terça-feira, junho 30, 2009

Entre 4.000 e 5.000 folguistas do Metal chegan a Compostela despois de camiñar máis de 60 quilómetros en duas xornadas

Éxito da marcha pola dignidade e loita do convenio do Metal de Pontevedra
Unha mobilización histórica. Só asi é como se pode cualificar a experiencia da marcha a pé desde Pontevedra a Compostela, que saía o luns pouco despois das nove e media da mañá e que remataba ás dúas da tarde fronte a San Caetano este martes 30 de xuño, na vixésima xornada de folga para este sector. Esgotados polo esforzo maratoniano destes dous dias, mais “imbatibeis”, e traspasando fronteiras, para que ninguen poda tentar invisibilizar esta loita exemplar, os do Metal ateigaron Compostela de dignidade e de forza, de traballadores e traballadoras que non se renden.
30.06.09 Marcha de traballadores do Metal 57

Decenas de persoas traballando na organización desta marcha, milleiros de traballadores e traballadoras na estrada camiñando, e moita máis xente atenta a todo o que está a acontecer con todo o desenvolvemento do conflito pola negociación do Convenio provincial do Metal de Pontevedra. Esa é a presión e a tensión á que se enfrontan os traballadores e traballadoras do Metal de Pontevedra en cada xornada de folga desde o comezo, mais nomeadamente nestes dous dias de marcha e peregrinación a Compostela, polo simbolismo e polo que supuña de proba interna e externa para o conflito.

Éxito a todos os niveis

"Foi un éxito a todos os niveis: desde o nivel organizativo, onde voltamos amosar a nosa capacidade de organización, botando para adiante unha marcha destas condicións e dimensións case que nun par de dias, e tamén pola resposta da xente, que foi numerosa e cun alto nivel de entrega, sacrificio, forza e vontade colectiva. Toda unha lección de dignidade", asi cualificou Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, esta marcha a pé.

Compañeirismo e bo humor

É de salientar o ambiente de compañeirismo, bo humor e ánimo que se viviron nestas dúas intensas xornadas, compartindo momentos duros, polo cansazo físico, mais tamén moitos sorrisos cúmplices daqueles e daquelas conscientes da dimensión da loita da que están a ser protagonistas.

Solidariedade e boa acollida

Outro aspecto positivo foi a boa acollida nas vilas polas que pasou esta marcha, onde de repente todo mudaba con esa marcha de milleiros de persoas, que suando berraban "Metal solución", e entre bromas e botellas de auga que pasaban de man en man, saudaban ás persoas que se asomban a xanelas, balcóns e portas.

"Somos o metal", dician, e todo se transformaba, porque non era esa noticia que só miran na televisión, senón que eran homes e mulleres que pasaban por diante das súas casas, ensinando o que significa que tantas e tantos traballadores se xunten para demandar xustiza e dignidade. E a acollida foi boisima.

Segunda xornada deste camiño

Na segunda xornada desta marcha saiase pouco despois das nove e media da mañá, con algunhas baixas, con perto de cincocentas persoas atendidas polos compañeiros e compañeiras da CIG-Saúde por problemas nos pés, polo intenso ritmo, mais a maioría deles puideron continuar coa marcha.

E esta marcha volveu percorrer vilas máis grandes e pequenas, co mesmo ánimo que na primeira xornada, e tamén con moita velocidade.

Aplausos e apoio da poboación de Compostela

Mais se temos que falar de boa acollida, temos que falar da capital do noso país, de Compostela e dos aplausos de moitos e moitas habitantes desta cidade, dos compañeiros e compañeiras da CIG de distintas comarcas que se somaron á marcha desde A Rocha e da calor e solidariedade que recibiron os traballadores do Metal de Pontevedra.

Asi, con máis ánimo e berrando máis forte que nunca, chegaba o Metal de Pontevedra ás portas de San Caetano, onde de novo volvia haber un desmedido despregue policial. Ali tería lugar unha intervención final das tres centrais sindicais.

"Chegamos agotados mais imbatíbeis"

Antolín Alcántara, secretario conferal de Negociación Colectiva da CIG, comezou a súa intervención, sinalando que "chegamos agotados pero imbatíbeis. Estamos aquí, quixemos vir a Compostela e fomos ben recibidos pola súa poboación. Todos aqueles que confian en que a clase traballadora, en que os traballadores do Metal de Pontevedra somos quen de transpasar fronteiras coa nosa dignidade, recibiunos como merecemos, coa súa gratitude, e aquí estamos, confiados en que esta é a nosa loita e imos vencer".

Alcántara subliñou que "onte os que arrincamos de Pontevedra rexistramos un récord de velocidade, pero non o fixemos porque tiveramos presa, senón porque temos raiba, porque estamos indignados, porque sabemos que nos mobiliza a sede de xustiza, porque cremos que podemos conseguir algo e porque somos quen de transformar o mundo e facelo mellor. Comezou en Pontevedra e traspasamos as fronteiras da provincia, porque queremos que se estenda como unha mancha de aceite. Iso sábeo a Patronal e iso é o que quere impedir. Por iso congregaron e fixeron o xuramento para derrotar ao Metal de Pontevedra, pero non vai ser asi. Do mesmo xeito que chegamos a Compostela, podiamos facelo nun dia se nos empeñaramos e fixémolo por tramos, por etapas. Este convenio chegaremos ao obxectivo e ao horizonte que queremos, aínda que sexa por tramos ou por etapas".

"Imos gañar este conflito"

"Volvemos dicirllo: non van poder restablecer a orde nin a paz, non van poder organizar a súa produción, non van poder contratar cos seus clientes nin saber cando van poder facer as súas entregas. Iso é o que debedes saber: a nosa intelixencia, que nos dá forza, e o noso corazón, que nos mobiliza, pois iso vai ser o que nos vai facer gañar este conflito", insistiu.

O secretario confederal de Negociación Colectiva engadiu que "viñemos aquí, mais xa non agardabamos ser recibidos polo presidente da Xunta nin pola Conselleira, xa non confiabamos niso, como xa non confiamos nunca despois de que cada dia en cada manifestación en cada palabra que falaran do Convenio do Metal, desta loita tan exemplar, pois cada vez é como se nos maldiciran, é como se nos reprocharan cada acción que tomabamos cada dia de folga, incriminándonos e dicindo que non tiñamos razón. Non é momento para conflitos, din, non, é o momento de que os ricos se fagan máis ricos, é o momento de que os ricos se apropien máis do valor do traballo da xente, é o momento para eles, pero non é o noso momento".

Críticas á Xunta

Alcántara criticou a actitude ausente do conflito do Metal por parte da Xunta xa que "o verdadeiro conflito, e hai que dicirllo ao presidente da Xunta, é o que vive cada dia cada familia para administrar este salario, para xestionar a súa economia, para sobrevivir. Iso si é conflito, e iso o señor Feijoo non o quere coñecer. Nunca estivo do noso lado e continuara sen estalo. O único que podemos dicirlle é que en vez de pronunciarse asi, tomando parte pola Patronal, pois que garde un respetuoso silencio, que faga todo aquilo que é posíbel, se quere, se ten ganas para xestionar isto para que se poda solucionar antes, porque senón o percorrido vai ser longo".

"Vos sodes conscientes de que e a quen nos estamos a enfrontar. Os empresarios tentan que ninguen rompa o cerco, porque se o Metal de Pontevedra rachamos os topes de incremento salarial, a partir dese momento toda a súa dotrina viriase abaixo, e iso é o que queren evitar", indicou.

"Aqui está o corazón do sector"

Alcántara sinalou que "seguramente os empresarios de Pontevedra que están a negociar están financiados, están pagados para resistir e teñen un mandato moi certo de que aquí non pode haber ningunha excepción a toda esa regra que tomaron no Estado, pero se equivocan como se equivocaron se pensaban que aquí iamos ser trescentos ou douscentos hoxe aquí. Aquí está o corazón do sector e esa corazón non poden paralo nin a cañonazos".

Asi, animou aos folguistas: "tede confianza porque teñen que saber que estamos dispostos a aguantar, de que aquí mentres non poidamos lograr un convenio digno, un salario que permita que a xente non se rebente traballando once horas, que senón o conseguimos agora terá que conseguirse nun prazo de tempo curto, pero iso é o dereito á vida, porque o dereito á vida non se fai metido todo o puñetero dia no centro de traballo para sacar un salario digno. Asi non se vive".

Por último, Alcántara lembrou tanén á xente máis nova que está a participar nesta folga: "toda a mocidade que comezou a participar disto comezou dunha maneira, e agora xa é doutra. O que estades loitando, compartindo, sufrindo cada día con todos os traballadores de máis idade, gardádeo na memoria, é a vosa historia e diso tedes que aprender. Iso vai facer que poidades mudar o mundo, porque iso tamén está nas nosas máns. Somos unha parte, pero somos a maioría da humanidade: a clase traballadora".

Contra a intransixencia da Patronal

Suso Seixo, secretario xeral da CIG, que se uniu a esta marcha, en declaracións aos medios, demandou que "se solucione canto antes o conflito", polo que fixo un chamamento "á cordura" á Patronal, á que reclamou que abandone "as súas intransixentes posturas, pois eles teñen a solución nas súas mans", asi como criticou o papel ausente da Xunta neste conflito.

Xantar e volta á casa

Despois desta mobilización estaba organizado un xantar na zona verde de San Caetano. Cando rematou volveron os autobuses para recoller aos milleiros de traballadores e traballadoras que ás catro da tarde continuaban aqui.

Máis imaxes da marcha

Na sección multimedia desta web podedes atopar máis imaxes desta xornada, asi como a do luns, ou de xornadas anteriores de folga. Só tedes que acceder á sección da galería de imaxes, en multimedia, ou a través destas ligazóns:

- Galería de imaxes xeral.

- Primeira xornada da marcha a pé.

- Segunda xornada e chegada a Compostela.


http://www.galizacig.com/avantar/novas/30-6-2009/entre-4000-e-5000-folguistas-do-metal-chegan-a-compostela-despois-de-caminar-mais-de

O feche do programa "Entendo" e a homofobia do PP

En novembro de 2008, a Dirección Xeral de Xuventude do bipartito, encabezada polo nacionalista Rubén Cela, puxo en andamento o programa Entendo, para dar asistencia xurídica, médica e psicolóxica ao colectivo de lésbicas, gais, bisexuais e transexuais.

Nunha carta ao director en Xornal de Galicia de hai uns días, Silvia Díaz advertiu dunha grave decisión gobernamental de Núñez Feijóo que debe ter resposta social. Resulta que unha das primeiras medidas adoptadas pola Dirección Xeral de Xuventude do PP foi fechar o programa Entendo, aínda que ás caladas, sen anuncialo en ningures. Como ben di a autora da carta ao director, "non por esperado deixa de resultar frustrante que o Executivo da actual Xunta actúe dun xeito tan retrógrado e hipócrita", xa que "unha alta porcentaxe de votantes e contribuíntes foron deixados sen as prestacións e asistencia que anteriormente recibían".

Parece que, nestes momentos, só o espazo web do programa Entendo continúa operativo. Curiosamente, mentres redixo estas liñas, nesa páxina fálase da "Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar", do anterior goberno.

O seguinte que poden tentar desmantelar desde o PP, tamén ás caladas e seguramente máis levándoos a un declinio constante que a un feche dun día para outro, son os centros Quérote, que tamén puxo en marcha esa área xestionada polo BNG na anterior lexislatura.

Propoño inundar de correos-e ao presidente da Xunta(presidente@xunta.es) cunha redacción máis ou menos como esta, que podedes copiar e colar ou mudar segundo o voso criterio:

Señor presidente:

Diríxome a vostede para lle manifestar a miña preocupación polos retrocesos que se están a producir baixo o seu mandato no referente aos dereitos do colectivo LGBT (lésbicas, gais, bisexuais e transexuais). Non podo máis que lamentar que nos seus primeiros cen días como presidente só levase a cabo políticas para desprotexer aínda máis este colectivo de cidadáns e cidadás, camiñando no sentido contrario ao que avanza o resto do mundo.

Ademais de ser esta a primeira vez nos últimos catros anos que o Goberno galego non celebra oficialmente o Día do Orgullo, acabo de saber que unha das primeiras medidas da Dirección Xeral de Xuventude foi fechar o programa Entendo, sen dar explicacións de ningún tipo. Reclámolle que este proxecto que daba unha necesaria asistencia xurídica, médica e psicolóxica ao colectivo LGBT se retome e sexa reforzado.

Quero tamén manifestarlle a miña preocupación polo futuro dos centros Quérote, un servizo útil e moi ben recibido polo inmensa maioría da sociedade, que se puxo en andamento nos últimos anos. Sería lamentábel que, por presións ultracatólicas, esta rede de centros fose fechada, sometida a unha reformulación moralista ou diminuída na súa capacidade de atención e acción.

Agradecéndolle a súa resposta e que tome en conta ás miñas reclamacións, despídome con cumprimentos cordiais.


domingo, junho 28, 2009

Golpe de estado en Honduras, militares secuestran a Zelaya.

TeleSUR

Tropas do Exército cercaron a casa do presidente, segundo a información de dirixentes sindicais ofrecidas a teleSUR. Os grupos sociais fan un chamado aos organismos internacionais para que interveñan fronte á acción destes militares.

Militares encapuchados tomaron desde primeiras horas da mañá deste domingo a residencia do presidente Manuel Zelaya. Segundo información da enviada especial de teleSUR no país, os militares armados presuntamente trasladarían ao primeiro mandatario á sede da Forza Aérea, con todo, descoñécese a localización exacta do xefe de Estado. A Chanceler do país denunciou que Zelaya "foi secuestrado".

A Chanceler Patricia Rodas dixo a teleSUR que neste momento descoñécese a localización do presidente "foi secuestrado por militares" denunciou. Informou que os militares están rodeando o seu lugar de residencia e que tomaron a sede da canle 8.

"Os militares están rodeando a miña casa ata hai francotiradores", insistiu. "Secuestrárono non sabemos o seu paradoiro". "As nosas casas están militarmente rodeadas, non sabemos canto tempo máis teremos dereito a falar", alertou a Chanceler.

Considerou que se acaba de cometer un crime contra a nosa democracia, xa sabemos nós que os grupos de poder, quen nos levaron ao empobrecemento, non deixasen pasar ao noso pobo polos carreiros da xustiza e a liberdade".

"Asasinaron unha vez máis a esperanza de democracia, de equidade, con todo o embate dun terrorismo contra o noso pobo", engadiu.

"A enviada especial de teleSUR, Madelein García, presente no sitio, detallou que os militares están encapuchados e néganse a prestar declaración algunha. Informou que os militares tiveron unha postura hostil contra a prensa apostada no lugar.

Segundo a información que se ten ata o momento estes militares haberían presuntamente trasladado ao presidente Manuel Zelaya á sede da base aérea na que o pasado xoves estivo retido o material electoral para o proceso deste domingo.

"Descoñécese a localización do presidente Zelaya", insistiu a enviada especial de teleSUR.

Representantes dos movementos sociais fan un chamado aos organismos internacionais para que interveñan ante esta situación. Denuncian o silencio cómplice dalgúns medios de comunicación que non lles deron apertura para denunciar a situación que se presenta en Honduras.

Fan un chamado aos movementos sociais para que se concentren nos arredores do Palacio de Goberno e expliquen a situación que se presenta no país. Catalogan como "golpe de estado" a acción militar deste domingo e esixen respecto e integridade física para Manuel Zelaya.

"O presidente foi secuestrado" denunciou ante teleSUR Luther Castelo dirixente social. Pediu á sociedade en xeral que permaneza nos puntos de votación e que se mobilicen en defensa do sistema democrático.

Castelo fixo unha invitación ás organizacións internacionais "a que poñan os seus ollos en Honduras", porque aínda á vista dos observadores internacionais presentes no seu país, "militares entraron na casa do presidente e leváronllo.

"Os que estamos pedindo é respecto á integridade física do presidente e que sexa liberado", acoutou Castelo.

Sostivo que se realizou un chamado aos organizadores da consulta a que permanezan nos sitios habilitados para a votación.

"Nós estamos chamando aos compañeiros a que permanezan nos seus sitios firmes, velando pola realización da consulta", dixo Castelo, quen considerou que a actuación das Forzas Armadas hondureñas "é unha violación flagrante aos dereitos humanos".

"Pedimos a liberación o máis pronto posible do presidente, este é un secuestro e este pobo non quedará cos brazos cruzados", insistiu Castelo.

Informaron que ademais da toma militar da Canle 8 suspendeuse o servizo de luz, "Honduras está ás escuras" denuncian os movementos sociais.

A xornalista Florencia Salgado quen se desempeña na casa presidencial, denunciou que foi refén destes militares. Relatou que estes entraron a casa da presidencia e apuntaron aos presentes con armas "é inhumano o que están facendo, son os grupos de poder os que están actuando".

A enviada especial de teleSUR Adriana Sivori informou desde Honduras que gran parte das Forzas Armadas atópanse comprometidas con este golpe de estado. Destacou que os xornalistas están en incerteza fronte a militares que os apuntan con armas.

A consulta popular, para determinar se se convoca a unha Asemblea Nacional Constituínte, debía iniciarse este domingo en Honduras coa apertura dos centros de votación que foron habilitados nos parque das principais cidades dese país centroamericano.

A consulta, convocada a partir da firma de máis de 400 mil cidadáns hondureños, foi obxecto de rexeitamento por parte de certos sectores políticos e sociais de Honduras, o que lles levou ata a intentar un golpe de estado contra o presidente dese país, Manuel Zelaya.

O sábado foron instaladas en todo o país as 15 mil urnas que contiñan o material que se empregará durante a xornada de consulta popular.

Dous millóns de papeletas emitíronse para a enquisa onde a cidadanía deberá pronunciarse sobre se está de acordo en que nos comicios de novembro colóquese unha cuarta urna para convocar á Constituínte que deberá redactar unha nova Constitución.

O presidente Manuel Zelaya, denunciou o pasado xoves que se desencadeou un "proceso de golpe de estado" na súa contra, polo que fixo un chamado ao pobo para que non se preste ao xogo das oligarquías e para que defendan, ao seu lado, o estado de dereito.

En declaracións exclusivas a teleSUR sinalou que recorreu ao pobo "para que me defenda, para que defendan os dereitos constitucionais do país, o estado de dereito".

As declaracións do primeiro mandatario producíronse minutos despois de que a Corte Suprema de Xustiza ordenase a restitución no seu cargo do Xefe do Estado Maior Conxunto da Forza Armada, Romeo Vásquez, destituido por desobedecer as ordes do presidente Manuel Zelaya.

O pleno do Tribunal Supremo Electoral (TSE) interpuxo en horas do mediodía deste xoves no Ministerio Público unha denuncia para que esta institución proceda de inmediato a comisar toda a loxística referente á celebración da enquisa de opinión que o Poder Executivo planear realizar o vindeiro domingo.

Tras a denuncia, o fiscal xeral Jorge Alberto Rubí ordenou a integración dun equipo de fiscais encabezado por Henry Salgado, titular da Fiscalía Contra a Corrupción para que en conxunto co TSE procedese á incautación do material.

Ante esta medida miles de hondureños mobilizáronse xunto a Zelaya para rescatar o material que permaneceu secuestrado na sede das Forza Aérea do país.

Ante a negativa dos entes castrenses para a repartición do material electoral, o mesmo foi distribuído por uns 45 mil cidadáns da sociedade civil hondureña.

TeleSUR

Tropas do Exército cercaron a casa do presidente, segundo a información de dirixentes sindicais ofrecidas a teleSUR. Os grupos sociais fan un chamado aos organismos internacionais para que interveñan fronte á acción destes militares.

Militares encapuchados tomaron desde primeiras horas da mañá deste domingo a residencia do presidente Manuel Zelaya. Segundo información da enviada especial de teleSUR no país, os militares armados presuntamente trasladarían ao primeiro mandatario á sede da Forza Aérea, con todo, descoñécese a localización exacta do xefe de Estado. A Chanceler do país denunciou que Zelaya "foi secuestrado".

A Chanceler Patricia Rodas dixo a teleSUR que neste momento descoñécese a localización do presidente "foi secuestrado por militares" denunciou. Informou que os militares están rodeando o seu lugar de residencia e que tomaron a sede da canle 8.

"Os militares están rodeando a miña casa ata hai francotiradores", insistiu. "Secuestrárono non sabemos o seu paradoiro". "As nosas casas están militarmente rodeadas, non sabemos canto tempo máis teremos dereito a falar", alertou a Chanceler.

Considerou que se acaba de cometer un crime contra a nosa democracia, xa sabemos nós que os grupos de poder, quen nos levaron ao empobrecemento, non deixasen pasar ao noso pobo polos carreiros da xustiza e a liberdade".

"Asasinaron unha vez máis a esperanza de democracia, de equidade, con todo o embate dun terrorismo contra o noso pobo", engadiu.

"A enviada especial de teleSUR, Madelein García, presente no sitio, detallou que os militares están encapuchados e néganse a prestar declaración algunha. Informou que os militares tiveron unha postura hostil contra a prensa apostada no lugar.

Segundo a información que se ten ata o momento estes militares haberían presuntamente trasladado ao presidente Manuel Zelaya á sede da base aérea na que o pasado xoves estivo retido o material electoral para o proceso deste domingo.

"Descoñécese a localización do presidente Zelaya", insistiu a enviada especial de teleSUR.

Representantes dos movementos sociais fan un chamado aos organismos internacionais para que interveñan ante esta situación. Denuncian o silencio cómplice dalgúns medios de comunicación que non lles deron apertura para denunciar a situación que se presenta en Honduras.

Fan un chamado aos movementos sociais para que se concentren nos arredores do Palacio de Goberno e expliquen a situación que se presenta no país. Catalogan como "golpe de estado" a acción militar deste domingo e esixen respecto e integridade física para Manuel Zelaya.

"O presidente foi secuestrado" denunciou ante teleSUR Luther Castelo dirixente social. Pediu á sociedade en xeral que permaneza nos puntos de votación e que se mobilicen en defensa do sistema democrático.

Castelo fixo unha invitación ás organizacións internacionais "a que poñan os seus ollos en Honduras", porque aínda á vista dos observadores internacionais presentes no seu país, "militares entraron na casa do presidente e leváronllo.

"Os que estamos pedindo é respecto á integridade física do presidente e que sexa liberado", acoutou Castelo.

Sostivo que se realizou un chamado aos organizadores da consulta a que permanezan nos sitios habilitados para a votación.

"Nós estamos chamando aos compañeiros a que permanezan nos seus sitios firmes, velando pola realización da consulta", dixo Castelo, quen considerou que a actuación das Forzas Armadas hondureñas "é unha violación flagrante aos dereitos humanos".

"Pedimos a liberación o máis pronto posible do presidente, este é un secuestro e este pobo non quedará cos brazos cruzados", insistiu Castelo.

Informaron que ademais da toma militar da Canle 8 suspendeuse o servizo de luz, "Honduras está ás escuras" denuncian os movementos sociais.

A xornalista Florencia Salgado quen se desempeña na casa presidencial, denunciou que foi refén destes militares. Relatou que estes entraron a casa da presidencia e apuntaron aos presentes con armas "é inhumano o que están facendo, son os grupos de poder os que están actuando".

A enviada especial de teleSUR Adriana Sivori informou desde Honduras que gran parte das Forzas Armadas atópanse comprometidas con este golpe de estado. Destacou que os xornalistas están en incerteza fronte a militares que os apuntan con armas.

A consulta popular, para determinar se se convoca a unha Asemblea Nacional Constituínte, debía iniciarse este domingo en Honduras coa apertura dos centros de votación que foron habilitados nos parque das principais cidades dese país centroamericano.

A consulta, convocada a partir da firma de máis de 400 mil cidadáns hondureños, foi obxecto de rexeitamento por parte de certos sectores políticos e sociais de Honduras, o que lles levou ata a intentar un golpe de estado contra o presidente dese país, Manuel Zelaya.

O sábado foron instaladas en todo o país as 15 mil urnas que contiñan o material que se empregará durante a xornada de consulta popular.

Dous millóns de papeletas emitíronse para a enquisa onde a cidadanía deberá pronunciarse sobre se está de acordo en que nos comicios de novembro colóquese unha cuarta urna para convocar á Constituínte que deberá redactar unha nova Constitución.

O presidente Manuel Zelaya, denunciou o pasado xoves que se desencadeou un "proceso de golpe de estado" na súa contra, polo que fixo un chamado ao pobo para que non se preste ao xogo das oligarquías e para que defendan, ao seu lado, o estado de dereito.

En declaracións exclusivas a teleSUR sinalou que recorreu ao pobo "para que me defenda, para que defendan os dereitos constitucionais do país, o estado de dereito".

As declaracións do primeiro mandatario producíronse minutos despois de que a Corte Suprema de Xustiza ordenase a restitución no seu cargo do Xefe do Estado Maior Conxunto da Forza Armada, Romeo Vásquez, destituido por desobedecer as ordes do presidente Manuel Zelaya.

O pleno do Tribunal Supremo Electoral (TSE) interpuxo en horas do mediodía deste xoves no Ministerio Público unha denuncia para que esta institución proceda de inmediato a comisar toda a loxística referente á celebración da enquisa de opinión que o Poder Executivo planear realizar o vindeiro domingo.

Tras a denuncia, o fiscal xeral Jorge Alberto Rubí ordenou a integración dun equipo de fiscais encabezado por Henry Salgado, titular da Fiscalía Contra a Corrupción para que en conxunto co TSE procedese á incautación do material.

Ante esta medida miles de hondureños mobilizáronse xunto a Zelaya para rescatar o material que permaneceu secuestrado na sede das Forza Aérea do país.

Ante a negativa dos entes castrenses para a repartición do material electoral, o mesmo foi distribuído por uns 45 mil cidadáns da sociedade civil hondureña.



25 anos do traslado dos restos de Castelao a Galiza

sábado, junho 27, 2009

Orgullo gay na Galiza



A Coruña

SÁBADO DÍA 27 DE XUÑO
17:30 e 20:30 - Proxección da película TRANSAMERICA no Forum Metropolitano.


Vigo

SÁBADO DÍA 27 DE XUÑO

17:30 - Animación Infantil na rúa. Con motivo do ano "ás escolas sen armarios" achegarase ás familias a situación de nenos e mozos no colexio.

20:00 - Concentración e manifesto.
Na praza da Constitución, Casco Vello.


Ourense

SÁBADO DÍA 27 DE XUÑO
21.30 - Gran Festa Branca. Zona Pena Vixía. (Requisito indispensable vestimenta branca).

Apertura da III Edición dos ORGULLOGAMES


Compostela

DOMINGO DÍA 28 DE XUÑO

12:30 - Manifestación Nacional do Orgullo09 na Galiza.
FEDERACIÓN ATURUXO, 7CORES, CGC, AGLET, NOS MESMAS, GALENTENDO, ALAS, TIRALLE DO AIRE e GRUPO LGTB DO PSdG-PSOE.

Cousos do lobo!, de Uxío Novoneyra


Cousos do lobo!
Caborcos do xabarín!
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d’ir!

O lobo! Os ollos o lombo do lobo!

Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca de vagoada máis sola e máis medosa…

Rastrexa
parase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula
ca noite na boca…

República Democrática do Congo (RDC): Un informe demoledor da ONU sobre o Kivu.

República Democrática do Congo (RDC): Un informe demoledor da ONU sobre o Kivu.

O 14 de maio, o grupo de expertos da ONU para a RDC remitiu ao Consello de Seguridade un informe sobre a situación no leste da RDC.

Segundo o informe, a pesar da operación ruandesa-congolesa de primeiros de ano, os rebeldes hutu ruandeses das Forzas Democráticas de Liberación de Ruanda (FDLR) seguen sendo moi activos. Segundo os expertos, a operación militar conxunta “sufriu por mor da súa brevidade, dos problemas loxísticos e do desvío de fondos operativos destinados á súa realización” e “fracasou na súa misión de crebar a estrutura de mando das FDLR, que permanece intacta” Segundo eles, as FDLR continúan financiándose por medio da explotación ilegal de minas e controlan a produción de carbón vexetal no Parque Nacional Virunga. Desde primeiros de ano, as FDLR realizaron contraataques de guerrilla no Kivu Norte en coordinación co seu xefe Ignace Murwanashyaka, que reside en Alemaña Segundo o informe, Murwanashyaka, equipado cun teléfono-satélite, posúe os medios para dar ordes ao xeneral Silvestre Mudacumura do batallón Zodiac para recuperar os territorios perdidos. O comité puido verificalo grazas a gravacións telefónicas do xeneral Mudacumura.

Sobre a cuestión da integración dos grupos armados nas forzas congolesas, os expertos da ONU estiman que foi mal planificada e realizada demasiado rapidamente. Afirman que durante a etapa acelerada do proceso de integración, 12 mil homes foron censados, de entre eles 6.006 do Congreso Nacional da Defensa do Pobo (CNDP), 2872 da Coalición Congolesa de Resistencia Patriótica (PARECO) e o resto dos diferentes grupos Maï Maï.

O informe revela que “o pago tardía do soldo das Forzas Armadas da República Democrática do Congo (FARDC), compostas esencialmente por exrebeldes congoleses do CNDP e outros milicianos, integrados no exército de Kinshasa tras un breve período de planificación, agravou tamén a indisciplina”. Iso trouxo consigo “violacións continuas dos dereitos humanos, perpetradas polas FARDC”.

Afirman por outra banda atopar “probas de que un número de antigos oficiais do CNDP, actualmente nas FARDC, actúan en estruturas de mando paralelas”. Segundo os testemuños recolleitos, o xeneral Bosco Ntaganda, ex-xefe de estado-maior do CNDP buscado pola Corte Penal Internacional (CPI), “actúa de feito como segundo comandante das FARDC para operacións armadas no Kivi, en lugar do coronel Isidoro Kaumbu Nyankole nomeado a este posto.

Os expertos afirman que hai moitas armas que non foron devoltas polos exrebeldes do CNDP ou polas diversas milicias Maï MaÏ. Existen en consecuencia agochos de armas, ata de armas pesadas capturadas polo CNDP na base militar das FARDC de Rumangabo en 2008, o mesmo que armas recibidas polo CNDP por outras fontes. Unha parte importante destas armas estaría baixo control de antigos oficiais do CNDP.

O informe menciona igualmente a existencia de administracións paralelas. O grupo estableceu que o CNDP seguen cobrando taxas ilegais no seu antigo feudo na contorna de Kitchanga, en territorio Masisi. Administradores fiscais civís, secundados por militares, encárganse de dar certificados fiscais co selo do CNDP aos camioneiros e comerciantes do territorio. O grupo calculou, con axuda de cifras documentadas que o CNDP podía percibir ata 250.000 $ provenientes destas taxas sobre os transportistas. Segundo numerosas fontes, parece que o xeneral Ntaganda ten acceso a algúns destes fondos.

O Comité de seguridade recadou varios informes sobre o recrutamento en curso de nenos-soldado no seo das FARDC polo tenente-coronel Zimurinda. “Se os mozos resístense ao recrutamento, méteselles ao cárcere ata que obedezan”, di o informe.

Paralelamente, o tenente-coronel Jean-Pierre Biyoyo, xulgado por un tribunal militar en marzo de 2006 por crimes de guerra, concretamente por recrutamento de nenos, “é actualmente subcomandante das FARDC no sector 32 despregado en Kivu Sur”, segundo o informe. Con relación a violencias contra civís, os expertos acusan a todas as partes. “Execucións arbitrarias, matanzas como represalias, secuestros, destrucións voluntarias de bens”, son atribuídas ás FDLR e aos rebeldes ugandeses da Exercito de Resistencia do Señor (Lord's Resistance Army - LRA). “A violencia sexual, o traballo forzado, os pillaxes e malos tratos a civís” son producidos por soldados das FARDC.

O comité do Consello de seguridade formulou recomendacións, como as posta en práctica dun proceso de control a fin de “examinar os dossiers dos oficiais das FARDC en materia de dereitos humanos, nun vasto plan de reforma do sector da seguridade”.


(De Congo-Actualité, nº 95).

E a nós, quen nos pregunta?

Carta aberta de 20 profesoras e profesores do IES Illa de Arousa.

Quando morre o último falante de uma língua, morre um sonho da Humanidade
Concha Rousia

Durante estes días, a Consellaría de Educación veu de repartir, nos centros de ensino galego, un enquisa dirixida a pais e nais na que estas son preguntadas sobre a lingua na que queren que os seus fillos e fillas sexan educados. A Consellaría pretende utilizar esta consulta para decidir a súa política educativa en cuestión lingüística para os próximos anos.

Moitas son as cousas que sentimos perante este feito, as persoas que asinamos este escrito:

Sentímonos inquedas como integrantes da comunidade educativa da Illa de Arousa, pois nela nunca houbo problema de convivencia por causa das linguas que usamos. E sentimos a preocupación de que esta enquisa busque o abrollo da lingua como muro e non como ponte de comunicación, cultura e imaxinación.

Sentímonos desprezadas como profesoras, pois nós, parte integrante da comunidade educativa, non temos dereito a opinar sobre un tema que atinxe directamente ao noso traballo.

Sentímonos insultadas como profesionais, pois as enquisa enviada ás familias non se sostén pedagóxica, estatística, sociolingüística nin legalmente. Por suposto, non hai nada nin ninguén que garanta a limpeza do proceso iniciado.

Sentímonos avergoñadas, pois fomos utilizadas pola Consellaría que, facendo chegar ás familias a enquisa a través do noso centro, pretendeu darlle unha lexitimidade que a súa disposición falsa e tendenciosa lle nega.

Sentímonos improdutivas como traballadoras, pois esta enquisa bota por terra todo o labor de consenso levado a cabo no noso centro para sacar adiante o Plan Lingüístico de Centro.

Sentímonos ofendidas, ao comprobarmos que quixeron servirse das persoas que integran o noso equipo directivo para vixiar e denunciar ás propias compañeiras de traballo.

Sentimos que é rebaixado o noso alumnado, pois tampouco se lle permite opinar sobre un tema que afecta ao seu futuro.

Sentimos que son menosprezadas as familias do noso contorno, pois foinos prohibido informalas de todo canto implica esta enquisa, colocando como escusa a posíbel manipulación, como se pais e nais fixeran cegamente aquilo que o profesorado ordena, sen capacidade propia de decisión.

Sentímonos desautorizadas como integrantes do Consello Escolar, órgano lexítimo que representa a toda a comunidade escolar da Illa de Arousa, e ao que tampouco se lle deu opción a opinar sobre este asunto.

Sentimos carraxe as persoas castelán-falantes e as que estamos a iniciarnos no uso do galego, porque se pretende impedir que melloremos no uso dunha lingua que queremos aprender. Nós queremos ser bilingües.

Sentimos unha dor virulenta as persoas galego-falantes, pois dáse a entender que a lingua que nós usamos é inútil e dunha importancia inferior á castelá.


Mais tamén sentimos outras cousas.

Sentímonos contentas de poder transmitirlle ao noso alumnado toda a riqueza patrimonial, lingüística e literaria da nosa comunidade, de facelo crecer aprendendo en pé de igualdade galego e castelán, evitando que lles aconteza o que a moitas de nós, que pertencemos a unha xeración que non tivo a oportunidade de aprender nunha escola en galego nin o galego na escola.

Sentímonos orgullosas de traballar todos os días para que o plurilingüismo sexa considerado unha fortuna e non un atranco, por facer ver que as linguas sempre suman e que o único que resta son as actitudes antidemocráticas, manipuladoras, segregadoras e exclusivistas.

sexta-feira, junho 26, 2009

17ª Xornada de Folga no Metal

ONU condena "intento de golpe de estado" contra presidente hondureño.

El Universal.

O presidente da Asemblea Xeral da ONU, o nicaraguano Miguel D'Escoto, condenou hoxe o que chamou "intento de golpe de estado" contra o presidente de Honduras, Manuel Zelaya, que afronta unha grave crise política no seu país.

O ex chanceler sandinista "mostrou a súa profunda preocupación" polos acontecementos que se desenvolveron ao longo do día de hoxe en Tegucigalpa, indicou o seu portavoz, Enrique Yeves.

Asegurou que o presidente da Asemblea Xeral "condena de forma clara e contundente o intento de golpe de estado que está tendo lugar neste momento en Honduras contra o Goberno democraticamente electo do presidente Manuel Zelaya".

Resaltou que D'Escoto espera que se respecte a legalidade vixente no país centroamericano e instou ás partes involucradas nesta crise a resolver as súas diferenzas nun clima de paz e diálogo, reportou Efe.

Yeves indicou que o presidente da Asemblea Xeral mantense informado da situación que se desenvolve na capital hondureña a través do embaixador deste país ante a ONU, Jorge Arturo Reyna, quen estivo presente na lectura da declaración.

Nunhas declaracións posteriores, D'Escoto reiterou a súa preocupación pola crise política que atravesa Honduras e rogou pola súa pronta resolución.

"Tiñamos a esperanza en Latinoamérica en xeral, e en Centroamérica en particular, de que eses días horrorosos dos golpes e demais interrupcións da orde democrática fosen cousa do pasado", agregou.

Pola súa banda, o embaixador hondureño asegurou que "o presidente segue nas súas funcións" tras dirixirse hoxe á sede da Forza Aérea, en Tegucigalpa, a "recoller" o material para levar a cabo unha "consulta popular" que el mesmo impulsa co fin de reformar a Constitución.

A consulta do domingo, que foi declarada ilegal por varios órganos do Estado, ten como fin que os hondureños pronúnciense sobre o establecemento dunha urna adicional nas eleccións xerais do 29 de novembro, para dicir se queren unha Asemblea Constituínte e a reforma da Carta Magna a partir de 2010.

Reyna leu un comunicado de prensa divulgado hoxe en Nacións Unidas polos países da Alianza Bolivariana para as Américas (ALBA) no que se denuncia "ante a comunidade internacional un golpe de estado en proceso en curso contra o compañeiro José Manuel Zelaya".

Nese documento sublíñase que "ese golpe de estado en curso está dirixido a obstaculizar a realización da consulta popular democrática convocada para definir se o pobo está de acordo na convocatoria dunha Asemblea Constituínte".

Os países da ALBA dixeron tamén condenar "esta acción golpista" que consideraron en contra de "a xenuína aspiración da cidadanía hondureña que esixe ser tomada en conta mediante procesos de consultas e formas de expresión democráticas".

Ademais, apelaron á comunidade internacional a rexeitar o "intento de ruptura da orde constitucional democrático", así como toda acción violenta ou desestabilizadora que ocorra no país centroamericano.

Os países da ALBA (Antigua e Barbuda, Bolivia, Cuba, Dominica, Ecuador, Honduras, Nicaragua, San Vicente e As Granadinas e Venezuela) manifestaron tamén "a súa incondicional solidariedade" con Zelaya.

O presidente hondureño destituíu este mércores ao xefe do Estado Maior das Forzas Armadas, o xeneral Romeo Vásquez, porque se negou a cumprir as súas instrucións para que os militares dean apoio loxístico a unha consulta o domingo na que busca a autorización para aspirar a un novo mandato.

No entanto, a Corte Suprema de Honduras ordenou restituír o xoves a Vásquez no seu cargo ao considerar "ilegal" a decisión de destituílo de Zelaya, quen tamén aceptou a renuncia do ministro de Defensa, Ángel Edmundo Orellana.

quinta-feira, junho 25, 2009

Novo éxito da folga xeral do sector do Metal, que colapsou todos os accesos á factoria de Citroen a mediodia, onde houbo cargas


Proponse en asemblea comezar o luns unha manifestación a pé dos traballadores do Metal a Compostela
Van xa 17 dias de folga pola negociación do convenio provincial do Metal de Pontevedra, e dúas convocatorias coa do xoves 25 de xuño de folga xeral do sector do Metal, en solidariedade e apoio destes folguistas. E de novo foi un éxito de xornada. Un éxito polos milleiros e milleiros de traballadores que volveron sair ás rúas de Vigo, e polas accións que se levaron adiante, como o colapso de todas as rotondas de acceso a Citroen. Tamén porque esta convocatoria a realizou a CIG en solitario, e demostrou a forza colectiva deste sector, que non se rende, e que nun dia máis con represión policial, volveu dar a cara e non se amedrentou. Para a semana unha nova acción: camiñar o luns até Compostela todos os folguistas.
25.06.09 Folga do Metal 28

De novo, como na anterior convocatoria de folga xeral para o sector, esta xornada de folga comezaba máis cedo do habitual para os piquetes e xa desde as catro da mañá habia presenza de piquetes diante da factoría de Citroen. Desta volta a presenza de antidisturbios era moito maior, e mesmo impediron que os piquetes se puideran achegar ás portas desta fábrica.

Piquetes a primeira hora en Citroen

As ameazas e intimidacións dos antidisturbios comezaban asi desde as catro da mañá neste dia, que mesmo chegaron a reter a un traballador en folga, que finalmente foi liberado despois de ser identificado.

A partir das seis da mañá, e diante da ameaza do papel de CCOO e UGT de esquirois activos nesta convocatoria de folga, acudiron os piquetes aos estaleiros, para tentar garantir o normal desenvolvemento desta folga.

Pequena carga en Metalships

Asi, en Metalships a presenza de piquetes foi importante e numerosa, mais non tivo lugar ningún tipo de incidente salientábel, e ninguén entrou a traballar nos estaleiros desta zona. Pouco antes das oito o piquete desprazouse até a porta do estaleiro Cies, onde tampouco habia presenza de traballadores que quixeran entrar, mais de repente unha dotación de antidisturbios irrumpiu neste espazo dun xeito agresivo, empurrando aos membros do piquete, realizando identificacións e realizando unha pequena carga, onde se dispararon pelotas de gomas e se deron varios porrazos aos folguistas tranquilamente concentrados nesta zona.

Asemblea en Barreras

Despois, desde as nove en adiante, todos os piquetes se foron reunindo ao redor do estaleiro de Barreras, para poder desenvolver unha asemblea no exterior deste centro de traballo, para planificar a xornada.

Esta asemblea tiña lugar ás dez e media, e nela interviría Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG.

A cuestión da convocatoria en solitario da folga xeral foi a parte central da intervención de Alcántara en primeiro lugar, que sinalou "hoxe danse diferentes circunstancias que non son gratas nin ben recibidas nin agardadas ainda que se dalgunha maneira miramos detidamente en meses anteriores o pronunciamento e a prática de cada sindicato habia evidencias que non se podían ocultar porque son demasiado manifestas. Eu retrocedo un pouquiño e vou cando se xulgou a aqueles catro compañeiros aos que se lles pedía penas de prisión polas mobilización da folga do 2007, e xa naquel momento se produciu a primeira división entre os sindicatos. Non quixemos afondar nesa ferida, gardamos un respectuoso silencio, para que non se miraran as diferenzas senón máis aqueles aspectos que nos unían, para camiñar todos xuntos, a pesar de que entre nós habia todo ese tipo de diferenzas".

Ruptura da unidade sindical

"Cando comezamos a negociación do convenio a CIG tomou a decisión despois de dous meses de negociación de suspender as horas extraordinarias a fin de semana , e despois as horas extras da semana. Parecianos que non se podia afrontar unha negociación con tres meses na mesa, e ao mesmo tempo que o sector continuara a facer horas extras, cando a proposta da patronal estaba a ser o 0%. Estivemos novamente sós, e voltamos gardar ese respectuoso silencio, pola unidade do sector, porque era un activo que nos facia fortes. E até agora, mesmo despois de que na segunda convocatoria tiveramos que volver convocar folga en solitario, mesmo aí voltamos gardar silencio.Tantas e tantas veces ficamos sós, e tantas veces gardamos silencio, pola finalidade de que non se puidera transmitir unha imaxe de división, para que asi os empresarios non tivera a baza de non contar coa unidade sindical", engadía.

O secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG insistiu en que "a folga do sector convocada en solitario pola CIG, tivo que xogar contra unha actitude contraria de CCOO e UGT nestas empresas con convenio propio contra esta folga, actuando como piquetes contra a folga, como os principais activos dos esquirois, contra a nosa reclamación de solidariedade".

Asi, "os comités de CCOO e UGT chamaron a non secundar este paro, e podian ser máis pasivos, podian apoiarnos logo de que esteamos xa no decimoséptimo dia de folga, porque nos sobran motivos e porque a loita da clase traballadora non se vive por partes, senón que forma parte dun todo que non se pode romper".

"Quedan demasiadas cousas pendentes"

Sobre a sinatura da proposta dos mediadores, Alcántara subliñou que "a decisión que están tomando vai ter unha responsabilidade histórica e só eles van poder responder, e vós ides ser quen os xulguedes. De todos xeitos, continuamos en folga. O martes parece ser que é o dia no que parece ser que teñen que decidir se aproban ou non aproban esa proposta de convenio. Agardemos que non a aproben porque entón aínda estaremos a tempo de reconducir a unidade sindical, porque a finalidade que perseguimos está por riba de calquera interese, de calquera utilidade e de calquera rendibilidade de calquera central sindical. Polo tanto asi podemos recibilos e recompoñer esa unidade sindical, mais se non é asi e o martes deciden asinar esa proposta tamén vos podemos asegurar que aqui non vai chegar a paz ao sector desa maneira, porque quedarán demasiadas cousas pendentes".

A regulación da contratación naval

Unha destas cuestións pendentes, e reclamación importante para o sector, é a regulación da contratación no naval, "e ten que quedar a contratación regulada definitivamente, dunha soa vez, para que aqui se garanta que os traballadores de toda a vida sexan os que teñan futuros nos estaleiros; os que xa estiveron levantando o sector na reconversión, os que se gañaron o dereito a permanecer e a estar aqui e a defender os seus postos de traballo, que sexan eles e os seus fillos os que estean aqui traballando, porque é o seu dereito, e iso asegúrovos que se vai cumprir".

Antolín Alcántara informaba de que "cando falamos dias atrás cos estaleiros, nas reunións que tivemos con eles porque estaban preocupados, sempre lles dixemos que habia que arranxar a cuestión da contratación e todos os estaleiros estaban dispostos. En tres reunións aceitaron a proposta que lles faciamos sobre este tema, pero parece ser que hai alguén que non está interesado en que iso fique solucionado dunha vez, porque se lle pode atribuir o mérito a un determinado sindicato e entón non queren nin compartir esa gloria, nin que se lle atribúa a unha central sindical, e con ese ánimo boicotearon ese acordo. Polo tanto os estaleiros tamén teñen responsabilidade en estar nesta situación tan complexa e dificil porque puideron solucionar as cousas".

Loitar polo cumprimento íntegro do convenio

Alcántara adiantaba "que asinen o que queira, se é que se deciden a facelo pero tamén lles vai outro recado: imos reclamarlle o segundo suposto en tóxicos, e ímolo facer pensando nos dereitos que nos dá este convenio que tamén o imos conseguir, e farémolo no mes de setembro ou outubro, e agardamos que os traballadores do sector respondades a esa demanda. Se nos paran o convenio imos acelerar o resto de demandas. É o noso dereito".

Tamén "no resto do sector que non é naval o convenio regula produtividade e non se está a pagar, e imos ir a que se regule a propia produtividade dentro das empresas, e se temos que pelexalo, farémolo. Se queren desactivar o convenio, vendéndoo como o están facendo, equivócanse, porque non van ter esa paz. Non van acabar con este sector e imos contestarlle desde a propia lei que nós nos creamos, que é o noso propio convenio, e imos conseguir que se aplique taxativamente tal e como se merece".

Explicou na súa intervención que "quixemos facer aqui asemblea por unha razón, porque non tiñamos seguridade de chegar ao concello. Quixemos concentrarnos aqui porque desde a multitude que somos si temos que comezar a movernos. Ao longo destes dias aínda nos quedan moitas cousas por facer".

"Esta folga continua convocada por nós e UGT, e agardamos que o martes, que é o dia que teñen previsto darlle a beizón a este acordo, pois non o fagan e continúen con nós, porque se o fan entregarán todo o capital e todo o seu prestixio que podian ter. Todo o que queda pendente o imos resolver con eles ou sen eles, e ímolo facer no seu momento, sen desangrar economicamente á xente pero o imos facer", concluiu.

Camiñar até Compostela: Metal en loita

Por último, "propoñemos que o luns camiñar a Compostela. Sairiamos de Vigo en autobuses a Pontevedra, recoller a todos os compañeiros de Pontevedra, do Salnés ou do Morrazo que queiran incorporarse e marchar con eles a pé até Compostela. E queremos ver como estando o sector en Compostela, camiñando todos os quilómetros, meténdolle ganas e vontade, e todo o valor e o atletismo que faga falta, pois queremos ver como eles estando o sector ali, son capaces de asinar o convenio. Nós imos demostrar onde está realmente o corazón deste sector".

Marchas pola cidade

Ao remate desta asemblea, volveron as marchas polo centro de Vigo. Desde Barreras á Praza de América, subindo pola Gran Via até a Praza dos Cabalos. Na Praza dos Cabalosos folguistas puideron ver como se despregaba unha faixa dos traballadores e traballadoras do Hospital Xeral Cies en apoio coa súa loita.

Despois continuaron até a Praza do Concello, baixando pola Avenida de Camelias, e despois a Praza de América e baixar por Travesas até a avenida Alcalde Portanet, de Citroen.

Concentración fronte a Citroen

Chegouse a Citroen pouco despois das doce e media, e cortouse o tránsito nesta avenida principal até as dúas e cuarto. Ao mesmo tempo todas as rotondas de acceso a Citroen estaban a ser bloqueadas polos folguistas, que circulaban dunha a outra. Tamén se cortou a rotonda con parte da concentración que chegara a Citroen do lado das pistas de atletismo de Balaidos e da ponte do Lagares.

Cargas policiais de novo

Aqui os antidisturbios cargaron para dispersar aos traballadores, lanzando de novo indiscriminadamente pelotas de goma e perseguindo a toda velocidade aos traballadores nos seus furgóns, como se foran delincuentes. Procederon de novo a identificar e mesmo reter a verios folguistas, que finalmente soltaron.

Unha muller que camiñaba por esta zona foi alcanzada por unha pelota de goma no muslo e tivo que resgardarse nun portal. Tamén foron alcanzados por estas pelotas varios traballadores.

Finalmente celebrouse unha asemblea final, na zona da Avenida Alcalde Portanet, que non chegou a ser desaloxada, e na que interveu Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal.

Asemblea final diante de Citroen

"Hoxe é un dia máis de folga, unha xornada máis de mobilización que saiu moi ben. Aínda que a CIG convocou en solitario a folga xeral do sector do Metal, a folga podemos dicir que foi un éxito e que estivo garantida en máis do 60% das empresas con convenio propio, mesmo naquelas onde os outros sindicatos tiñan maioría absoluta nos seus comités de Empresa", comezou sinalando Malvido.

Éxito total no bloqueo das rotondas

O secretario nacional da CIG-Metal recoñeceu que "sabiamos como xa acontecera noutras ocasións, que onde máis dificuldades tiñamos era precisamente en Citroen, e por iso tamén organizamos de xeito distinto á anterior folga xeral, e polo tanto hoxe non era tan importante bloquear as portas de aqui senón as rotondas de acceso á factoría, e iso foi un éxito total".

Volta á unidade sindical

"É bo tamén que saibades que na asemblea de CCOO gañou o si a continuar coa folga cun 60%. Agardemos que iso do que falabamos na mañá, da marcha a pé a Compostela, pois que CCOO e UGT, veñan tamén con nós nesta viaxe para sacar este convenio adiante. Nós apostamos pola unidade sindical, polo que nos alégramos de volver estar todos no mesmo camiño", explicou Malvido.

Marcha final até Barreras sen incidentes

Malvido concluiu indicando que "como sabedes hoxe tivemos de todo: choveunos a primeira hora da mañá, fai algo de vento, e como dixemos moitas veces "con chuvia e con vento, o metal en movemento"; e tivemos até algunha escaramuza cos antidisturbios. Hai compañeiros nosos que se foron a Barreras, polo que imos ir até ali para que se despexe esta zona e poidan sair eles".

Máis imaxes da xornada

Na galería gráfica da nosa web podedes visualizar máis de setenta imaxes desta xornada. Tamén podedes acceder a través desta ligazón


http://www.galizacig.com/avantar/novas/25-6-2009/novo-exito-da-folga-xeral-do-sector-do-metal-que-colapsou-todos-os-accesos-a-factori