quinta-feira, junho 25, 2009

MARCHA POLO MONTE EN PROTESTA POLAS FRANXAS DE SEGURIDADE DA BRILAT DE FIGUEIRIDO.


A Asociación Pola Defensa da Ría, apoia a marcha polo monte de Salcedo, o Domingo 28 de Xuño, que convocan @s veciñ@s en contra da ampliación do perímetro de seguridade da base militar da Brilat en Figueirido.

O territorio onde se asenta a Base General Morrillo, é monte comunal expropiado polo Ministerio de Defensa durante o franquismo, estes terreos deben ser devoltos aos seus lexítim@s propietari@s, as veciñas e veciños de Salcedo para o seu uso vocacional.

A faixa ampla de seguridade ten unha superficie de afección total de 2.880 hectáreas estendidas polas parroquias de San Xulián, Lourizán, Salcedo, Bértola, Figueirido e Postemirón, sendo a de Salcedo a mais danada con 750 hectáreas expropiadas.

Son estas, obras ilegais que arrasan e destrúen o monte, provocando graves consecuencias para o patrimonio natural e cultural, chegan incluso a danar restos arqueolóxicos de grande valor como mámoas e petroglifos e afectan tamén a numerosas vivendas.

Dende a APDR chamamos a participar na marcha que partirá ás 11 da mañá do campo de fútbol do Casal, así mesmo, esiximos a saída da base militar da Brilat do monte de Figueirido.
Pontevedra, 25 de xuño do 2009.


Sem comentários: