domingo, julho 05, 2009

Paxina Web de apoio ao pobo hondureño.

Un sitio web con noticias, comentarios e firmas a favor do orden constitucional en Honduras áchase xa dispoñible na dirección electrónica www.todosconhonduras.cult.cu. Encabeza a lista de asinantes o Premio Nobel da Paz arxentino Adolfo Pérez Esquivel, seguido polo actor e activista social estadounidense Danny Glover; o poeta peruano Arturo*Corchera e o escritor cubano Roberto Fernández Retamar, presidente de Casa das Américas.

Tamén aparecen o músico portorriqueño Danny Rivera; a Fundación Violeta Parra (Chile) e o xornalista español Pascual Serrano.

Súmase o escritor español Juan Madrid, o investigador mexicano Víctor Flores Olea, e os arxentinos Atilio Borón e Miguel Bonasso, entre outras personalidades.

Os interesados en subscribirse poden facelo a través do sitio, onde se insiren varias imaxes da situación actual en Honduras e pronunciamentos respecto diso recollidos na Rede de redes En defensa da humanidade.

Precisamente a persecución de líderes populares por parte dos militares golpistas tras a asonada foi denunciada desde Tegucigalpa, segundo a rede de intelectuais e artistas En defensa da humanidade, que deu fe de ordes de captura sobre dirixentes da Coordinadora do Bloque Popular e do Comité de Organizacións Populares e Indíxenas.

A rede esixe o cesamento das agresións, acusa aos militares golpistas que usan as armas contra do pobo e denuncia “aos medios de comunicación cómplices que desvirtuando o seu labor apéganse aos
intereses hexemónicos”.

A rede insta á comunidade internacional a manifestarse masivamente en contra do golpe de estado e a favor do retorno da legalidade e a inconstitucionalidade en Honduras.

Nota de Galiza Sosego (GzS) a quen queira asinar:

No campo do País (como xa estamos acostumados) non aparece Galiza nin Catalunya, mais si aparece Euskadi baixo o nome Pais Vasco.

Sem comentários: