segunda-feira, abril 26, 2010

O día que as armas se aliaron coa liberdade

Como cada 25 de abril, Portugal está de celebración. Este domingo cúmprense 36 anos dende que unha parte do exército saíu á rúa para rematar con décadas de ditadura salazarista. Unha revolución que sorprendeu ao mundo e que contou co apoio dunha poboación civil con fame de democracia ficou gravada na memoria de todos os que a viviron.

Este domingo os xornais portugueses ofrecen unha outra visión daquel día histórico. Así, o Jornal de Noticias ofrece un vídeo onde as mulleres dos oficiais sublevados contan como viviron a experiencia. Público repara na vila de Grândola, símbolo musical daquel levantamento, e a súa evolución até a actualidade. Outros medios, como é o caso do Expresso recuperan vídeos do acontecimento.

En Vieiros celebramos este día recuperando unha entrevista cun dos líderes e principal estratega daquela revolta: Otelo Saraiva de Carvalho, que en abril de 2008 visitou a redacción e concedeu esta entrevista:

Sem comentários: