sexta-feira, fevereiro 26, 2010

ROTO O CONSENSO SOBRE O PASO A NIVEL


O BNG DO PORRIÑO CONSIDERA ROTO O CONSENSO SOBRE O PASO A NIVEL.


Logo das declaracións do novo equipo de goberno, o BNG considera roto o consenso político sobre a solución ferroviaria no Porriño e alerta sobre a proposta de solucións que, coa marca de provisionais, poden supoñer un retroceso histórico nas reivindicacións veciñais sobre a eliminación da barreira urbanística que o trazado das liñas do ferrocarril no Porriño.


O Pleno do Porriño aprobou, por unanimidade e cos votos dos que agora gobernan, as seguintes medidas:


1º.- Solicitar de Fomento que se situaran barreiras que impediran o paso de peóns cando pasan os trens.


2º.- Solicitar un paso de peatóns subterraneo na rúa Cando, coñecida como camiño do colesterol, no paso sen barreiras agora existente.


3º.- Solicitar unha reunión co Miniterio de Fomento e todos os grupos da Corporación para coñecer os proxectos que o Ministerio ten para O Porriño e que van facer para eliminar as vías. Na que poidamos ter coñecemento directo de prazos e trazado.


As medidas anunciadas polo novo goberno municipal incumplen o acordo plenario; son froito da improvisación; agravan a división entre O Porriño e Torneiros; e teñen fracasado noutros pasos a nivel do estado. Evidentemente ADIF estará moi satisfeito en comprobar que os actuais rexedores do Porriño se venden por tan pouco.


Resulta sorprendente que, os mesmos que votaron a favor desta proposta de consenso, anuncien agora a intención de facer actuacións no paso a nivel da central que pasan por crear unha barreira permanente que dividirá definitivamente o concello en dúas metades.


Para o BNG este non é o momento de claudicar senón de facer máis presión cidadán para que o Ministerio tome en serio o problema e acepte que a solución ten que ser de consenso e para moitos anos.


Consello local do BNG O Porriño