segunda-feira, março 29, 2010

Pola "liberdade para elixir o éuscaro" na 'zona non vascófona' de Nafarroa

Unhas tres mil persoas, segundo os organizadores, manifestáronse este domingo nas rúas de Iruñea convocados por pais da chamada 'zona non vascófona' de Nafarroa co fin de reivindicar a igualdade de dereitos para os cidadáns de toda esta provincia de Euskal Herria.

Liberdade para elixir o éuscaro (en éuscaro e en castelán). Ao termo da manifestación, leuse un comunicado onde se reivindicaba a posibilidade de "escolarizar os nosos nenos e nenas en éuscaro na nosa localidade cos mesmos dereitos e opcións ca o resto".

A demanda esténdese tamén á aprendizaxe para adultos, á televisión e á radio ou á cultura en xeral. "Desde o noso bilingüismo, abrírmonos ao mundo aprendendo a nos comunicar en linguas estranxeiras, sendo multilingües", sinalaron.

Vieiros

Sem comentários: