terça-feira, março 30, 2010

"55 mentiras sobre a lingua galega" esgota os oito mil exemplares da súa tiraxe e prepara xa a súa segunda edición

55 mentiras sobre a lingua galega, un libro impulsado pola Plataforma Prolingua para combater as polémicas xurdidas arredor do idioma des que Alberto Núñez Feijóo tomou as rendas da Xunta, esgotou xa os oito mil exemplares da súa tiraxe e proximamente sairá á venda a súa segunda edición. Trátase dun auténtico fenómeno editorial que converte o volume, posto nas librerías por Laiovento, nun dos máis exitosos da temporada.

Xa a presentación de 55 mentiras sobre a lingua galega supoxo un fito histórico: celebrouse cun acto simultáneo en 69 vilas e cidades do mundo, de Nova York a Compostela e de Saraxevo a Londres. Tratouse de algo sen precedentes que, segundo os seus organizadores, supuña unha resposta clara á política lingüística de Núñez Feijóo, daquela centrada en elaborar o anteproxecto do decreto do plurilingüismo.

Unha anécdota que non se atopa no libro é a dunha situación vivida nun programa de radio en Vigo. Henrique Costas, coordinador do volume de Prolingüa, conta que a presentadora entrevista un empresario de Lugo cun restaurante en Barcelona. No trancurso da conversa, a xornalista sorpréndese do éxito que ten alí o viño albariño en castelán di:"e iso que a etiqueta está en galego". A resposta do lugués non ten desprezo: "pero o que se bebe non é a etiqueta". Isto non ven máis que a demostrar "os prexuízos contra o noso idioma", quéixase o profesor, "pensei que era un morto que estaba enterrado, pero vin que non". Ademais, chama a atención de que se "o decreto se aplica tal como está, será unha catástrofe, a convivencia rompe por todas as partes".

Deste xeito, "a conta do idioma vai haber moitos enfrontamentos e iso é terrible". En conclusión, Costas cre que é "necesario que a xente se conciencie de que o galego é o maior patrimonio do mundo", polo que anima a vivir e gozar con el.

Sem comentários: