terça-feira, março 23, 2010

''La Xunta informa''


Manuel Vilas : O Goberno defende o seu 'dereito' a non usar o galego nos anuncios que paga na autonomía, unha aposta polo español inédita mesmo na era Fraga.


"La Xunta informa ...". Así comezan moitas das cuñas sobre o apagamento analóxico que está a emitir a Xunta de Galiza a través de, polo menos, unha das cadeas privadas de radio máis importantes de Galiza.

O Goberno ten a obriga legal de usar o galego como lingua de traballo e de promocionar o seu uso a novos eidos. De feito, até hoxe e mesmo na era Fraga, a Xunta sempre se publicitou exclusivamente no idioma propio dentro de Galiza.

Porén, fontes da secretaría xeral de Medios consultadas por A Nosa Terra explican que non existe obriga legal de publicitarse en galego defenden o "dereito" do Executivo a anunciarse en español nos medios galegos. "A Xunta ten que velar polo uso das dúas linguas", argumentan.

A inédita aposta polo español nos anuncios en Galiza contradí numerosas políticas do propio Goberno. Por exemplo, a propia secretaría xeral de Medios, responsábel dos anuncios en español sobre a TDT, subvenciona dende hai décadas aos xornais para que publiquen máis noticias en galego.

Para escoitar o audio do anuncio entar na web A nosa Terra


Sem comentários: