quinta-feira, maio 07, 2009

"So dime"

José A. Martínez. / Irimia nº 787


Dise que o home colabora cada vez máis nas tarefas domésticas. Xa atravesa as soleiras dos supermercados, pero se o fitamos, continuaremos a ver dúas estampas tradicionais: termando dun carriño, un paso atrás de quen o vai enchendo cos produtos, ou concentrado en non esquecerse de nada do que lle indicaron naquel papel que, en vez de lista da compra, por veces semella unha complexa fórmula matemática. “so dime o que hai que face que eu o fago”. Neste “so dime” dáse o salto copernicano da colaboración á responsabilidade. Colaborar é algo abordable e mesmo gratificante: temos claros os obxectivos e prazos, co que só temos que facelo; ao final, mesmo nos sentimos solidarios, observando os resultados concretos das nosas accións. A responsabilidade é escribir nese papel branco: ninguén nos guía nin nos marca as guías para avanzar; nada nos é alleo e a xornada non ten fin: a cada teima sucédelle unha outra. Hai mesmo a quen lle gostaría ser simplemente solidaria.

Sem comentários: