quarta-feira, abril 07, 2010

Eroski recibe o II Premio á promoción da realidade plurilingüe

A cadea vasca de supermercados Eroski acaba de recibir o galardón que recoñece os esforzos por empregar as linguas cooficiais no estado. Este premio está promovido polos gobernos galego, vasco, catalán e balear


A Xunta de Galicia, o Goberno Vasco, a Generalitat de Catalunya e o Govern de Balears entregáronlle o martes 30 de marzo o II Premio á promoción da realidade plurilingüe á cadea de alimentación e hipermercados Eroski.

Este premio comezou a outorgarse en 2009 e está dirixido a aquelas empresas que incorporan a diversidade lingüística do Estado na súa actividade.

Eroski é unha empresa vasca que utiliza o galego, entre outras linguas, nos espazos web, na telefonía móbil, na comunicación ou na etiquetaxe de produtos.

A primeira edición deste galardón fóralle concedida a Microsoft.

Sem comentários: