quinta-feira, abril 15, 2010

Bota a andar o Liet 2010

Inverness, nas Highlands escocesas, foi o lugar escollido este ano para celebrar a sétima edición do Festival Europeo da Canción para Linguas Minorizadas Liet 2010. Despois do norte de Suecia, Frisia, os Países Baixos ou Laponia (onde participou o gañador de A Polo Ghit Boy Elliott), o certame viaxa até terras gaélicas para seguir impulsando a creación de novas cancións en linguas minorizadas e para ofrecer os artistas un escenario internacional ao que levar as súas composicións en directo.

Dende o pasado 1 de abril, o certame xa recibe as candidaturas para participar no festival, que se celebrará previsibelmente en novembro. A organización xa está a traballar na programación deste evento internacional, único e prestixioso, que contará con actos culturais nos días previos á gran noite nos que se amosará a realidade da lingua das Highlands, da súa arte e da súa cultura. Actualmente están a desenvolver o sitio web e o deseño de todo o festival, que darán a coñecer nos vindeiros días.

Ligazóns

Vieiros

Sem comentários: