domingo, julho 12, 2009

Festigal 09

O Festigal consolídase coa súa oitava edición, que terá lugar os días 24 e 25 de Xullo, coincidindo co Día da Patria Galega e tamén festivo local na capital, Santiago de Compostela.

Está concebido como un escaparate cultural, onde a cultura galega e a internacional (tradicionalmente cunha especial atención aos países da lusofonía), manteñen un frutífero diálogo. Vai máis alá dun simple festival de música, xa que conta con charlas, mesas redondas e presentacións de libros -galería das ideas-, actuacións de maxia, tendas de artesanía, de libros, estreos audiovisuais...

O programa musical aposta polos autores e grupos internacionais, así como polos grupos galegos.

En base aos anos anteriores, está previsto que pasen 20.000 persoas ao longo dos dous días que dura o Festigal. Na organización participarán 200 persoas, contando os voluntarios. O Festigal contará con 40 postos de artesanía e tendas, 6 exposicións e 15 postos de xantar e bares.

O recinto, que ocupará un total de 20.000 metros cadrados, contará con zona de acampamento, na que se instalarán, en torno a 160 tendas. Para a promoción do Festigal 2009, editaranse 20.000 programas, 15.000 cartaces e 50.000 folletos.

Prema aquí co botón dereito do rato para descargar imaxes. Para axudar a protexer a súa privacidade, o Outlook impediu a descarga automática desta imaxe da Internet. Concetos do Fetigal 09

Sem comentários: