quarta-feira, junho 02, 2010

Censuran un boletín do equipo de normalización nun colexio de Tui

Segundo se pode ler no blogue 'Cousas Minhas', o dito boletín era repartido polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP de Randufe (Tui) reparte entre a comunidade escolar, profesorado e nais e pais do alumnado.

O curioso do asunto é que o director, que forma parte do ENDL, aprobou os contidos do boletín en cuestión, xunto co resto dos membros do equipo. O motivo de retirar o boletín do taboleiro, era, segundo se describe nos "Antecedentes" da resolución, que un pai protestou polo contido dunha páxina, que facía referencia a unha viñeta da revista Retranca, alusiva á política lingüística do actual presidente da Xunta, Núñez Feijoo.

A CIG-Ensino tentou, nunha reunión, acadar unha solución dialogada sen que transcendese do centro. A reunión foi "tensa e infrutuosa".

Finalmente, foi a Xunta de Persoal Docente quen emitiu unha resolución, na que acordou:

1.- Rexeitar a actuación do director pola que retirou o boletín aprobado polo ENDJ.

2.- Defender o seu dereito de liberdade de cátedra.

3.- Amparar a comunidade escolar de recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión.

4.- Esixir que se repoña inmediatamente por parte da dirección o boletín no seu lugar.

Velaquí a resolución da Xunta de Persoal Docente

Sem comentários: