sexta-feira, março 26, 2010

Os bombeiros abren o portalón de Alfageme en Vigo para que o xerente saira da fábrica agochado nun furgón de antidisturbios

Bloquearon con cadeas as portas mentres o Comité mantiña unha reunión, na que o xerente lles volvía negar o pagamento dos salarios que lles debe
Ás once e media da mañá o Comité de Empresa mantiña unha reunión co Xerente para coñecer algo do seu futuro: cando ian cobrar os salarios, que froito estaban a ter as negociacións, se existían fondos na empresa, e este responsía cun mutismo xeral e co descoñecemento xeral sa situación real, que o que viña a transmitir era a sua falta de vontade de poñer en coñecemento da representación dos traballadores que é o que está a acontecer na conserveira. Mentres tiña lugar esta reunión até tres cadeas bloquearon a entrada principal da factoría situada na rúa Tomas e Alonso, para denunciar con este peche a dramática situación que vive este persoal sen cobrar parte da extra de decembro, nin o salario de febreiro e rematando o mes de marzo, sen esperanza de receber o seu salario.Ademais no dia de hoxe presentouse finalmente o concurso de acredores sobre esta firma.
10-03-25 Mobilización Alfageme VII

Ás once e media da mañá unha nova acción dentro da factoría de Alfageme daba paso a un novo dia de loita pola defensa dos postos de traballo e pola dignidade deste colectivo de traballadoras e traballadores, que levantaron esta conserveira durante moitos anos, e que, con situacións dramáticas no persoal e laboral, están a ver como a especulación inmobiliaria e unha xestión pésima das fábricas levou finalmente ao concurso de acredores a Alfageme.

Impago de salarios

Ademais, a isto sómase a incorporación dun novo xerente, e xa van cinco, que nin aporta información á representación sindical das traballadoras e traballadores, e que desde que chegou volveron os impagos de salarios e non se realizou ningún movemento para mudar a situación da conserveira. A día de hoxe débeselles a metade da extra de decembro, o salario de febreiro e xa está a rematar o mes de marzo, sen perspectivas de cobrar os seus soldos.

Bloqueo con cadeas

Asi, na metade da mañá aparecía bloqueada a entrada principal da conserveira en Tomas e Alonso con varias cadeas, e cando os gardas de seguridade daban a coñecer esta situación ao xerente, este chamou de seguido á policia.

Dúas dotacións de antidisturbios apareceron pouco despois das doce da mañá apareceron no recinto, ameazando ao persoal concentrado no interior da factoría, que se encontraba na súa xornada de traballo, dicindo que abrira as portas. O persoal manifestou descoñecer nin quen puxera esas cadeas nin que tiña as chaves deses candados, polo que en poucos minutos apareceron estes antidisturbios cunha grande cisalla, que retirou todas as cadeas e que permitiu abrir a porta pequena pouco despois das doce e media.

O xerente volvía chamar á policía até o seu despacho, onde reclamaba ser trasladado desde o seu despacho sen pasar pola factoría, é dicir, que o trasladara un furgón policial.

Como a porta grande non funcionaba, a Policia chamou aos Bombeiros de Vigo, que nun primeiro momento non quixeron intervir, xa que entendían que non había ninguén atrapado porque había xa unha porta aberta, mais diante das ordes dos mandos policiais até oito bombeiros traballaron para abrir o portalón de Alfageme.

Asi, o novo xerente de Alfageme saía nun furgón policial, e baixo escolta de antidisturbios e a mirada atenta e extrañada dun dispostivo de bombeiros e numerosos medios de comunicación.

Sem comentários: