quinta-feira, julho 15, 2010

Acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) vai celebrar o vindeiro 15 de xullo un acto cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro, que tivo lugar o 25 de maio de 1891.

Organizado pola AELG, o cortexo cívico conta co apoio e colaboración de diversos colectivos, como as asociacións culturais O Galo, Medulio, Auriense, Maio Longo, Solfa e a Asociación Cultural de Meira, e fundacións como Manuel María e Bautista Álvarez, entre outras organizacións culturais que se irán sumando ao longo destas semanas.

Un tren, identificado como Follas Novas, partirá da estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, o xoves día 15 de xullo ás 17.45 horas, para facer o traxecto Padrón-Compostela. Unha hora antes, ás 16.45, haberá unha concentración na colexiata de Santa María de Iria, no cemiterio de Adina, onde o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, informará do sentido dos actos, á vez que se lerá un poema de Rosalía de Castro.

Na estación de Compostela agardará a comitiva restante, actuando a banda municipal. Xa en Santiago, o cortexo sairá pola rúa do Hórreo cara a Praza do Toural, primeira parada da comitiva, onde haberá unha lectura de poemas deCantares Gallegos, para continuar pola Praza da Universidade e pola Praza de Cervantes, onde se lerán outros poemas de Rosalía.

Finalmente, en San Domingos de Bonaval celebrarase unha audición do Ángelus, de Massenet, e unha lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións do diversos grupos musicais e artistas participantes, para rematar o acto coa lectura dun comunicado reivindicativo da figura de Rosalía de Castro, cando se cumpren 125 anos da súa morte.

As persoas que queiran formar parte do cortexo facendo uso do tren, entre Padrón e Compostela*, deberán anotarse, antes do vindeiro 8 de xullo no correo electrónico oficina@aelg.org ou no teléfono 981 133 233 (luns a venres, de 08:00 a 15:00)

O prezo será de cinco euros por persoa, que se aboarán durante o traxecto.

* A viaxe en tren é só de ida desde Padrón a Compostela

Vexa aquí nun mapa os diversos lugares que percorrerá o cortexo.

O programa é o que segue:

16.45 Concentración na colexiata de Santa María de Iria, cemiterio de Adina:

Lectura dun poema de Rosalía e marcha a pé até a estación da Matanza, ao carón da casa de Rosalía, para tomar o tren deica Compostela.

17.45 Saída do tren cara a Santiago

18.00 Recepción do tren "Follas Novas" na estación de Santiago de Compostela

Onde estará agardando a comitiva restante que non acudiu ao cemiterio e que se sumará neste momento ao cortexo a pé polas rúas compostelás, con actuación da Banda da Escola de Música de Rianxo.

Saída da comitiva pola rúa do Hórreo cara a Praza do Toural, encabezada pola Banda da Escola de Música de Rianxo

Relevo musical na Praza de Galicia. Encabeza a comitiva a Asociación de Gaiteiros Galegos.

18.45 Praza do Toural, primeira parada da comitiva.

Lectura de 3 poemas de Cantares Gallegos a cargo de Estíbaliz Espinosa, Anxo Angueira e Marta Dacosta.

Actuación, ás 19.00, da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Saída cara á Praza da Universidade trala Asociación de Gaiteiros Galegos

19.15 Praza da Universidade

Audición do Pietat Signore, de Stradella a cargo de Esperanza Mara co acompañamento de Paula Gago Otero

Lectura dun dos prólogos de Rosalía a cargo de Antía Otero

Lectura doutros tres poemas de Rosalía de Castro por Teresa Moure, Isidro Novo e Marica Campo.

Saída cara á Praza da Universidade trala Asociación de Gaiteiros Galegos

19.30 Praza de Cervantes

Escaparates da Libraría Couceiro dedicados ás obras de Rosalía.

Interpretación dun poema rosaliano polas Pandereteiras de Bouba

Lectura doutros tres poemas rosalianos a cargo de María Xosé Queizán, Xabier DoCampo e Ana Romaní

19.45 San Domingos de Bonaval

Audición do Ángelus, de Massenet, lectura de poemas de Follas Novas, intercalando actuacións dos grupos musicais e artistas participantes, lectura do comunicado/manifesto (véxao clicando aquí) sobre os 125 anos de Rosalía e a reivindicación de apertura ao público do Panteón.

A seguir, o programa do acto en San Domingos:

  • Recepción no exterior da Igrexa por parte do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez
  • Coro da Asociación musical “Solfa”: Angelus
  • Rosa Aneiros
  • Uxía: Quérom'ire e Eu levo unha pena gardada no peito
  • Carlos Negro
  • Sonia Lebedynski: Noite negra
  • Yolanda Castaño
  • Ugia Pedreira. Mar
  • Rafa Villar
  • Guadi Galego:Tecín soia
  • Francisco Castro
  • Pilar García Negro
  • Xabier Díaz: Alalá de Muxía
  • Lectura do manifesto
  • Banda da Escola de Música de Rianxo: Himno.
  • Ofrenda floral

Desde a AELG agradecemos que Rosalía estea presente e visíbel ao longo do percorrido, polo que cómpre facérmonos acompañar de iconografía rosaliana (chapas, camisetas, fotos, libros da autora, etc.) que a converta a todos os ollos na auténtica protagonista da xornada, así como de flores coas que realizar a ofrenda floral no Panteón de Galegos Ilustres.

Se algunha entidade desexa adherirse a este acto, pode facelo no correo electrónico oficina@aelg.org, ou no telf. 981 133 233 (de luns a venres, de 08.00 a 15.00)

Esta é a listaxe actualizada das entidades que apoian o Cortexo Cívico:

  1. Acción Solidaria entre os Pobos, de Rubiá de Valdeorras
  2. Amigos das gamelas-embarcacións tradicionais Mar da Pedra, de Cangas
  3. Amigos dos Museos de Galicia
  4. Asociación Cultura do País, de Lugo
  5. Asociación Cultural A Barosa, de Barro
  6. Asociación Cultural A Corredoira, de Coristanco
  7. Asociación Cultural A Cova da Terra, de Lugo
  8. Asociación Cultural A lonxa literaria, de Moaña
  9. Asociación Cultural A Pomba do Arco, de Foz
  10. Asociación Cultural A Taboada, de Cuntis
  11. Asociación Cultural Alba de Gloria, de Soutomaior
  12. Asociación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña
  13. Asociación Cultural Altofalante, de Ribeira
  14. Asociación Cultural Anchoa, de Fisterra
  15. Asociación Cultural Anduriña, de Cervo
  16. Asociación Cultural Arelas de Aquelar, de Sanxenxo
  17. Asociación Cultural Arrincadeira, de Ribadavia
  18. Asociación Cultural Arrincadeira, de Riotorto
  19. Asociación Cultural Arumes do Corgo
  20. Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla, de Touro
  21. Asociación Cultural Auriense, de Ourense
  22. Asociación Cultural Avantar, do Carballiño
  23. Asociación Cultural Balandro Joaquín Vieta, de Noia
  24. Asociación Cultural Barbantia, de Ribeira
  25. Asociación Cultural Barqueiro, de Vilaboa
  26. Asociación Cultural Buril, de Burela
  27. Asociación Cultural Campo de Estrelas, de Santiago
  28. Asociación Cultural Casal de Lobos, da Arnoia
  29. Asociación Cultural Centro de Estudos do Corgo
  30. Asociación Cultural Cova da Serpe, de Friol
  31. Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!
  32. Asociación Cultural e Deportiva Albións, da Pontenova
  33. Asociación Cultural e Deportiva Brens, de Cee (Brens)
  34. Asociación Cultural e Deportiva Sociedade Cultural e Deportiva de Samieira, de Poio
  35. Asociación Cultural e Deportiva Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó, de Poio
  36. Asociación Cultural e Ecoloxista Verbo Xido, de Cerdedo
  37. Asociación Cultural e Musical Os Melidaos, de Melide
  38. Asociación Cultural e Musical Solfa, de Santiago
  39. Asociación Cultural e Veciñal Baltar-Grobas, de Melide (Baltar-Grobas)
  40. Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás
  41. Asociación Cultural Éche o que hai, de Marín
  42. Asociación Cultural Enredos, de Noia
  43. Asociación Cultural Ergueitos, de Sarria
  44. Asociación Cultural Feixóo Araúxo, da Guarda
  45. Asociación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo
  46. Asociación Cultural Irmandiños, de Ourense
  47. Asociación Cultural Lúa Chea, de Teo
  48. Asociación Cultural LugoPatrimonio, de Lugo
  49. Asociación Cultural Lumieira, de Carballo
  50. Asociación Cultural M de Meira, de Meira
  51. Asociación Cultural Maio Longo, de Pontevedra
  52. Asociación Cultural Mardouro, do Valadouro
  53. Asociación Cultural MariñaPatrimonio, de Viveiro
  54. Asociación Cultural Medulio, Sociedade Cultural, de Ferrol
  55. Asociación Cultural Meigallo, de Cuntis
  56. Asociación Cultural Molete Xicopop, de Carballo
  57. Asociación Cultural O Arco de Vilanova, Cangas (O Hío)
  58. Asociación Cultural O Arrieiro, de Moraña
  59. Asociación Cultural O Fervedoiro, de Cuntis
  60. Asociación Cultural O Galo, de Santiago
  61. Asociación Cultural O Milleiro, de Ourol
  62. Asociación Cultural O Naranxo, de Lalín
  63. Asociación Cultural O Penedo da Forca, de Castrelo de Miño (Prado)
  64. Asociación Cultural O Vello dos Cornos, de Vila de Cruces
  65. Asociación Cultural Ollomao, de Barreiros
  66. Asociación Cultural Os Arcos, de Vila de Cruces (Merza)
  67. Asociación Cultural Os Bardos, do Barco
  68. Asociación Cultural Os Penoucos, de Valga
  69. Asociación Cultural Os serandeiros, de Boborás
  70. Asociación Cultural Pedras Miúdas, de Cee (Lires)
  71. Asociación Cultural Pepa a Loba, do Carballiño
  72. Asociación Cultural Ponte de Navia Non Caias, de Navia de Suarna
  73. Asociación Cultural Quinta feira, da Laracha
  74. Asociación Cultural Revoltaina Cultural da Beira de Bergantiños, da Laracha
  75. Asociación Cultural Santa Bárbara de Escudeiros, de Ramirás
  76. Asociación Cultural Seixo Branco, de Ordes
  77. Asociación Cultural Tartares, de Narón
  78. Asociación Cultural Terra de Melide
  79. Asociación Cultural Terra de Outes
  80. Asociación Cultural Terras dos Arrieiros, do Carballiño
  81. Asociación Cultural Trentinán, da Lama
  82. Asociación Cultural Unha grande chea, de Cambados
  83. Asociación Cultural Universidade Popular de Corcubión
  84. Asociación Cultural Vagalumes, de Tabeirós-Terra de Montes
  85. Asociación Cultural Val de Láncara, de Láncara
  86. Asociación Cultural Val do Cereixo, de Tomiño (Tebra)
  87. Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz
  88. Asociación Cultural Xesús González Aboi, de Caldas de Reis
  89. Asociación Cultural Xevasio Paz Lestón, de Muxía
  90. Asociación de Acción social e cultural nacionalista do Ribeiro, de Castrelo de Miño
  91. Asociación de Amigos do Mosteiro de Melón
  92. Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde
  93. Asociación de Escolas-Taller e Casas de Oficios de Pontevedra
  94. Asociación de Gaiteiros Galegos
  95. Asociación de Labregos Ribeiraos, de Ribadavia
  96. Asociación de Mulleres A Rula, da Laracha
  97. Asociación de Mulleres Observatorio da Mariña pola Igualdade, de Ribadeo
  98. Asociación de Mulleres Rurais As Hermidas, da Lama
  99. Asociación de Mulleres Rurais Leilía, de Ribadavia
  100. Asociación de Mulleres Terra de Miranda, de Riotorto
  101. Asociación de Nacionalistas do Ribeiro, de Castrelo de Miño
  102. Asociación de Naseiros Alvedosa, de Soutomaior (Arcade)
  103. Asociación de Troiteiros Río Furelos, de Melide
  104. Asociación de Veciños A Cutareira, da Laracha
  105. Asociación de Veciños A Moreira, de Castrelo de Miño
  106. Asociación de Veciños A Piteira, do Carballiño
  107. Asociación de Veciños Arouca, de Arou (Camariñas)
  108. Asociación de Veciños Campo da Feira, da Laracha
  109. Asociación de Veciños Carrizáns, da Lama
  110. Asociación de Veciños Catro Camiños, do Carballiño
  111. Asociación de Veciños Cristo de Xende, da Lama
  112. Asociación de Veciños e socio-cultural Macendo, de Castrelo de Miño
  113. Asociación de Veciños Eduardo Pondal, de Pontevedra
  114. Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta, de Pontevedra (Salcedo)
  115. Asociación de Veciños Longoseiros, do Carballiño
  116. Asociación de Veciños Madarnás, do Carballiño
  117. Asociación de Veciños O Agro, de Cotobade
  118. Asociación de Veciños O Outeiro, de Castrelo de Miño
  119. Asociación de Veciños O Pargue, do Carballiño
  120. Asociación de Veciños Pol, do Carballiño
  121. Asociación de Veciños Río Acheiro, da Laracha
  122. Asociación de Veciños San Vicente de Oubiña, de Cambados
  123. Asociación de Veciños Santa María de O, de Muxía
  124. Asociación de Veciños Vilela, de Punxín
  125. Asociación de Veciños Xurde Caldebarcos, de Carnota (Caldebarcos)
  126. Asociación Deportiva Agrupación de Atletismo de Porto do Son
  127. Asociación Deportiva Club Deportivo Porto do Son
  128. Asociación Deportiva Club Deportivo Portosín, de Porto do Son
  129. Asociación Deportiva Clube de Remo de Noia
  130. Asociación Deportiva e Cultural Coira, de Porto do Son
  131. Asociación Deportiva e Cultural Esteirana, de Muros
  132. Asociación Deportiva Egovarros, de Viveiro
  133. Asociación Deportiva Furia Atletic Club, de Valga
  134. Asociación Deportiva Monteferreiros-Clube Deportivo, de Tomiño (Sobrada)
  135. Asociación Educativa Medio Ambiental Os Carballos, de Cotobade
  136. Asociación Musical Banda de Gaitas Amigos do Mosteiro de Melón
  137. Asociación Musical Grupo de Gaitas de Leiro
  138. Asociación Musical Vai de roda, Grupo de Música Tradicional, de Rianxo
  139. Asociación Socio-Cultural Adellis, de Silleda
  140. Asociación Socio-Cultural Carballas, do Rosal
  141. Asociación Socio-Cultural Cedofeita de Lérez, de Pontevedra
  142. Asociación Socio-Cultural O Burgo, de Pontevedra
  143. Asociación Socio-Cultural Redes Escarlata
  144. Asociación Socio-Pedagóxica Galega
  145. Asociación Veciñal A Miñoca, de Vigo (Coia)
  146. Asociación Veciñal A Paz, de Vigo
  147. Asociación Veciñal A Unión, de Vigo (Matamá)
  148. Asociación veciñal Agra do Orzán, da Coruña
  149. Asociación Veciñal Atochas-Montealto-Torre de Hércules, da Coruña
  150. Asociación Veciñal de Navia, de Vigo
  151. Asociación Veciñal de Pontenova-Freixeiro, de Vigo
  152. Asociación Veciñal de Saiáns, de Vigo
  153. Asociación Veciñal de San Roque, de Vigo
  154. Asociación Veciñal de Teis, de Vigo
  155. Asociación Veciñal Dr. Fleming, de Vigo
  156. Asociación Veciñal e Cultural de Valladares, de Vigo
  157. Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello, de Vigo
  158. Asociación Veciñal O Carballo, de Vigo (Sárdoma)
  159. Asociación Veciñal Rosalía de Castro (da Salgueira), de Vigo
  160. Asociación Veciñal, Cultural e de Usuarios Val de Fragoso, de Vigo
  161. Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Lavadores, de Vigo
  162. Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Sampaio, de Vigo
  163. Asociación Xuvenil Antre os pinos, de Rianxo
  164. Asociación Xuvenil AXVALSO, de Vimianzo
  165. Asociación Xuvenil e Cultural Colectivo Chilindrín, de Viveiro (Celeiro)
  166. Asociación Xuvenil Galiza Nova
  167. Asociación Xuvenil Illa Lobeira, de Corcubión
  168. Asociación Xuvenil Muimenta, de Tomiño (Sobrada)
  169. Asociación Xuvenil O Baluarte, de Porto do Son
  170. Asociación Xuvenil O Escalambroeiro, de Ribadavia
  171. Asociación Xuvenil Taiña, de Tomiño (Goián)
  172. Asociación Xuvenil Unión da Mocidade Galega
  173. Ateneo de Pontevedra, de Pontevedra
  174. Ateneo Ferrolán
  175. Ateneo Republicano de Valdeorras
  176. Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Os Casais (Maniños-Fene)
  177. Biblioteca Virtual Galega
  178. Bloque Nacionalista Galego
  179. Candea-Asociación de Ensinantes do Salnés, de Cambados
  180. Centro Social Setestrelo, A Estrada
  181. Club Cogomelo Melide Xuvenil, de Melide
  182. Club Petos Melide, de Melide
  183. Comunidade de Montes Comunidade de Montes das Bouzas, de Castrelo de Miño
  184. Comunidade de Montes Comunidade de Montes de Cenlle, de Cenlle
  185. Comunidade de Montes Comunidade de Montes de Marcón, de Pontevedra
  186. Comunidade de Montes Comunidade de Montes de San Paio e Santa Cristina, de Ribadavia
  187. Confederación Intersindical Galega
  188. Coro Cantigas da Terra, da Coruña
  189. Edicións Positivas
  190. Federación de Asociacións de Veciños Castelao, de Pontevedra
  191. Federación Rural Galega (FRUGA)
  192. Feministas Independentes Galegas
  193. Fundación Bautista Álvarez
  194. Fundación Castelao
  195. Fundación do Pedrón de Ouro
  196. Fundación Manuel María
  197. Fundación Rosalía de Castro
  198. Instituto de Estudos Chairegos, de Vilalba
  199. Instituto de Estudos Miñoranos, de Gondomar
  200. Irmandade Manuel María, de Vilalba
  201. Irmandade San Caetano, de Barreiros
  202. Mancomunidade de Montes Caldebarcos e San Cibrán, de Carnota
  203. Meiramar-Axóuxeres, Asociación Folclórico Cultural e Xuvenil, de Moaña
  204. ProLingua
  205. Revista de Creación literaria Casa da Gramática, de Noia
  206. Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte
  207. Sociedade Liceo de Noia
  208. Sociedade Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus, de Vigo (Comesaña)
  209. Teatro do Vilar, de Ribadavia

Se algunha entidade desexa adherirse a este acto, pode facelo no correo electrónico oficina@aelg.org, ou no telf. 981 133 233 (de luns a venres, de 08.00 a 15.00)

Sem comentários: