quarta-feira, abril 07, 2010

I Ciclo de Cine Documental: unha ollada ao social galego

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Socioloxía da UdC convoca o I Ciclo de Cine Documental: unha ollada ao social galego que se desenvolverá entre o 14 e o 29 de abril.

O ciclo de cinema terá lugar no salón de actos da Facultade de Socioloxía e a inscrición e gratuíta logo de enviar os datos persoais (o nome, os apelidos e o DNI, xunto co título da actividade ao correo electrónico: socicoru@udc.es.

O programa é o seguinte

Mércores, 14/04/2010
12:00 h Santa Liberdade
Relatora: Margarita Ledo, directora
Moderador: José M.ª Cardesín Díaz

Martes, 20/04/2010
12:00 h Astano: a forxa dun soño
Relator: José María de Juan, profesor da EU Politécnica de Ferrol
Moderador: Eduardo Rego Rodríguez

Mércores, 21/04/2010
12:00 h Linguas Cruzadas
Relatora: Máría Yáñez, directora
Moderador: Héctor Tejón Saez

Luns, 26/04/2010
9:30 h Mulleres da Raia
Relatora: Diana Gonçalves, directora
Moderadora: Belén Fernández Suárez

Xoves, 29/04/2010
11:00 h Aldea, o antigo e o novo
Relator: Ignacio Vilar, director
Moderador: Manuel García Docampo

Sem comentários: