quinta-feira, março 25, 2010

Obrigan a readmitir a un profesor sancionado por usar o galego

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela ordenou a readmisión nas listas de interinos e substitutos do profesor do instituto Manuel Murguía, de Arteixo, "sancionado por reclamar impartir as matemáticas en galego", segundo informou a CNT.

Trátase dunha medida cautelar ata que haxa unha sentenza en firme sobre o caso de Brais de Esteban, acusado de catro faltas graves durante a substitución de quince días que realizou en abril de 2008 no citado instituto.

O expediente aberto entón pola Consellería de Educación do Goberno bipartito falaba de dúas faltas por menoscabo á docente titular da materia e a outros compañeiros, e outras dúas por manipular aos alumnos a través do seu blog e por incumprir o regulamento de orde interna do centro.

A CNT celebra a orde xudicial de readmisión de Brais de Esteban nas listas de interinos e substitutos, que cualifica de "derrota histórica" para o colectivo 'Galicia Bilingüe', ao que acusa de estar detrás de todo este asunto.

Xornal de Galicia

Sem comentários: