sexta-feira, março 26, 2010

REGANOSA verteu 115 millóns de metros cúbicos de augas residuais sen control á ría de Ferrol

REGANOSA, malia a ser recentemente multada con 9.000€, segue a incumprir a autorización de vertedura, coa complicidade da Xunta. Esta empresa privada, participada nun 10% pola administración galega, leva vertidas á ría de Ferrol 115 millóns de m3 de augas residuais dende a súa entrada en funcionamiento en novembro de 2007. No entanto, e malia as multas, a Xunta de Galiza segue a permitir que Reganosa incumpra as condicións do permiso de vertedura: a empresa segue sen achegar os datos das medicións en continuo do cloro e da temperatura da agua, única forma de valorar o cumprimento dos condicionantes da autorización e de garantir a non afección ao ecosistema da ria. (Multa en PDF)

A Consellería de Medio Ambiente que no seu día autorizou as verteduras de Reganosa impúxolle, entre outros condicionantes, que as concentracións de cloro residual non excederan os valores de 0,1mg/litro nin tampouco que a auga vertida tivera unha variación de temperatura maior a 6º C.
A planta de gas de Mugardos utiliza a auga do mar no proceso de regasificación do gas natural licuado que chega nos gaseiros -160º C. Neste proceso, a auga bombeada do mar sufre un notábel enfriamento, ao que hai que engadir a adición de inxentes cantidades de hipoclorito sódico (lixivia) para esterilizala e impedir que os organismos mariños produzan incrustacións nas tubarías. Deste xeito, as verteduras, poderían pola súa baixa temperatura e alta concentración de cloro, causar graves danos ecolóxicos na ría de Ferrol.
Para controlar os parámetros de calidade do efluente, a Xunta esixíu a Reganosa que contara cuns medidores en continuo de cloro residual e temperatura tanto á entrada do sistema de captación da auga como á saída das verteduras. ADEGA denunciou repetidamente a inexistenza destes dispositivos e, segundo unha recente resposta da administración á pregunta parlamentar do BNG, Reganosa foi sancionada con 9.000 € por non ter instalado o dispositivo para a medición do cloro residual.
No entanto, a Xunta de Galiza segue a permitir que Reganosa incumpra as condicións do permiso de vertedura, e que a empresa siga sen achegar os datos das medicións en continuo do cloro e da temperatura da agua, única forma de valorar o cumprimento dos condicionantes da autorización. A teima de Reganosa por achegar só os valores promedio, só pretende impedir o coñecemento por parte do público dos valores puntuais, tal e como fixa a autorización concedida no seu momento. O máis grave é que este comportamento, incumprindo os termos da autorización administrativa e ocultando información de capital importancia para a saúde da ría, estea a ser consentido pola Xunta, xuíz e parte neste caso.
Según a información de que dispón ADEGA, Reganosa nen tan sequera aportou valores promedio de cloro e temperatura coa frecuencia diaria que se lle esixía: a Xunta so dispón de datos parciais correspondentes a 10 días de outubro, 6 días de novembro e 12 días de decembro do 2009.

Fonte: Adega.info

Sem comentários: