quinta-feira, abril 15, 2010

Domingo 9 de maio

Estimad@s amig@s:
Os Amigos de Uxío Novoneyra, a través desta web demandaron no seu día o apoio para que as Letras Galegas de 2010 foran dedicadas a este poeta, na que vostede apoiou aquela proposta e que posteriormente se conseguiu. Vimos a informarlle que moitos dos asígnantes fixéronnos chegar varias propostas para que se realice un acto no Courel. Postos en contacto coas asociacións culturais do Courel, tadas elas incidiron en apoiar e participar neste acto unitario, convocado xa nesta web para o próximo domingo 9 de maio. Tendo como punto central a figura humana e literaria de Uxío Novoneyra e, tamén, o espazo do Courel, que el reivindicou a protección do mesmo.

Sobre as 11 h., do día mencionado, sairemos da Ferrería de Seoane, nunha camiñada polo camiño antigo do Real, cara a casa natal do poeta, en Parada. Durante a camiñada faremos unha lectura de seus poemas así como outras actividades. En Parada, será o acto central no que todos están convidados a participar nun acto aberto no que se evoque ao poeta e a seu espazo natural, referente vivo da súa obra: “Os Eidos”. A poesía, a música e as opinións sobre Uxío Novoneyra serán os referentes que asistan a este acto. Por esta razón vimos a pedir de novo as súas suxerencias para que este acto sexa amplo, dinámico e participativo.

Na páxina web teremos un apartado expresamente dedicado a este acto, onde iremos informando da evolución do mesmo. Para calquera opinión e suxerencia envíenos a súa mensaxe a uxionovoneyra@gmail.com Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Con os mellores cumprimentos.

Amigos de Uxío Novoneyra


UXÍO NOVONEYRA
(1930-1999)
http://www.uxionovoneyra.com/
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010

Sem comentários: