sábado, abril 24, 2010

Feijóo, recibido con apupos e insultos, suspende un acto en Vigo

As protestas de varios colectivos obrigaron hoxe a suspender un acto no que ía participar o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en Vigo, quen foi recibido con apupos e insultos á súa chegada á cidade olívica cando ía inaugurar a humanización dunhas rúas.

Afectados polas expropiacións da Plataforma Loxística de Salvaterra (Plisan), así como un grupo de cidadáns que protestaba contra o peche do hospital da Cruz Vermella e outro que reclamaba que o novo hospital vigués sexa 100% público, recibiron ao mandatario galego con berros de "non á privatización", "privatización é corrupción" e "queremos cobrar o que nos debedes".

Así, os manifestantes, ao redor dun centenar, seguiron ao presidente galego; ao alcalde, o socialista Abel Caballero; e ás demais autoridades integrantes da comitiva, durante varios metros no seu intento errado por percorrer as rúas humanizadas pola Xunta. Ante os berros e a imposibilidade de continuar o acto, finalmente a inauguración foi suspendida.

Xornal

Sem comentários: