza a súa comprensible vinganza. Mais se por dez xustos, segundo di a Biblia, Deus perdoaría a Sodoma e Gomorra, nós esperamos tamén ser salvados polos moitos xustos que aínda florecen sobre a face da Terra. 

Leonardo Boff

http://servicioskoinonia.org/boff/articulo.php?num=328

Nomenclátor de Galiza 2008.


O Instituto Galego de Estatística publica hoxe o Nomenclátor de Galiza 2008.


No Nomenclátor recóllese unha relación detallada das entidades e núcleos de poboación de Galicia coa súa poboación a 1 de xaneiro de cada ano. A poboación dos concellos está distribuída nas diferentes entidades singulares, entidades que á súa vez se poden agrupar ou non en parroquias. Nalgúns concellos hai entidades singulares (que polo xeral dan nome á zona urbana do concello) que non están agrupadas en parroquias. Por exemplo, o concello de Vigo está constituído por dúas entidades singulares de poboación (Cíes e Vigo) e por 18 entidades colectivas que agrupan a súa vez ao resto de entidades singulares do concello. Cada entidade singular pode estar constituída por ningún, un ou máis núcleos de poboación. A poboación da entidade singular que non está incluída en ningún núcleo considérase en diseminado. Deste xeito podería haber entidades singulares constituídas por un ou varios núcleos, entidades singulares todas elas en diseminado, ou ben entidades singulares con un ou varios núcleos máis un diseminado.


Pódese consultar na súa Web nesta ligazón.

domingo, maio 17, 2009

Pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego

O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela.

("Da vella roseira", Victoriano Taibo)

O 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas manifestándonos en Compotela en defensa do noso idioma. Poque o galego é a nosa columna vertebral, o idioma que nos une. Vén cada nós, para expresarmos todas e todos xuntos que queremos vivir en galego. 

Adherímonos así mesmo ao "Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego", promovido por A Mesa pola Normalización Lingüística.

sábado, maio 16, 2009

Por que deixei de escribir no Xornal de Galicia


Miguel Boó.

Como queira que os meus amigos e lectores do meu blog queren saber as razóns polas cales xa non aparecen as miñas columnas no Xornal de Galicia, paso a explicar moi brevemente o acontecido.

O 8 de abril enviei ao devandito periódico o meu artigo semanal, titulado “A UPG, cancro do BNG”, para ser publicado o Domingo de Pascoa ou de Resurrección. Como non apareceu nin na versión papel nin na edición dixital, dirixínme á responsable de opinión e deume unha curiosa explicación: que como se produciran novas en relación cos movimentos precongresuais do BNG, que aparentemente non coincidían coas apreciacións expresadas no meu artigo, decidiran aplazar a súa publicación ata despois de falar comigo.

Cando expliquei que para nada había contradicción entre o sucedido e o que eu aventuraba no texto, e que, en calquera caso se trataba dunha opinión asinada e non dunha información, quedamos en que non habería problema para publicalo ao día seguinte martes. Pero tal cousa non aconteceu. En troques diso, a segunda de a bordo da sección de Opinión respondeu, aos meus requerimentos, co seguinte mail:
...

Estimado Miguel
Escríbolle con motivo do artigo sobre a UPG e o BNG para decirlle que tal e como o recibimos non podemos publicalo. Isto é debido a que nos nosos estándares para publicar artigos de opinión, non podemos publicar artigos que conteñan descalificacións persoais e no seu artigo se inclúen calificativos como "radical e sumiso" aplicados a persoas. Ademáis, sobre o tema da candidatura de Carlos Aymerich e a UPG, segundo as nosas informacións (é o que estamos a publicar no xornal) Aymerich non vai ligado a UPG. Con todo, gustaríanos publicar o seu artigo se lle fai as modificacións precisas.
Moitas gracias e un saúdo

...
A miña inmediata resposta foi a seguinte:
Estimada M…:
Discrepo radicalmente de que tildar a alguén de radical sexa unha descalificación persoal. Moito menos ainda reputalo de sumiso (obediente, subordinado).
E, se quere atopar descualificacións personais, eu teño visto algunha publicada no Xornal.
En canto ao tema da candidatura de Aymerich, si o que facemos os colaboradores é opinar, a miña opinión non é outra que a que expoño. Opinión que, por certo concorda coa de Beiras e Nogueira, sin que iso queira decir que eu teña algo que ver con eles.

Dito o dito, mándolle de novo o artigo con autocensura, así terán a posibilidade de atender estes meus argumentos e publicar a versión orixinal, ou desoílos e publicar o texto castrado.
Cordialmente

Miguel Boó
...

Como tampouco así houbo reacción, mandei, nos seguintes termos, a miña renuncia a seguir escribindo:
“… ao meu entender se desprende que todo o anterior foi unha montaxe e que, dende un primeiro momento houbo intención de censura. Que a estas alturas da miña vida teña que oir que sustantivar ou adxetivar a un político como radical ou sumiso é unha descualificación persoal que impide a súa publicación, paréceme grotesco, indecente e atentatorio contra a libertade de expresión. Pero por si o trato que se me dispensou (e non era a primeira vez) non foi suficientemente aldraxante, velaí que ademáis incurre en flagrante discriminación.
Ainda aceptando que as palabras en cuestión foran descualificadoras -que, obviamente non o son- acontece que "os vosos estándares para publicar artigos de opinión, (que) non (vos) deixan publicar artigos que conteñan descalificacións persoais" foron literalmente pisoteados por outros colaboradores en numerosas ocasións. Como non teño tempo, somente me referirei a tres casos:

O columnista X. Pérez Igrexas deixou escrito en "Insultos desde a dereita" que Baltar é un fillo de puta e un cacique; en "Cainismo non é debate", dí que "exemplares como M. Romeu xa demostraron a súa deslealtade" (exemplar é un termo empregado despectivamente, e desleal é alguén que incumpre as leis da fidelidade, a honra e a bonomía de ben); e no artigo titulado "A covardía de Feijoo" chama neoliberal e covarde ao Feijoo.

Pero iso non foi todo. Como podes comprobar, contestei dando dúas alternativas e non aceptou ningunha delas, polo que o meu artigo sigue sin aparecer. Así que nesta situación de indefensión e atropelo dos meus dereitos, anuncio que deixo de ser colaborador de Xornal de Galicia. Iso sí, non sin agradecer sinceramente que se me convidara a formar parte dese proxecto ao que desexo moitos anos de vida.
E isa foi a historia. O artigo de marras está colgado no blog http://miguelboo.blogspot.com/2009/04/upg-cancro-do-bng.html onde seguirei publicando o que me pete e onde espero seguir contando contigo como lector.

Apertas, meus amigos e amigas, e un brinde pola libertade de expresión outravolta aldraxada.

quarta-feira, maio 13, 2009

O DÍA DESPOIS

Feixóo ve un "punto e a parte" coa división á metade do núcleo dirixente


Considera que o futuro decidirá cal das dúas visións, "distintas e contraditorias", ábrese paso logo dun ano de traballo diante da militancia.


O presidente de Esquerda Nacionalista (EN), o avogado lucense Alberte Rodríguez Feixóo, subliñou onte que a asemblea extraordinaria do pasado domingo supuxo que aflorasen "por primeira vez" na historia do Bloque "dúas visións distintas e contraditorias" na formación frontista, encabezadas polo novo portavoz nacional, Guillerme Vázquez; e pola voz na Cámara autonómica, Carlos Aymerich.


En opinión de Feixóo, o BNG do futuro xa non conta cunha dirección "monolítica" como sucedía ata agora, na que o polo hexemónico da UPG sumaba sempre algo máis do 60%.



O dirixente nacionalista, que xa non está nin na nova executiva nin no consello nacional, destacou a importancia de que Carlos Aymerich "aguantase ou pulso" e mantivese a lista alternativa non só ao consello nacional, senón despois á executiva e á portavocía nacional.


As dúas visións diferentes que encarnan Vázquez e Aymerich, significan para o presidente de EN unha clara "fractura" na organización e un "punto e a parte non núcleo dirixente, que se divide, e ninguén ten máis do 50%".


O máximo responsable de Esquerda Nacionalista, formación que agora centrará o seu labor en estreitar lazos internos dentro do Bloque cos ex membros de Unidade Galega liderada no seu momento por Camilo Nogueira, indicou que os dous grupos internos están "moi equilibrados" e "o futuro dirá" se é a liña de Guillerme Vázquez ou a marcada por Carlos Aymerich a que debe trazar o rumbo da organización.


En todo caso, Feixóo considerou a asemblea extraordinaria do domingo "de transición" en espera da ordinaria que dentro dun ano e antes das eleccións municipais terá un peso determinante. Ata entón, resolveu, as dúas listas haberán de demostrar ante a militancia que saben marcar a pauta.


"Ignominiosa" actuación dos irmandiños


Feixóo considerou "ignominiosa" a actuación na asemblea da lista do Encontro Irmandiño, encabezada por Beiras. Feixóo acusou ao propio Beiras de "apropiarse" do éxito da candidatura Listas Abertas, que integrada polos beiristas, camilistas e Esquerda Nacionalista, cultivou nas comarcas un 18% de apoios, e despois concorreu en solitario ao consello nacional "sen contar co resto". Para o presidente de EN, non é de recibo a explicación que deu Beiras de que el estaba en Marrocos mentres aquí eran outros quen xestionaban a súa candidatura. "Non sei se foi Beiras ou os intrigantes profesionais Mario López Rico e Luís Eire os que inspiraron a estratexia", dixo, pero apostilou, que a negociación de Beiras intentando despois que a UPG déselle "un posto" na executiva é un final "patético para unha figura de tanta envergadura" .


http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/feixoo-ve-un-punto-parte-division-mitad-nucleo-dirigente/idEdicion-2009-05-12/idNoticia-425842/

segunda-feira, maio 11, 2009

Habemus Papam


O cardeal Guillerme Vázquez Vázquez, de 57 anos, é o sucesor de Quin I na Avda. Rodríguez de Viguri. O purpurado pontevedrés conseguiu os votos necesarios para converterse no 3º Pontífice do BNG tras un día de deliberacións do conclave. Gobernará co nome de Guillerme I.


A elección do novo Pontífice produciuse na segunda votación. A fumata branca saíu da cheminea do Pazo de Congresos ás 19:48 horas. Minutos despois, as campás comezaron a repicar na Praza do Obradoiro confirmando a esperada noticia.


Decenas de miles de fieis congregados na Praza do Obradoiro recibiron con berros e aplausos entusiastas a noticia e esperaron a aparición da cardeal protodiácona, a coruñesa María Xosé Bravo, que anunciou ao mundo o nome do novo Papa coa fórmula 'Annuntio vobis gaudium magnum Habemus Papam' pronunciada desde o balcón do Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.


A multitude congregada no Obradoiro recibiu con gran emoción a María Xosé Bravo, pero cando a cardeal protodiácona revelou a identidade do novo Papa a xente reaccionou con máis frialdade e desconcerto que entusiasmo.


Minutos despois Guillerme Vázquez Vázquez, precedido pola Estrela de Cinco Puntas saíu ao balcón para saudar e bendicir aos fieis, que aclamáronlle con berros e aplausos. Nas súas primeiras palabras, o novo Papa, xa cos seus hábitos, dixo que é un "humilde traballador" da viña do Señor e dedicou unha lembranza á súa antecesor, Quin I.


"Queridos irmáns e irmás, despois do gran Papa Quin I, as señoras e señores cardeais me elixiron a min, un simple e humilde traballador da viña do Señor. Consólame que o Señor saiba traballar con instrumentos insuficientes e entrégome ás vosas oracións. Na alegría do Señor e coa súa axuda permanente, traballaremos e con María, a súa nai, que está da nosa parte", dixo.


Se lle viu emocionado e nervioso, con ollos que demostraban que durmiu pouco nestes días. O seu primeiro encontro cos composteláns, do que pasa a ser Bispo, durou poucos minutos. Antes de abandonar o balcón impartiu a bendición 'Urbi et Orbi' ao mundo enteiro.

O novo Papa elixiu o nome de Guillerme I para o seu Pontificado.


O voceiro da
Avda. Rodríguez de Viguri, Francisco Rodríguez, explicou á televisión galega que Guillerme I ceará o luns pola noite cos cardeais e o martes, ás 9:00 horas, oficiará xunto a eles un mitin na Quintana.


Francisco Rodríguez salientou a "densidade intelectual" do pensamento de Vázquez pola súa "riqueza desde o punto de vista teolóxico e filosófico".



Perfil conservador


Despois de dous fumatas negras, os cardeais electores chegaron a un acordo para designar ao novo Pontífice no seu segundo intento. O escollido contou co apoio de polo menos 55% purpurados, mais da metade dos votos de presentes no conclave.


O nome de Vázquez era o máis barallado no abano dos sucesores de Quin I. A maioría de analistas coinciden en que o seu perfil garante a continuidade da firmeza dentro da Organización marcada pola seu antecesor. A prensa galega colocáballe á cabeza da corrente conservadora, a máis ampla de entre os cardeais electores.


Algúns cardeais apreciaban a súa proximidade ao Papa Quin I durante os últimos anos e, sobre todo, a importancia de seu dicasterio, o da Doutrina da Fe, exercido con man inflexible durante moitos anos. Así mesmo, valoraban que fóra un gran coñecedor da Curia Galega e dos seus mecanismos e un partidario dunha reforma radical no seo da Organización, como xa afirmou durante as súas reflexións do Vía Crucis deste mesmo ano, cando se referiu á "sucidade dentro da Organización".


Vázquez defendeu, diante dos cardeais, a doutrina da Organización e arremetió para iso contra as "modas do pensamento" que impoñen a "ditadura do relativismo" e ameazan ao nacionalismo: "o liberalismo, a libertinaxe, o colectivismo, o individualismo radical, o españolismo" e o "vago misticismo nacionalista".

sexta-feira, maio 08, 2009

Galiza, Europa, nomes de muller.

Ana Miranda: Candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo


Na mitoloxía Europa era unha muller, filla de Agenor, o rei de Fenicia, educada por Xúpiter, transformada en touro, que ía a illa de Creta. Era pois unha muller desterrada, expatriada, con influencias propias e alleas.


As primeiras eleccións ao Parlamento Europeo celébranse o 10 de xuño de 1979. No caso do Estado español, en 1989, despois da adhesión en 1986, o BNG presentou como candidato a un dos referentes do nacionalismo galego, Francisco Rodríguez. Posteriormente, o BNG presentou a Carlos Mella como candidato independente, e nos anos 1999 a outro referente, Camilo Nogueira, quen fora elixido eurodeputado concurrindo en solitario, e en 2004, concurrindo coa coalición Galeuscat, e coa desagradable decisión da perda do escano despois dun recurso do PP con profundas irregularidades, e que no seu momento denunciamos como "roubo da presenza do nacionalismo galego na Unión Europea".


Desta volta, o BNG renova e presenta por vez primeira a unha muller, o que significa, sendo eu a afectada e a honrada, un cambio en xénero e idade e situación territorial. Son unha nacionalista galega que vai encabezar, con enorme ilusión e humildade, a lista da nosa formación política ao Parlamento Europeo, con 38 anos recén cumpridos, que vive na diáspora e que cría unha filla de cinco anos en galego en Bruxelas.


Son só unha serie de cuestións diferenciais, que poñen en evidencia, que por razón de xénero ou de idade, o BNG apostou desta volta por unha renovación, que non ten nada a ver nin con criterios comparativos, senón que a militancia, apostou por este perfil diferente neses matices aos anteriores e valiosos candidatos.


Este feito, que asumo con humildade consciente e inconsciente, fai que deba trasladar a esta campaña ao traballo internacional acumulado, tanto da experiencia primeiro en Lovaina, financiando meus estudos con traballo, e logo en Bruxelas, traballando e facendo prácticas e xa despois coa responsabilidade de ter traballado co noso eurodeputado Camilo Nogueira, un referente do nacionalismo ao que lle teño un aprecio persoal pola súa humanidade e pola aprendizaxe na que puiden colaborar como asistente parlamentar durante 5 anos, seguido dos 5 anos que traballei na oficina do PNV, que quero recoñecer de xeito público, como de excelente colaboración lembrando a persoas como Josu Ortuondo, seu eurodeputado, súa equipa e o que fora responsábel de Internacional do EBB Gorka Aguirre.


Partimos pois, a piques de iniciar unha campaña europea, despois de ter perdido o BNG a súa presenza no Goberno galego, nun proceso de debate interno do BNG e con estes índices abstencionistas que navegan sobre os comicios europeos. Aínda así, partimos sen mendo, rumbo a unha Bruxelas coñecida, asumindo este repto con valentía visceral, anímica, razoada, aínda sendo consciente que non é un momento favorábel nin internamente nin externamente, con esta crise integral que toca nosas vilas, cidades e resto do mundo, con consecuencias na vida da xente e do tecido produtivo moi graves.


Neste contexto, as eleccións europeas son unha gran oportunidade para o nacionalismo galego, malia esas opinións críticas que din que estas non son unhas eleccións importantes. Europa aos brincos, aos sobresaltos, ás mudanzas desexadas ás veces e impostas outras, con avances, con paradas, con excesos e eivas, desilusiona cada dia máis pola parálise institucional e a dominancia monolítica dos Estados europeos. Hoxendia máis do 80% da normativa que afecta ás nosas vidas como cidadáns galegos teñen procedencia comunitaria e ese feito fai que teñamos que ter unha posición anticipada, activa e consecuente, para ter presenza con voz e voto, en todos aqueles lugares onde se toman as decisións para o noso pais, e un deles é o Parlamento Europeo, decisión de transcendencia estrutural como as redes transeuropeas, o orzamento comunitario, a pesca, os temas sociais, medio ambiente, etc. Como imos ficar alleos ante isto, como non imos querer ter participación?. Non é certo ese argumento que unha eurodeputada ou eurodeputado non poida ter influencia. Coas alianzas progresistas que o BNG ten no Parlamento Europeo, moitos temas poden saír adiante, e non imos parar para que a vontade do pobo galego que vai facer devolverlle un escano europeo ao BNG, non se sinta defraudada alá en 2013. A mudanza de coalición tamén vai no sentido da aposta por unha mellor Europa, democrática e dos pobos, que garanta, coa nosa presenza, a diversidade e a pluralidade nacional, cultural, lingüística, que defenda unha relación co territorio saudábel e protectora, e que loite por un modelo social que creen emprego, que garanta dereitos e liberdades, que a tantas xeracións de europeas a europeos custoulles acadar, e que fuxa deste empuxe indutivo neoliberal nos plantexamentos e políticas económicas. O BNG quere en positivo unha Europa social e dos Pobos no sentido máis democrático. Por iso a coalición Europa dos Pobos-Os Verdes, comparte visións coa nosa, e neste sentido é unha aposta pola garantía contra as tendencias bipartidistas que se están a dar en toda Europa e que pretenden trasladarse á vindeira representación parlamentar na Eurocámara.


Lia estes dias un informe sobre como incentivar a participación nas eleccións europeas do vindeiro 7 de xuño, que destacaba que as mulleres europeas, eran as menos incentivadas á participar nestes vindeiros comicios. Ten lóxica, estamos as mulleres en canto a baremos de peores condicións salariais e de traballo, as principais afectadas pola crise a nivel mundial e non temos ilusións nin credibilidade na política ou nas institucións. Fronte a isto, as mulleres que participamos na política temos que ter unha actitude tremendamente activa, porque os argumentos da non participación son precisamente o bastión conservador e precisamos dar un xiro rotundo cara visións de sociedade de benestar profundamente de esquerdas.


As galegas e galegas preguntaranse, e por que debo votar?, e por que debo votar ao BNG, e por que debo pensar que unha eurodeputada do BNG pode facer algo por min e polo meu pais?. En primeiro lugar, porque Galiza ficou allea e distante dos múltiples debates europeos nestes cinco anos, e por iso debía aumentarse a incidencia real e permanente nunha realidade institucional da que formamos parte e na que aínda non temos todos os dereitos recoñecidos nin colectivos como nación galega, nin como cidadáns individuais. Por esa razón, queremos unha Europa distinta, que nos recoñeza e nos respecte, non como ate agora. Este feito só pasa pola garantía de que o BNG nos represente. Por esa razón, porque precisamos nesta crise económica, financeira e ecolóxica, presentar alternativas activas e facerlle sentir e confiar á cidadanía galega, que o BNG vai ser seu único aliado fronte a crise, en Galiza, no Estado e na Unión Europea. Na Unión Europea, onde non se tomaron aínda decisións coordinadas para paliar os efectos da crise, e continúan as políticas bilaterais e dende o punto de vista estatal, compre que insistamos sobre o feito que é no Parlamento Europeo a única institución democrática da UE na que podemos e debemos incidir como galegos e galegas.


En segundo lugar, só unha eurodeputada do BNG vai defender a Galiza no Parlamento Europeo. Demostrouse cando o BNG foi botado con aquel recurso oportunista en xullo de 2004 ate a actualidade, Galiza desapareceu oficialmente de ter voz e voto na Eurocámara. Votar o BNG ao Parlamento Europeo é sinónimo de defensa de Galiza, dos nosos sectores produtivos: pesca, leite, naval, medio ambiente… A voz propia do noso país trasladada por quen non ten complexos a defendela, nin mandatos imperativos, nin votos de conveniencia. Ademais, esa presenza implica que exista unha real interlocución ante as institucións europeas escoitar as de calquera colectivo que queira facer súas demandas en Bruxelas. Nunha palabra, é facer visible a Galiza e a súa lingua en Europa. Sen o BNG, Galiza veuse que non existiu nin existe nas decisións comunitarias ou na posibilidade de emendalas ou paralizalas cando vaian contra os nosos intereses, que por outra banda, o Estado non defende. E polo tanto, a non Galiza.


Como non queremos unha non Galiza, co panorama que o PP presenta dunha visión españolista e uniformizante, e como non queremos unha non Europa para os dereitos das traballadoras e traballadores, das persoas sen emprego, dos e das inmigrantes, do noso mar, terra e ar, das nosas comunicacións, da nosa biodiversidade galega, da nosa lingua, cultura, educación, dos nosos nenos e nenas, dos nosos dereitos como pais, pois por esta razón, Galiza ten que estar en Europa, esta vez, e lembrando o traballo feito e a bandeira aquí posta xa previamente do nacionalismo galego, con nome de muller.


E.N. GALIZA / Voceiro nacional de Esquerda Nacionalista nº 10. Primavera 2009.