sexta-feira, abril 09, 2010

Manifestación en solidariedade con Cuba

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” convoca unha manifestación de solidariedade con Cuba, o dia 18 de abril ás 12.30 na Alameda de Compostela-
A convocatoria da marcha conta cos apoios de Adiante, Amigos de Cuba de Pontevedra, Agir, Alternativa dos veciños de Oleiros, Asemblea Republicana de Vigo, Asoc. Brigadista de Galicia (ABRIGA) Asoc. Contracorrente,Asociación de cubanos en Galicia (ASCUGA) Asoc. Cultural O Galo, Assoc. Galega de Amizade com a Revoluçom Bolivariana (AGARB) Asoc. Gómez Gayoso e Seoane Sánchez, Briga, Brigada Fuco Gomes, Ceivar, Colectivo Nacionalista de Marín, Comunistas da Galiza (PCPE), Confederación Intersindical Galega (CIG), Encontro Irmandiño, Espaço Irmandinho, Esquerda Unida (EU), Foro pola Memoria de Galicia, Faísca, Frente Popular Galega (FPG) Galiza Nova, Gentalha do Pichel, Isca! Movemento Galego ao Socialismo (MGS), Movemento Pola Base (MPB) Nós-Unidade Popular, Organización de Solidariedade cos Pobos de Asia, África e AméricaLatina (OSPAAAL) Partido Comunista de Galicia (PCG) Partido Comunista do Pobo Galego (PCPG) Primeira Linha, C.S. Revira, C.S. Revolta, Xudeus Antisionistas, Xuventude Comunista.
Será a ocasión de mostrar apoio á Revolución cubana contra a última campaña mediática que procura de novo situala no centro de todo o mal do mundo.
Os acontecimentos relatados polos media do poder económico non se corresponden coa realidade. Un delincuente común, preso intermitente por roubos e agresions, morre na cadea en folga de fame, A súa familia recoñece o desvelo, hora a hora, do sistema sanitario cubano por salvalo, A TV a Radio e a Prensa do capital, convertiron deseguida ao infractor contra a propiedade e a integridade dos seus semellantes en heroi das liberdades, preso de conciencia, fulgurante rebelde contra a arbitrariedade e padecedor el mesmo de barrocas torturas nunha ergástula sen luz.
Un governo coma o cubano, probado defensor da saúde e da ilustracion do povo, exportador de médicos, mestres e brigadas de reconstrución a todo o planeta, aparece de súpeto acusado de torturador polos mesmos que exportan a fame, a morte a miseria, a tortura, a mentira e o roubo a Colombia, Perú, Afganistán, Iraq; os mesmos que converten o espazo pignorado do porto exterior de Guantánamo, solar de Cuba en usufructo colonial e militar, en teatro de tortura e indignidade; os mesmos que terman por manter contra toda Lei internacional o bloqueo de Cuba
A prensa venal e anticomunista perde o tempero fronte a indepedenza de Cuba e non soporta que o seu exemplo serva para iluminar o camiño da liberdade doutras nacións que ainda figuran, mal do seu grado, na cartela de rapinas e cacicatos das transnacionais.

Sem comentários: