quinta-feira, junho 03, 2010

As 7 grandes cidades galegas acumulan unha débeda viva de 314,5 millóns e as deputacións de 235

As sete maiores cidades galegas - - A Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo, Pontevedra, Ourense e Lugo - - acumulaban a 31 de decembro de 2009 unha débeda viva - - a que exclúe as cantidades que se deben aos provedores - - de 314,5 millóns de euros; mentres que a das catro deputacións provinciais ascendía a 235 millóns, segundo os datos de Gestha (técnicos de Facenda).

A entidade cunha maior débeda en Galicia é a Deputación da Coruña, con 90,5 millóns de euros; seguida da capital da provincia, que debe unha cantidade de máis de 76 millóns. A institución provincial de Pontevedra debe 71,6 millóns; fronte aos 64,1 da ourensá e os 8,8 da lucense.

No referente aos concellos, tras A Coruña; a maior débeda corresponde á capital galega, con 66,5 millóns de euros; seguida de Ourense, con 45,3 millóns; Lugo, con 40,2 millóns; Vigo, con 37,7; Ferrol, con 26,1; e Pontevedra, con 22,7 millóns.

No ámbito estatal, os concellos máis endebedados son os de Madrid (6.776, 8 millóns de euros), Valencia (834,2 millóns) e a Deputación Foral de Biscaia (758,5 millóns). Séguenlles de cerca Barcelona (753 millóns), Zaragoza (751,9 millóns) e Málaga (719,7 millóns).

A Peneira Dixital

Sem comentários: