quarta-feira, abril 07, 2010

Tes dereitos lingüísticos. Exérceos! Campaña nos concellos da Coruña

A Deputación da Coruña, en colaboración coa Mesa, puxo en marcha a campaña Tes dereitos lingüísticos. Exérceos, co obxectivo de potenciar o uso do galego na administración, así como desmontar tópicos en relación cos dereitos lingüísticos. A campaña inclúe materiais informativos e accións formativas


A Unidade Técnica de Normalización Lingüística (UTNL) da Deputación da Coruña, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística (MNL), está a desenvolver a campaña Tes dereitos lingüísticos. Exérceos.

No marco desta iniciativa fóronlles distribuídos a todos os concellos da provincia da Coruña diversos materiais informativos, co obxectivo de potenciar o uso da lingua galega na administración, así como desmontar tópicos en relación cos dereitos lingüísticos de traballadoras e traballadores da administración e cidadás e cidadáns.

Ademais, a campaña inclúe diversas conferencias e diversas accións formativas que os concellos teñen a posibilidade de organizar, tanto dirixidas aos/ás traballadores/as da administración como ao público xeral.

As conferencias e accións formativas que polo momento se inclúen na campaña son as seguintes:

A BAÑA
-Curso sobre os dereitos lingüísticos das/os administradas/os e das/os traballadoras/es da administración: 13-16 setembro
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 27-30 setembro

ARES
-Conferencia sobre o galego e o comercio: 11 de maio

ARTEIXO
-Curso sobre os dereitos lingüísticos das/os administradas/os e das/os traballadoras/es da administración: 12-15 abril
-Conferencia sobre o galego e o comercio: 14 abril

BOIRO
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: do 19 ao 22 de abril
-Conferencia sobre os dereitos lingüísticos: 22 de abril

MUROS
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 27 e 29 de abril e 4 e 6 de maio
-Conferencia sobre o galego e o comercio: por confirmar data

NARÓN (por confirmar)
-Curso de estratexias para a atención ao público en galego: 24-27 de maio
-Curso sobre os dereitos lingüísticos das/os administradas/os e das/os traballadoras/es da administración: 31 maio-3xuño
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 7-10 xuño
-Conferencia sobre os dereitos lingüísticos: 28 abril

PADRÓN
-Curso sobre como falar e escribir en galego con corrección e fluidez: 19, 20, 21 e 26 de maio

Sem comentários: