quarta-feira, junho 17, 2009

O Goberno do PP de Galicia nomea a un mozo de 21 anos como asesor de Economía e Industria cun soldo de 54.000 euros anuais.

Descoñécense os méritos que levaron a este nomeamento máis aló da súa militancia en Novas Xeracións. Aparte disto, a única actividade coñecida de Dorado é un blogue cuxo contido –máis propio dun escolar que dun estudante universitario– non só non aclara o por que do nomeamento, senón que o fai aínda máis incomprensible.

Javier Dorado Soto é o presidente de Novas Xeracións da provincia de Pontevedra e desde que o PP gañou as eleccións galegas é tamén – aos seus 21 anos, sen experiencia laboral coñecida e sen terminar a carreira de Dereito– asesor do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández.

Así figura na web da Consellería, non unha das máis importantes senón a que máis de todo o Goberno galego, na que Dorado aparece como un dos tres membros do Gabinete do conselleiro Guerra Fernández. Segundo establece a propia lexislación autonómica, o cargo de Dorado é remunerado con máis de 50.000 euros anuais. Unha vez coñecido o escándalo, desde o PP galego negaron que cobre esa cantidade –que é a legalmente establecida para o cargo que ostenta– e limítanse a dicir que Dorado é un "mileurista".

1 comentário:

Haibalaostia disse...

Buff isto cheira a version cutre de Calderon-Nanin, este tipo ha de saber moito de industria mi maaa, se invertisen eses cartos en algo que fose productivo...Cada día da mais noxo este pais, van destruir Galiza.