sábado, março 20, 2010

Desde hoxe mesmo podemos rexistrar un galiza.gl, nación.gl ou calqueracousa.gl

Tal e como vén de anunciar a empresa promotora da iniciativa, Dinahosting, todos os particulares, colectivos, institucións e empresas que o desexen poderán rexistrar sen calquera tipo de restrición e desde hoxe mesmo unha extensión .GL.

Desde Dinahosting afirman que tanto pola súa proximidade fonética cos xentilicios "Galego"/"Galego" e os topónimos "Galicia"/"Galiza", como pola enorme cantidade de nomes de dominio aínda dispoñibles para rexistro se tratase dunha oportunidade inmellorable para que "valoricen e sitúen" os seus proxectos na rede.

A pesar de que a extensión .GL é un dominio vinculado a Groenlandia, grazas ao acordo entre Tele-Post (principal empresa de telecomunicacións de Groenlandia) e Dinahosting, o público galego poderá acceder case en "exclusiva" a un novo activo co que crear unha marca distintiva de alto valor engadido; mentres que a comunidade groenlandesa, composta por nos 57 mil habitantes, beneficiarase da obtención de recursos adicionais para o seu desenvolvemento.

O uso comercial de extensións xeográficas pola súa afinidade fonética é habitual na rede, e é posible atopar paralelos nos dominios .TV (o ccTLD das illas Tuvalú, usado para referir proxectos orientados ao audiovisual), .ME (o ccTLD de Montenegro, usado para facer composicións cos pronombres de primeira persoa en castelán, galego, inglés, italiano e portugués) e máis recentemente os .CO O (o ccTLD de Colombia, que explota o seu concomitancia con CO, abreviatura de "company", en inglés).

Dinahosting responde deste xeito á demanda dos seus usuarios e usuarias disponibilizando, desde xa mesmo, o rexistro de dominios .GL. Segundo a empresak deste xeito "redúcense os custos que levaba ata hoxe unha contratación internacional", e a automatización notoria de todos os procedementos administrativos e de xestión para o cliente final, conclúen.

Fonte: GzNacion

Sem comentários: