domingo, maio 24, 2009

Manifesto a prol do albergue público na cidade de Vigo.


2ª cadea humana. Maio 2009


Máis de 400 persoas da cidade de Vigo mal vive/mal morre na rúa debido as carencias económicas, sociais e de saúde xa que non existe ningún centro público que cubra as necesidades urxentes de apoios residenciais.

No que vai de ano 14 persoas faleceron na rúa de Vigo, unha cidade que carece de recursos de carácter público para atender ás necesidades das persoas sen fogar.

A xunta de Galiza incumpriu de forma reiterada a posta en marcha do Centro de inclusión Social na cidade de Vigo, un proxecto enmarcado na Rede de Centros de Inclusión Social do II Plan Galego de Inclusión Social (2007-2012).

Hoxe, aquí, a Rede Social Galiza Sur convoca a cidadanía viguesa para apoiar e celebrar simbolicamente a apertura deste Centro, cuias obras de acondicionamento xa foron rematadas e que consideramos unha realidade inaprazábel. Porque Vigo e a súa cidadanía precisas dun dispositivo público que cubra as necesidades urxentes da poboación en situación de vulnerabilidade e pobreza.

Ante esta situación atopamos un cruce de manifestacións e diversas consideracións realizadas nas últimas semanas dende distintos organismos e entidades públicas e privadas, posicionandose sobre o uso do edificio do Fogar de San Paio, máis coñecido como ``Gota de Leite´´, escollido pola Xunta de Galiza para o emprazamento do Alberge Público. Non desexamos xerar máis polémica. Estamos aquí para lembrar que este edificio historicamente foi adicado como centro de acollida, que a Xunta de Galiza xa decidira ubicar o Centro de Inclusión Social e Alberge Publico nas súas dependencias, que ésta é unha necesidade de máxima urxencia na cidade, que apoiamos á iniciativa e reclamamos a súa apertura inmediata.

Consideramos que a posta en marcha deste Centro Público na cidade e a súa ubicación no edificio da ``Gota de Leite´´ debe ser un proxecto de cidade independentemente de quen lidere ou xestione, un proxecto prioritario e urxente.

Polo tanto:

  • Esiximos unha resposta inmediata ás necesidades das persoas sen fogar e as situacións de emerxencia e pobreza severa.

  • Solicitamos que a este proxecto non se lle poñan máis trabas administrativas porque non podemos permitir que se siga a negociar coa pobreza.

  • Exisimos á Xunta de Galiza a apertura inmediata e inaprazabel do Centro de Inclusión Social e Albergue Público neste edificio, pois é espazo extraordinario para ese uso.

  • Insistimos, reclamamos a súa apertura inédita sen máis dilacións.

Mais información en http://www.alberguexa.blogspot.com/

Sem comentários: