sexta-feira, abril 23, 2010

Suso de Toro despedese como escritor profisional

Despidome

Hai deceséis anos que son escritor profesional, traballador autónomo, e deixearei de selo nos próximos meses. Fun escritor de oficio en lingua galega e vivindo na miña cidade, Santiago, non estivo nada mal, agora volverei a ocupar unha praza de profesor nun liceo ( o mesmo no que tiven a miña primeira praza hai vintetantos anos, unha curiosa viaxe no tempo cara atrás).
Sinto que terei que facer unha reflexión sobre o que foi esta aventura e sobre por que remata. Esta madrugada imaxinei dous títulos para esa explicación que debo facer para min propio: “Adeus a todo iso” ou “A fin da escapada”. Hai títulos que xa veñen feitos.
Mentres, estes meses, voume despedindo xa de cousas.
Marcho agora ao “Sant Jordi”, ese día único do libro e a rosa, a Barcelona. Intúo que probábelmente será a última vez, hai que ir despedídose.
Adeus a todo iso.

Sem comentários: