quarta-feira, março 24, 2010

Mais mortes en Honduras

Con tres novos asasinatos, e xa son nove diferentes execucións políticas desde que o golpista Pepe Lobo asumiu o liderazgo da ditadura xurdida tras o golpe o líder político Manuel Zelaya, o 28 de xuño.

Conforme informar o último presidente legal e lexitimamente elixido Honduras, Manuel Zelaya, a represión contra o pobo segue con Pepe Lobo na dirección do Estado. A Frente Nacional para a Resistencia Popular (FNRP) de Honduras concorda coa afirmación do presidente.

Todos os asesinados con responsabilidade directa para o réxime de Pepe Lobo según organizacións de dereitos humanos como o Comité para a Defensa dos Dereitos Humanos (CODEH) e do Comité de Familiares de Detidos e Desaparecidos en Honduras (COFADEH), que mantiñan na loita contra a ditadura e a maioria pertencía a Frente.

Os tres últimos son dous labregos mortos de Bajo Aguan e un cidadán da capital hondurenha, Tegucigalpa.

Os campesiños do Bajo Aguán están levando adiante unha loita, con apoio do FNRP, por facer valer os seus dereitos sobre as terras liberadas durante o anterior goberno de Manuel Zelaya. Coa chegada da ditadura as terras foron devoltas aos terratenentes, que as manteñen en boa parte sen producir para especular o solo e anteriormente usadas con fins políticas contra o executivo de Zelaya.

As pasadas semanas os campesiños xa foron brutalmente reprimidos, detidos e tamén asasinados. Agora hai outros dous traballadores do campo asasinado, José Antonio Cardoza e José Concepción Carias. Perderon as súas vidas despois da xornada de traballo, despois de recibir ameazas do latifundista Carlos Díaz.

Os terratenentes contan co apoio do goberno, que lles presta as forzas de seguridade públicas como seguridade privada mentres que o ministerio público non investiga con suficiente rigor estes feitos, ou nin sequera abre investigación algunha.

Esta actuación de complicidade das institucións da ditadura hondureña cos asasinatos compróbase coa morte do cidadán Francisco Castillo, ao lado da súa casa mediante un disparo efectuado por un descoñecido polo lombo. O CODEH pedira ao Ministerio Público medidas preventivas para Castillo, de 50 anos de idade, por recibir ameazas de morte. Estas medidas non se implementaran no momento da súa morte.

Francisco Castillo era canda a súa esposa, tamén ameazada, militante da Fronte Nacional de Resistencia Popular.

Fonte: Tercerainformacion.es

Sem comentários: