quinta-feira, março 25, 2010

CIG-Saúde denuncia os abusivos servizos mínimos que pretende impor o Sergas para a folga do xoves 25 de marzo

Critica tamén a retirada de faixas anunciando a mobilización e a falta de información nos medios desta convocatoria
Na folga do 8 de maio de 2007 en quenda de mañá mínimos 100, agora 210, en quenda de tarde había 43 e agora 139 e na quenda de noite había 14 e agora 47, Total de 157 pasa agora a 396. A CIG-Saúde de Vigo denuncia que "o SERGAS nun alarde de totalitarismo e imposición enviou un borrador de servizos mínimos para a folga do día 25 de marzo que en Primaria se incrementa en mais do 250% con respecto á última folga convocada".

Engaden desde a federación de saúde da central sindical nacionalista que "como se pode ver o incremento é considerable. O PP ten moito medo do éxito da folga e intenta de dar un golpe de autoritarismo".

Campaña suxa

"Tamén denunciamos a campaña suxa que se está levando a cabo contra todo o que sexa publicitar a manifestación do día 25 de marzo, á escaseza de información na prensa temos que engadir o ataque que estamos sufrindo na eliminación das pancartas anunciadoras da manifestación, case todas as que se colocaron foron retiradas ao pouco de ser colocadas. Nunca se viu ataque de tal calibre a un acto democrática e legalmente convocado, iso demostra o medo que teñen os sectores pro privatización do éxito da manifestación", salientan.

Grande resposta cidadá o 25 de marzo

Ante tales abusos antidemocrático, realizan un chamamento para acadar "unha grande resposta cidadá o próximo día 25 ás 20h dende Vía Norte. Os tempos do autoritarismo parece que para algúns aínda está vixente".

Camisolas da plataforma

Tamén informanda venda de camisolas contra a privatización do novo hospital de Vigo. Quen desexe algunha pode adquirilas nos locais sindicais dos sindicatos da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública polo módico prezo de 5 euros. Encargáronse 1000 e no día do peche xa se venderon 100.

O luns ás 9.30 levarán estas camisolas e achegaranse até unha concentración fronte ao Concello de Vigo, para apoiar a presentación dunha moción en apoio á manifestación do xoves 25 de marz. 20100318hospital

Sem comentários: