segunda-feira, abril 26, 2010

Milleiros de persoas saen á rúa contra a privatización dos servizos públicos

Un ano despois da volta do PPdeG ao Goberno hai graves retrocesos no servizos públicos e está aberta a porta á entrada de capital privado en campos nos que o até o de agora de mantiña afastado. Esta é a opinión de diversas forzas políticas e sindicais que este domingo saíron ás rúas de Compostela baixo o lema de “En defensa dos servizos públicos”. Na manifestación, que partiu pouco despois do mediodía da Alameda e discorreu por boa parte da cidade participaron varios milleiros de persoas.

Durante o percorrido, no que imperou a protestas festiva, houbo cánticos críticos co presidente da Xunta e peticións de dimisión da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ou da de Sanidade, Pilar Farjas. Nos cartaces dos manifestantes non faltaron alusións ao desmantelamento das oficinas de Igualdade e Benestar, á privatización de centros da terceira idade, á supresión de servizos agrarios ou a construción de novos hospitais mediante acordos con empresas privadas.

A mobilización estaba convocada pola Plataforma en Defensa dos Servizos Sociais, CIG, BNG, SLG, FRUGA, AS-PG e Nova Escola Galega. Aínda que nun principio tamén estaba apoiada por Esquerda Unida, esta formación política desvinculouse poucos días antes ao discordar con aspectos da organización do evento.

Vieiros

Sem comentários: