segunda-feira, abril 26, 2010

Mocidade pola Língua covoca folga no ensino secundario para o día 12 de Maio


Mocidade pola Língua convocamos unha xornada de folga en todos os centros de ensino secundario do País para o próximo 12 de Maio acompañada de manifestacións nas principais comarcas durante a mañá do paro.

Contra a intoxicación e a demagoxia

O españolismo mais violento está a desenvolver unha campaña contra o galego a base de mentiras e victimización. É unha irrealidade impór o idioma propio ao pobo. O único imposto a base de humillacións e golpes é o castellano. E cualquera pobo do mundo ten o dereito a que se respecte a súa forma de entender e de expresar o mundo: a língua. Este é un dereito conculcado ao pobo galego. Unha agresión que afecta a todas e cada unha das persoas de este País, as que resisten falando galego e as que xá falan o idioma do invasor.

26945

A análise da situación sociolingüística non da tregua, e a Mocidade pola Língua non pensa claudicar nas reivindicacións básicas, como o único xeito de permitir a pervivencia do idioma da Galiza. Despois de levar a cabo a campaña do 26945 durante meses por todo o País, a solución ao enigma acheganos à realidade: son moitas as miles de persoas que cada ano se ven empurradas a abandonar o galego. Esta situación insostíbel só ten unha solución: reaxir, organizarse e luitar contra o os inimigos do noso idioma.

Reivindicacións

Está demostrado que o monolinguismo social é a única via para a saúde e conservación de un idioma. Asi que non valen para salvar o galego os decretos de miseria, nen o actual, nen o anterior. Cualquer tipo de cuotas á língua dun pobo é un asoballamento que leva ao exterminio, con mais ou menos celeridade. Portanto apelamos a que o objectivo estexa no 100%, como seria o caso de cualquera País normal.

Chamamos à desobediencia firme, consciente e activa contra o decreto do PP tanto do alunado, cuanto do profesorado. Debemos defender a língua con todas as consequencias e a Xunta debe saber cualquera imposición será respostada con firmeza, a moribunda situación do galego xá non permite permanecer ao marxen do conflito, o profesorado que continue impartindo en español será responsábel da morte do galego.

O dereito a receber a nosa educación na nosa língua, é un dereito colectivo que temos como pobo e como estudantado. Somos galegas e a língua natural na que historicamente nos construimos como colectividade e basamos a nosa identidade é o galego. Non existe o direito individual a elexer a língua da tua filla. Cuando un/ha pai ou nai elexe o español, o que está é violentando o dereito desa persoa a estudar na súa propia língua.

Organizate e defende o teu idioma!

Queremos estudar na nosa língua!

Queremos viver na nosa língua!

Contra o españolismo, nen un paso atrás!

Sem comentários: