terça-feira, junho 09, 2009

Entrevista a Santiago Manuin, líder indíxena Aguaruna ferido gravemente no ataque policial en Perú

Neste vídeo ofrecemos a última entrevista que concedeu o líder aguaruna antes de ser obxecto das balas. Nun primeiro momento pensábase que falecera, pero as últimas noticias indícannos que segue vivo e a súa situación é estable dentro da gravidade.
Santiago Manuin foi elixido presidente do Comité de loita de Condorcanqui, unha das organizacións que liderou as mobilizacións. Recibiu o Premio Raíña Sofía pola sua defensa da Amazonía. No vídeo dános a súa visión como indíxena e achéganos á realidade á que tiveron que enfrontarse desde fai tempo.



Sem comentários: