sexta-feira, abril 23, 2010

Galicia Bilingüe utiliza a canción de “Miña terra galega” sen o consentimento de Siniestro Total

Galicia Bilingüe mantén como himno de guerra na súa páxina web 'Miña terra galega', a célebre versión do “Sweet Home Alabama” de Lynyrd Skynyrd que fixo Siniestro Total. Mais o colectivo contrario á normalización do galego foi advertido por representantes do grupo de que non contaban con permiso para empregala.

En Siniestro Total souberon que se estaba a empregar o seu tema na web desta asociación logo de que un cibernauta (un dos coordinadores do famoso grupo de facebook ‘A mín tamén me educaron en galego e non saín mal de todo', que tamén informou a este xornal) se puxese en contacto con eles. Fontes próximas ao grupo musical vigués confirmáronlle a Vieiros o acontecido.

*Por un erro, nunha primeira versión desta noticia demos por feito que a canción fora xa retirada da web tal e como demandaran os autores.

Sem comentários: