segunda-feira, abril 26, 2010

Causa Galiza lembrou os 'Mártires de Carral'

A plataforma autodeterminista Causa Galiza celebrou na tarde do sábado un acto político en lembranza dos chamados 'Mártires de Carral'. No municipio da bisbarra coruñesa desenvolvéronse varias actividades entre os que se poden salientar unha pequena marcha polas rúas da vila e unha ofrenda floral no cemiterio de Paleo, onde xacen algúns dos militares sublevados. Os manifestantes estiveron vixiados en todo momento por un despregamento especial de axentes da Garda Civil.

Coa chegada da noite a xornada decorreu por camiños máis festeiros e rematou cun concerto na Sala The Star, onde tocaron Machina, Bouba Pandereteiras e Labregos do tempo dos sputniks.

Sem comentários: